José María Pérez, Nano: ''La principal meta del Residencia B es que los chicos cojan rodaje''

José María Pérez 'Nano' (Foto: Diego Díaz)
photo_camera José María Pérez 'Nano' (Foto: Diego Díaz)

dous equipos que se nutren de maneira mutua. O Residencia B do Grupo 8 da Liga provincial xuvenil traballa para forxar xogadores que realicen, esta tempada ou as próximas, un bo labor no conxunto da Liga galega. Un dos seus adestradores, José María Pérez ‘Nano’, ve melloras no grupo xornada tras xornada, aínda que asegura que hai aspectos que continuar perfeccionando cos rapaces.

O Residencia B ten obxectivos clasificatorios esta tempada?

Non, o principal é que se fogueen os rapaces, que vaian collendo rodaxe a medida que pasan as xornadas e sexan máis competitivos cando xoguen no equipo da Liga galega.

Como estivo o equipo nos primeiros partidos?

Bastante ben, aínda que ás veces perden a concentración. Non conseguen estar metidos no partido todo o tempo.

Notaron unha mellora dos rapaces nos adestramentos a medida que foron pasando as semanas?

Entrenan xuntos os equipos da Liga provincial e da Liga galega e hai uns xogadores ós que se lles nota máis que outros porque poñen menos da súa parte.

Cales son, segundo a súa opinión, os equipos punteiros?

O Guitiriz e a Comercial son dous equipos moi fortes. Aínda que non o vin, comentáronme que o Taboada tamén estaría loitando polas dúas primeiras prazas.

(Póster na edición impresa de El Progreso este luns)

Comentarios