El Santiago de Foz y el Lugo A cumplen en el campeonato gallego

ELP2105P47F31.JPG
photo_camera ELP2105P47F31.JPG

O sábado disputouse en Ferrol o campionato galego alevín, unha competición que se xoga de xeito completo nun so día. O Lugo A e o Santiago de Foz foron os representantes lucenses.

O Lugo A, encadrado no Grupo B xunto aos equipos como o Bertamiráns, o Atlético Fátima e o Rácing de Ferrol, finalizou a primeira fase en terceira posición, logo de cultivar dous empates nos dous primeiros partidos e unha derrota no último.

Ao clasificarse só os dous primeiros para a fase final, o Lugo A tívose que conformar con disputar a fase de consolación entre os mellores terceiros clasificados. A súa partida fronte ao Conxo liquidouno na quenda de penaltis (2-2), o que lle permitiu facerse coa undécima posición do campionato.

Pola súa banda, o Santiago de Foz enfrontouse ao Boiro, o Vitoria e ao Calasanz, no Grupo C.

Os mariñáns acusaron as malas condicións do terreo de xogo e non foron capaces de lograr a victoria en ningún dos tres encontros.

Mentres, na fase de consolación enfrontouse ao Atlético Fátima, ao que tamén superou na quenda de penaltis para finalizar o torneo na décimo terceira posición. O Santiago de Foz pecha deste xeito unha gran tempada.

Copa

O Sarria A desfíxose do Praia de Covas (11-3) e medirase nos cuartos ao Milagrosa A, que non pasou apuros contra a Residencia B. O Sagrado Corazón A e o Santiago de Foz clasificáronse para a seguinte rolda.. Mentres, o Sarria B sorprendeu ao EF Viveiro (8-4), e Residencia A enfrontarase ao Sarria B en cuartos. Vilalbés A e Lugo A tamén se clasificaron e atoparanse na seguinte fase.

11

sarria a

 

3

praia de covas

 
Sarria A:
Peña; Iago, Maceda, Diego, Cayuela, Nico e y Torres. Tamén xogaron Álvaro, Andrés, Jesús, Iván y Raúl.
Praia de Covas:
Lucas; Brais, Mario, Leo, Nathanael, Miguel e Kluivert. Tamén xogou Óscar.
Goles:
Álvaro (4), Torres (3), Cayuela (2), Diego e Andrés polo Sarria A e Kluivert (2) e Mario polo Praia de Covas.
Incidencias:
Campo de A Ribela.
Os mellores
Sarria A: 3. Cayuela 2. Álvaro 1. Maceda
P. de Covas: 3. Mario 2. Kluivert 1. Brais

0

franciscanos

 

4

sagrado corazón a

 
Franciscanos:
Iago; Marta, Óscar, Vilariño, Diego, David y Adrián. Tamén xogaron Mateo, José, Jorge, Tomé y Joel.
Sagrado Corazón A:
Adrián; Iago, Manu, Noel, Pablo Meda, Kevin y Rubén Fente. Tamén xogaron Andrés, Rubén Fernández y Alejandro.
Goles:
Rubén Fente (2), Noel y Kevin polo Sagrado Corazón A
Incidencias:
Campo de As Gándaras.
Os mellores
Franciscanos: 3. Vilariño 2. Marta 1. Adrián
S. Corazón A: 3. Iago 2. Noel 1. Alejandro

Más en Fútbol 7
Comentarios