Luis Pardo: ''El equipo está progresando aunque los resultados no acompañen''

con traballo e constancia, o adestrador do Burela que milita na Liga provincial cadete, Luis Pardo, forxa un grupo de xogadores dos que espera unha boa evolución co paso do tempo. Despois de lograr o ascenso o ano pasado á Liga galega, o equipo segue na Provincial por motivos económicos cun cadro moi renovado.

Como está sendo o traballo cos rapaces dende o inicio da campaña?

Hai moitos xogadores de primeiro ano porque os rapaces que ascenderon a tempada pasada fóronse a outros equipos. Aínda así, o equipo progresa a pesar de que os resultados non acompañen.

Teñen algún obxectivo clasificatorio?

A verdade é que non. Este ano o Burela é o equipo a batir porque ascendeu a anterior tempada, pero non son os mesmos xogadores. Para o próximo ano estaremos máis afianzados e será cando nos marquemos metas.

Cal é o punto forte do seu equipo?

Todos os xogadores traballan, pero na defensa temos rapaces fortes. Aïnda lles falta madurar, pero por agora é o máis potente que temos.

Que equipos pensa que acabarán nas dúas primeiras posicións da clasificación?

Penso que o Foz é o favorito. Persoalmente, creo que é un equipo moi bo, que toca moi ben o balón. Tamén loitarán polo ascenso Viveiro, Monterroso e Sagrado Corazón.

Comentarios