3
ribeira de piquín
3
bueu
Ribeira de Piquín: Dani, Paco, Aarón, Iago, Sebas -quinteto inicial-, Ulloa, Donino, Digón e Kike.
Bueu: Hugo, Rosendo, Antonio, Adrián, Rafael -quinteto inicial-, Diego, Samuel, Marcos, Jacinto, Juan José e Alberto.
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e Efrén Álvarez López (delegación de Lugo).
Goles: Paco (2) e Sebas marcaron para o Ribeira; e Rosendo, Samuel e Diego fixérono para o Bueu.
Incidencias: Encontro disputado no Pavillón Municipal de Meira ante a presencia de 50 siareiros.
O Ribeira empatou 3-3 ante o Bueu nun disputado encontro da Primeira Nacional B.
Os xogadores de Piquín adiántabanse rápidamente (1-0), porén o Bueu igualaba no ecuador da primeira metade. O Ribeira xeraba moito perigo ás contras ante un rival que dominaba a posesión. Con empate 1-1 chegábase ao descanso. Na reanudación repetiuse o mesmo guión. A falla de tres minutos o Bueu vencía por 2-3 e o Ribeira arriesgou co porteiro-xogador. Os lucenses conseguían a igualada cun gol de Paco sobre a bucina.