Interior envía dous buques para afrontar unha vaga de caiucos

Máis dun milleiro de inmigrantes ilegais chegaron nos últimos tres días ás costas das Illas Canarias aproveitando o bo tempo. É por iso que o Ministerio de Interior anunciou que está a desenvolver unha operación "potente" para incorporar dous buques que traballarán en labores de asistencia humanitaria. Estes barcos serán tripulados polo Servizo Marítimo da Garda Civil tratarán de evitar que a odisea de cruzar o mar en caiuco non se converta nun drama.

Nesta última semana produciuse un incremento na chegada embarcacións africanas. Onte foron 464 inmigrantes sen papeis que chegaron a bordo de 6 barcas ás illas de Gran Canaria, Tenerife e Lanzarote, e esta mañá xa chegou outra patera da que aínda non se deu a coñecer a cifra de tripulantes.

Dende o venres, 1.052 inmigrantes entraron en España, un repunte que xa se dera o ano pasado pola mesma época, coincidindo coa chegada do bo tempo. Aínda así, a cifra de inmigrantes reducíuse sustancialmente respecto ó ano pasado. A Delegación do Goberno en Canarias fala de 3.000 inmigrantes fronte ós máis de 9.000 que chegara por esta data no 2.006.

Comentarios