As persoas viúvas con dous fillos menores serán familia numerosa

Preto de 7.000 persoas viúvas con dous fillos menores ó seu cargo serán consideradas familia numerosa grazas a unha emenda que será incorporada á Lei de Reforma da Seguridade Social. Actualmente é preciso ter tres fillos, ou dous se algún deles ten unha discapacidade, para que a familia sexa considerada numerosa.

Así o confirmou o secretario de Estado de Seguridade Social, Octavio Granado, afirmando que esta modificación non altera "o contido nuclear do proxecto". Tamén se introduciron en mendas que melloran a protección dos discapacitados, sobre todo para os que teñen menor esperanza de vida. No caso dos orfos, preténdese alcanzar unha pensión do 33% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), para que se poida compatibilizar a pensión con outros traballos temporais.

Comentarios