lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Más País presenta en A Illa as súas candidaturas galegas para o 10-N

Carolina Bescansa. EFE
Carolina Bescansa. EFE
Bescansa destaca a súa formación como "única ferramenta capaz de garantir que non haberá bloqueo"

A cabeza de lista de Más País pola provincia da Coruña, Carolina Bescansa, enxalzou a plataforma da que é referente en Galicia como "a única ferramenta capaz de garantir que non haberá bloqueo" despois das eleccións xerais do próximo 10 de novembro. 

Más País presentou ante os medios a súa candidatura este sábado 12 de outubro no porto de Xufre, na Illa de Arousa, onde os integrantes das listas pola Coruña e Pontevedra –únicas circunscricións polas que concorren en Galicia– sacáronse a foto de familia coa socióloga santiaguesa Carolina Bescansa á fronte. 

En declaracións aos medios, a cofundadora de Podemos incidiu en que Más País chega ás eleccións coa "garantía" de que serán "a ferramenta" para que, após o "despropósito" dos últimos meses, "non se abra unha formación dun goberno reaccionario". 

Após valorar aos membros da candidatura como "xente comprometida" con "unha longa tradición de traballo polos dereitos da xente", incidiu en que é necesario pór en marcha "unha transformación do modelo produtivo e do modelo de mercado de traballo" que permita, co ecoloxismo como "eixo", "pechar a ferida social" aberta coa crise económica. 

"Somos a única ferramenta capaz de garantir que despois das eleccións non haberá bloqueo. Non imos usar os respaldos da xente para bloquear, para vetar, nin para pór liñas vermellas", incidiu Bescansa, que remarcou que o proxecto que encabeza en Galicia chega á política "para construír, camiñar e abrir a formación dun goberno de progreso". 

Cuestionada sobre as expectativas da candidatura, mostrou o seu convencemento de que "o sentido común vai levar ás institucións a aquelas persoas comprometidas con non usar o respaldo para bloquear, senón para construír". 

Así as cousas e despois de afear ao resto de forzas políticas que "usasen o respaldo con interese de partido", Carolina Bescansa reiterou que "iso non vai pasar" con Más País. 

Más País presenta en A Illa as súas candidaturas galegas para o 10-N
Comentarios