O Concello de Trabada logra os tres puntos cun tanto no último intre

4

begasucegsa unidade

 

5

concello de trabada

 

Begasucegsa Unidade: Óscar, Gerveno, Keko, Rego, Dani -quinteto inicial-, Rafa e Héctor.

Concello de Trabada: Maelo, Antón, Bruno de Nois, Vijande, Quelle -quinteto inicial-, Pulido, Adrián, Víctor Meitín e Borja.

Goles: Rego (3) e Rafa marcaron para o Begasucegsa; e Borja (2), Víctor Meitín, Antón e Adrián fixérono para o Concello de Trabada.

Incidencias: Encontro correspondente á vixésima xornada de Primeira Nacional B disputado no Pavillón Municipal de A Xunqueira con presenza de escasos siareiros.

O Concello de Trabada logrou unha sufrida victoria na pista do Begasucegsa por 4-5, nun encontro da Primeira Nacional B de fútbol sala.

Os mariñáns desperdiciaron numerosas ocasións na primeira metade e cometeron tres graves erros en defensa, que aproveitou o Begasucegsa para marcharse cun 3-2 favorable ao descanso.

Tralo paso pola zona de vestiarios o Trabada mellorou a súa imaxe, porén os seus xogadores non eran capaces de materializar as ocasións en gol. Os de Andrés López igualarían 4-4 co porteiro-xogador e lograrían o definitivo 4-5 a falla de tan só tres segundos para a conclusión do encontro.

Más en Fútbol Sala
Comentarios