miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

O porteiro Miguel frenou a remontada do Peugeot

O Peugeot Vilalba caeu por 6-3 na súa visita á pista do Boqueixón, nun encontro da Autonómica Norte de fútbol sala.

A primeira metade non tivo un dominador claro, e os vilalbeses erraron claras oportunidades ao contragolpe ante a meta dun inspirado Miguel. Catro erros puntuais na zaga dos chairegos propiciaron que os pupilos de Alfonso González se marchasen ao descanso cun 4-2 en contra.

Tralo paso pola zona de vestiarios, o Peugeot mellorou a súa imaxe e buscou a remontada dende o primeiro momento. As esperanzas vilalbesas esvaecíanse co paso dos minutos, xa que o porteiro Miguel continuaba co seu recital de paradas e a súa portería semellaba un muro infranqueable. Os xogadores do Peugeot non sabían o que facer para perforar a meta do Boqueixón. A falla de 7 minutos para o remate do encontro, Alfonso González optou pola táctica do porteiro-xogador, porén o resultado foi nulo, xa que o Peugeot non era capaz de darlle a volta ao marcador e deixaba os tres puntos en terras santiaguesas. Peke e Manu foron os mellores xogadores do Peugeot neste encontro.

Esta derrota pon fin a unha xeira de cinco triunfos consecutivos do Peugeot Vilalba. A próxima xornada o cadro chairego recibirá na súa cancha ao sempre complicado Troula de Betanzos.

6

BOQUEIXÓN

 

3

PEUGEOT VILALBA

 

Boqueixón: Miguel, Víctor, Fer, Julián, David -quinteto inicial-, Enrique, Silva e Roberto.

Peugeot Vilalba: Fíter, Ati, Aitor, Peke, Jose -quinteto inicial-, Agus, Sergio, Piña, Hugo, Manu, Paulo e Nico.

Árbitros: Anxo Rey e José Vilas (delegación de Santiago).

Goles: Fer (3), Víctor (2) e David marcaron para o Boqueixón; e Peke, Hugo e Sergio fixérono para o Peugeot.

Incidencias: Encontro disputado no Complexo Deportivo O Forte. Escasa entrada.

O porteiro Miguel frenou a remontada do Peugeot
Comentarios