O PSOE rexeita o pacto para gobernar en Navarra con Nafarroa Bai

A Executiva Federal do PSOE decidiu esta mañá non apoiar o pacto de goberno alcanzado entre os seus compañeiros do PSN e a coalición nacionalista Nafarroa Bai, apoiando un goberno en minoría de UPN.

Esta resolución foi adoptada despois dunha reunión cos máximos responsables do PSN, que viaxaron a Madrid para explicar á dirección do partido o acordo alcanzado para gobernar Navarra.

O secretario de Organización do PSOE, José Blanco, afirmou que “non se dan as condicións precisas, xa que non se conseguiu un acordo satisfactorio”. Deste xeito, o PSOE tamén da por concluídas as conversas con estes dous partidos.

O grupo socialista explicou que agora correspóndelle a UPN, a forza que obtivo máis escanos o 27-M, procurar a formación do goberno e Fernando Blanco xa confirmou que facilitarán o respaldo do grupo no Parlamento, xa que o PSN absterase “para non causar inestabilidade”.

Comentarios