sábado. 19.06.2021 |
El tiempo
sábado. 19.06.2021
El tiempo

Andrés Bouza: ''Estoy sorprendido con la evolución que están teniendo los jugadores''

andrés bouza non disimula o orgulloso que está do Abuín que milita na Liga provincial infantil, conxunto que adestra, e da adaptación á categoría dos seus xogadores. A intención do técnico é que o conxunto continúe na boa liña de traballo toda a tempada e que sexa un grupo cada vez máis competitivo.

De que maneira evolucionaron os seus xogadores dende que comezou con eles?

Nótaselles moito os avances, estou encantado. Todos son infantís de primeiro ano e estanse adaptando do fútbol 7 ó fútbol 11, pero cada vez están máis organizados no campo. Aínda se nota diferencia cos xogadores de segundo ano, pero estano facendo moi ben.

Pensaba que mellorarían tanto en tan pouco tempo?

A verdade é que estou sorprendido. Esta fin de semana xogamos contra o Foz, que vai líder, un partidazo. Fixemos un papel moi bo.

Ten algunha liña que destaque máis que outras?

Estou probando xente en posicións distintas e os rapaces están rendindo moi ben.

Como ve a Liga?

Hai moitas diferenzas entre os equipos de arriba e os de abaixo e penso que é demasiado longa para os rapaces.

Cales son os seus favoritos?

Os equipos de arriba, Foz, Milagrosa e Vilalbés foron os que máis me gustaron e os que penso que loitarán polas dúas primeiras prazas.

Andrés Bouza: ''Estoy sorprendido con la evolución que están...
Comentarios