Eivissa: o fuel chega ao Parque Natural Ses Salines

A ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, confirmou que parte da mancha de fuel que flota fronte á costa de Eivissa conseguiu traspasar na noite do sábado as barreiras de proteccións instaladas. A zona afectada é a área protexida arredor do Parque Natural de Ses Salines.

Despois da súa visita ás zonas afectadas xunto co presidente do Govern balear, Francesc Antich, a ministra Narbona sinalou que se duplicaran as barreiras tralo escape e que o hidrocarburo non chegara ao litoral balear. Malia isto, algúns testemuñas afirman todo o contrario. Chegando a asegurar que hai restos de fuel nas costas.

Acto seguido, informou de que as tres fendas detectadas no día de onte no casco do barco aínda non foron seladas, xa que ao parecer, a natureza das mesmas esixe un selado interno, dende dentro do buque 'Don Pedro'.

Queda aínda pendente que a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez asine o plan de extracción do combustible do barco. Que, correrá a cargo da navieira Iscomar. Outro punto por aclarar ser a posibilidade ou non de reflotar o 'Don Pedro'.

Comentarios