O Mondoñedo e o Palas ascenden

O Incio erra a falta dunha xornada e xa non depende de si mesmo para subir. Un gol no desconto deu a vitoria ao Sober ante o Incio

A falta dunha xornada para o remate da competición en Terceira Autonómica xa se coñecen outros dous equipos que xogarán o vindeiro ano en Segunda. O Mondoñedo, no grupo norte, e o Palas, no sur, aseguraron xa onte o ascenso directo. Únense así ao Vilalbés B, que xa amarrara a clasificación na anterior xornada. Queda por decidir o segundo dos ascensos do grupo sur, onde o Quiroga e o Incio teñen posibilidades matemáticas en función dos resultados da última xornada. 

No grupo norte o Mondoñedo logrou a segunda das prazas de ascenso directo logo de gañar pola mínima ao Rioaveso, que mantiña tamén as opcións até onte. Un gol de Jacobo xusto antes do descanso serviu ao equipo que adestra Israel Cruz para amarrar os tres puntos en Paraños e voltar para a Mariña co ascenso na man.

O resto dos equipos xóganse xa unicamente a posibilidade de disputar o play off. Os catro postos están ocupados neste momento polo Rioaveso; o Abadín, que empatou a douses co Vilalbés B; o Celeiro, que empatou a uns co Catro Roldas; e o Nuevo Nausti, que perdeu na casa co Matela

No grupo Sur, o Palas gañoulle pola mínima ao Monterroso B no derbi da Ulloa, xogado no Anexo Cerdeiriños. O equipo que adestra Brais Vázquez xa marchou cunha renda de dous goles ao descanso, que ampliaría no segundo tempo, pero no treito final do encontro o Monterroso B reaccionou e co 2-3 meteu presión nos minutos finais. O resultado valeulle ao Palas para lograr o ascenso directo. 

O segundo dos postos de privilexio ocúpao o Quiroga, que onte goleou ao Taboada B e enfróntase na última xornada ao Rubián. Non depende de si mesmo o Incio, logo de caer co Sober
 

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

VILALBÉS B 2 - 2 ABADÍN

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Carlos, Daniel, Miguel, David, Antonio, Diego, Gabriel, Samuel, Aitor e Roberto. Tamén xogaron Sergio, David e Anxo.  
Abadín CF: Manuel, Rubén, Ángel, Jesús Ignacio, Pedro, Miguel, David, Noé, Vicente, Pablo e Iván. Tamén xogaron Cristian, Iván Carracedo, Álex, Pablo Gómez e Iván Seco.  
Goles: Antonio e Roberto para os locais e Iván Seco e Pedro para os visitantes.  

RIOAVESO 0 - 1 MONDOÑEDO

Rioaveso Machinango SD: Guillermo, David, Mario, Esteban, Mohamed, Carlos, José, Adrián, Fran, Eddy e Álex. Tamén xogaron José Manuel, Adrián García e Javier.  
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Diego, Juan, Jacobo, Javier, Manuel, Diego Romay, Miguel, Rubén, Ibán e David. Tamén xogaron Antonio, Denís, Alejandro e Fabián.  
Goles: Jacobo para o Mondoñedo.  
Árbitro: Mario Cordido García

  COMERCIAL B 2 - 6 FRIOL B

SG Comercial B: Óscar, Christian, Jorge, Alejandro, Borja, Manuel, Edixon, Ángel, Antonio, José Carlos e Cristian. Tamén xogaron Adrián, Yeray, Javier, David e Miguel.  
Friol CF B: Fernando, Piñeiro, Alejandro, Pablo, Marques, Varela, Roberto, Unai, García, Juan David e Michael. Tamén xogaron José M, Sánchez, Samuel, Arias e Dorado. 
Goles: Alejandro (2) para os locais e Roberto (4), Michael e Varela polos visitantes.  

NUEVO NAUSTI 1 - 3 MATELA

SD Nuevo Nausti: Manuel, Alberto, Kevin, Carlos, Juan, Cristian, Brayan, Héctor, Miguel Ángel e Brais. Tamén xogaron Jairo e Carlos Rivas.  
AD Matela: Jesús, José Manuel, Carlos, Pedro, Óscar, Alejandro, Miguel, Santiago, Bruno, Nicolás e José Antonio. Tamén xogaron Santiago e Juan Carlos.  
Goles: Juan Esteban para os locais e Bruno, Óscar e Santiago para os visitantes.  

CELEIRO 1 - 1 CATRO ROLDAS

Celeiro Club del Mar: Andrés, Bruno, Diego, David, Abraham, Borja, David Balsa, Daniel, Iván, Andrés Míguez e Alexandre. Tamén xogaron Íñigo, Bruno, Francisco e Alejandro.  
AD Catro Roldas: Víctor, Rubén, Esteban, Miguel A, Ramiro, David, Samuel, David Cobas, Mohamed, Miguel e Roberto. Tamén xogaron Luis e Abdelkarim.  
Goles: Francisco para os locais e Mohamed para os visitantes.   

 

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 21

Vilalbés B 2-2 Abadín
Rioaveso 0-1 Mondoñedo
Comercial B 2-6 Friol B
Nuevo NaustI 1-3 Matela
Celeiro 1-1 Catro Roldas
  D Cazás

Próxima xornada

Abadín - Cazás
Mondoñedo - Vilalbés B
Friol B - Rioaveso
Matela - Comercial B
Catro Roldas - Nuevo Nausti
  D Celeiro

 

 

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

SANTA COMBA 5 - 0 BÓVEDA

SCD Santa Comba: Javier, Rodrigo, Leandro, Brais, David, Antonio, Asier, Jaime, Marcos, Sergio e Diego. Tamén xogaron Alejandro, Roberto, Juan e Jesús María.  
AD Bóveda: José Manuel, Ismael, Juander Fernando, Diego, Ángel Abraham, Raúl, Manuel, Sow, Fernando e Nahum.  
Goles: Asier (2), Jaime, David e Sergio para o Santa Comba.  
Árbitro: Óscar Lobato Ramudo. 

RUBIÁN 0 - 2 O PÁRAMO

SD Rubián: David, Miguel Ángel, Lucas, Daniel Rodríguez, Daniel García, Gerardo, Javier, Víctor, Manuel, Alejandro e Daniel López. Tamén xogaron Luis, Francisco José, Diego, José Manuel e Antonio.  
SD O Páramo: Bernardo, Sergio, Miguel, Álvaro, José, Jónatan, Hugo, Juan, Diego, Antonio e Daniel Rodríguez. Tamén xogaron Raúl, Ricardo e Daniel Arias.  
Goles: José e Raúl para os visitantes.  

TABOADA B 1 - 6 QUIROGA  

Taboada CF B: Ivo, Adrián Varela, Antón, David, Brais, Adrián López, Andrés, Alexandre, Sergio, Rubén e Brahim. Tamén xogaron Pablo, Andrés Otero, José e Adrián Ledo.  
Quiroga CF:  Ethan, Juan Luis, Álex, Luis Manuel, Adrián, Marcos, Javier, José, Iván, Álex García e Sergio. Tamén xogaron Miguel, Adrián Álvarez, Andrés, Brian e David.  
Goles: José para os locais e José (2), González, Sergio, David e Álvarez para os visitantes.   

SOBER 2 - 1 O INCIO 

CD Sober: Diego, David, José Manuel, Breogán, Mauro, Iván, Martín, Jorge A, David, Sergio e Brais. Tamén xogaron Iván J, Janoisi e Víctor.  
O Incio Terra Brava CF: Emilio, Marcos, Raúl, Eduardo, Manuel, Javier, Marcos, Ignacio, Daniel, Samuel e Roi. Tamén xogaron Saúl, Iván, Óscar e David.  
Goles: Martín (2) para o Sober e Eduardo para o Incio.  

CASTROVERDE 5 - 1 RELÁMPAGO4

SD Castroverde: Sergio, Daniel, Adrián, Pablo Abuín, Daniel Novo, Rafael, Ángel, Borja, Pablo Pin, Richard e Enrique. Tamén xogaron Adrián, Marcos e Luis.  
Relámpago Taboada: Miguel, Cristian, Isaac, David Moure, Marcos, Pablo, Diego, Chejluaji, David Fernández, Rubén e Víctor. Tamén xogou Luis.  
Goles: Richard (2), Abuín, Pin e Daniel para os locais e David Moure para os visitantes.  

MONTERROSO B 2 - 3 PALAS 

SD Monterroso B: Alexis, Xesús, Marcos, Manuel, Ignacio, Sergio, Ismael, Alejandro, Brandán, Rubén e Carlos. Tamén xogaron Emilio, Pablo, Saúl e Marco.  
Palas CD: Yónatan, Marcos, Óscar, Julio, Samuel, Martín, Julián, Lucas, Álvaro, Brais e Martín. Tamén xogaron Adrián Viña, Samuel, Adrián Martínez e Noel.  
Goles: Manuel e Carlos para os locais e Óscar, Julián e Marcos para o Palas.  
 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR    

Resultados xornada 21

Santa Comba 5-0 Bóveda
Rubián 0-2 O Páramo
Taboada B 1-6 Quiroga
Sober 2-1 O Incio
Castroverde 5-1 Relámpago
Monterroso B 2-3 Palas

Próxima xornada

O Páramo - Santa Comba
Quiroga - Rubián
O Incio - Taboada B
Relámpago - Sober
Palas - Castroverde
Bóveda - Monterroso B