Duro correctivo del Peugeot en el derbi lucense

9

peugeot vilalba

 

1

friol

 

Peugeot Vilalba: Agus, Peke, Ati, Róber, Aitor -quinteto inicial-, Nico, Jose, Sergio, Hugo e Manu.

Servicios Iglesias Friol: Manzanita, Juan, Manu, Varela, Luis -quinteto inicial-, Marcos, Iago, Óscar e Nicolás.

Árbitros: José Abuín e Jesús Treboelle (delegación de Lugo).

Goles: Aitor (3), Manu, Jose, Ati, Róber, Sergio e Hugo para o Peugeot; e Luis anotou polo Friol.

Incidencias: Partido disputado no Municipal de Vilalba ante escasos afeccioados.

O Peugeot Vilalba impúxose con claridade no derbi provincial da Autonómica Norte fronte ao Servicios Iglesias Friol por 9-1.

Os vilalbeses foron a polo partido dende o primeiro minuto apoderándose do balón e das ocasións ante un Friol encerrado na súa pista. O Peugeot non deixaba saír á contra ao seu rival, exercendo unha dura presión a toda pista que impedía as ocasións do conxunto de Ángel Villar. No entanto, sería o Servicios Iglesias o que se adiantase no luminoso (0-1). Aínda así, o cadro de Alfonso González lograba a igualada a escasos minutos para a conclusión do primeiro acto. O resultado ao descanso foi de empate (1-1).

Tralo paso pola zona de vestiarios, o vendaval chairego fíxose todavía máis patente. O Friol non era capaz de conter o rápido xogo combinativo do Peugeot. Os pupilos de Alfonso González lograban o 2-1 no minuto 5 da reanudación. A partir de aquí só existiu un equipo na cancha, o Peugeot Vilalba, que aumentaba a súa conta goleadora de xeito frenético a medida que o tempo corría. Así chegarían ata o 9-1 definitivo, que reflectía o visto sobre a pista chairega.

Aitor, Ati e Peke nas filas do Peugeot Vilalba; e o porteiro Manzanita e Luis polo Servicios Iglesias Friol foron os mellores no derbi provincial da duodécima xornada de Autonómica Norte.

Más en Fútbol Sala
Comentarios