Cholas: ''Los jugadores compiten en todos los partidos; esa es la línea a seguir''

Cholas (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Cholas (Foto: Xesús Ponte)

formar xogadores que o ano que vén compitan na Liga galega cadete é a principal función do Residencia B que adestra Cholas e que milita na Liga provincial. Cun grupo de efectivos que non dá o brazo a torcer en ningún encontro e que traballa, sobre todo, dende unha boa defensa, os blanquiazuis non están dispostos a poñerllo sinxelo a ningún do resto de equipos da competición.

Cal é a meta que se propuxeron co Residencia B esta tempada?

Que se formen os xogadores e que disputen partidos para que o ano que vén xoguen na Liga galega cadete.

Que tal viu ó seu conxunto nos primeiros partidos?

Estamos competindo ben contra tódolos contrincantes e esa é a liña que debemos seguir. Empezamos algo xustos de xente nos adestramentos no mes de agosto, con tan só catorce ou quince xogadores, pero iso xa se solucionou.

Cal é a liña máis forte do seu equipo?

A nivel defensivo estamos realizando un gran traballo. Facemos fincapé niso nos adestramentos e a verdade é que ós rivais cóstalles marcarnos goles.

Que equipos cre que acabarán nas posicións máis altas da táboa clasificatoria?

Foz e Viveiro estarán arriba e, se espabila, tamén o Sagrado Corazón, que comezou cun calendario complicado. O Polvorín tamén ten un bo equipo.

Póster en la edición impresa de El Progreso de este lunes 1 de noviembre

Más en Fútbol Cadete
Comentarios