Mondoñedo-Quiroga será a final do Torneo

O Meira e o Guntín foron eliminados da Copa Deputación polo Xermade e o Oural. Seguen vivos aínda tres equipos de Terceira

Final Torneo Delegación

O Mondoñedo e o Quiroga dispurarán o vindeiro domingo no Viñas da Veiga a final do Torneo Delegación despois de impoñerse esta fin de semana nas semifinais ao Celeiro e ao Castroverde respectivamente. 

No partido entre o Mondoñedo e o Celeiro os mindonienses impuxéronse con claridade grazas aos tres goles de Jacobo e os dous de Javier, todos anotados na segunda metade. 

No outro enfrontamento, o Quiroga desfíxose do Castroverde. O partido chegou con empate a uns ao descanso. O primeiro en marcar foi o Castroverde, por medio de Ángel. Respondeu Iván para o Quiroga. Nada máis volver dos vestiarios Javier adiantaba aos locais. A falta de 20 minutos para o remate José puña a sentenza definitiva ao choque. 

Na Copa Deputación, o mércores, aproveitando que era festivo polas Letras Galegas, xogáronse os dezaseisavos de final, con eliminación do Iberia, o Fogueiro, o Guntín ou o Meira. 

O Guitiriz volveu ser o verdugo do Iberia e o Cospeito o do Folgueiro, igual que nas eliminatorias da promoción de ascenso. Seguen vivos na competición tres equipos de Terceira: o Rioaveso, o Vilalbés B e o Rubián.

 

 MONDOÑEDO 5 - 0 CELEIRO

Mondoñedo Ciudad: Alberto, Fabián, Diego, Miguel Ángel, Juan, Jacobo, Javier, Manuel, Diego, Antonio e Raúl. Tamén xogaron Ibán, Adrián e Diego Rivas. 
Celeiro Club del Mar: Álvaro, Bruno, Diego, David Escourido, David Balsa, Iván, Andrés, Abel, Alexandre, Sergio e Bruno. Tamén xogou Abraham.  
Goles: Jacobo Cancela (3) e Javier Álvarez (2) para o Mondoñedo. 

QUIROGA 3 - 1 CASTROVERDE

Quiroga FC: Marcos, Alba, Álex, Luis M., Adrián, Manuel López, Javier, José, Iván, David García e Sergio David. Tamén xogaron Andrés, Álex, Adrián, David González e Miguel. 
CD Castroverde: Sergio, Jacobo, Adrián, Pablo, Enrique, Rafael, Ángel Manuel, Borja, Ángel, Richard e Carlos. Tamén xogaron Daniel, Samuel, Daniel Novo, Xabier e Pablo.  
Goles: Iván, Javier e José para os locais e Ángel para os visitantes.

 

 TORNEO DELEGACION - FASE FINAL

Semifinais

Mondoñedo 5-0 Celeiro
Quiroga 3-1 Castroverde

 

Copa Deputación

 

COPA DEPUTACIÓN SEGUNDA E TERCEIRA

Dezaséisavos

Iberia 1-1 Guitiriz
Folgueiro 1-3 Cospeito
Rioaveso 6-2 Comercial B
Mondoñedo 0-2 Alfoz
Cazás 0-5 Vilalbés B
Celta Barreiros 2-4 Castro B
Xermade 3-1 Meira
Muimenta 1-1 Candelaria
Corgo 4-1 SP Lucense
Monterroso B 1-1 Milagrosa
Sober 3-4 Ferreira
Rubián 3-2 Quiroga
Taboada B 4-5 Paradela
Santa Comba 2-3 O Incio
Oural 4-0 Guntín
Páramo 3-2 Castroverde

Oitavos (4/06)

Guitiriz - Cospeito
Rioaveso - Alfoz
Vilalbés B - Castro B
Xermade - Muimenta
Corgo - Milagrosa
Rubián - Ferreira
O Incio - Paradela
Páramo - Oural