Primeiros finalistas

Castroverde, Piringalla, Santa Comba e Sober loitarán polas dúas prazas de Segunda

Play Off de Ascenso

Despois da segunda volta das semifinais dos play off, xa hai finalistas para optar ao ascenso. Tocoulle xogar na casa ao Goiriz contra o Castroverde e fíxoo dominando todo o partido e xerando ocasións de gol, unha delas no 45’ logo dun saque de banda que remata Nicolás e entra na rede.

Houbo máis, pero o gol nunca chegaba, polo que foron os de azul os que venceron. Porén, a vitoria clara do Castroverde a fin de semana pasada fai que sexa este o que se clasifique para a seguinte ronda.

A outra vitoria, pola  mínima, foi para o Rioaveso ante o Piringalla, que se produciu xa nos primeiros minutos, onde foi mellor o local. Na segunda parte o dominio veu por parte do equipo laranxa, pero unha serie de altercados nas gradas repercutiron nos xogadores. As ocasións nunca chegaban e rematou o duelo sen máis modificacións no marcador e cunha vitoria por parte do Rioaveso, aínda así será o Piringalla o que xogue a final grazas á goleada do partido de ida.

Pola zona sur, un dos clasificados foi o Santa Comba, logo de empatar co Corgo (1-1) e vencer pola mínima diferenza a semana pasada. Primeira parte de dominio do equipo local, que se adiantou cun saque de banda xusto antes do descanso, e á volta de vestiarios o Santa Comba púxose as pilas e marcou o gol do empate, que foi outro saque de banda. Houbo máis ocasións que non quixeron entrar, polo que a vitoria foi de cor vermella.

Sober e o Río Sil, logo empatar no partido de ida 0-0, o local acabou levándose a vitoria por 3-2. Foi un partido moi disputado onde o local adiantouse e o visitante logrou darlle a volta ao marcador cun hat trick de Isaac. Na segunda parte chegou o empate, polo que o resultado decidiuse na prórroga cun tanto de Iván J.

Terceira Galicia Norte

GOIRIZ 1 - 0 CASTROVERDE

CD Goiriz: Diego, José Manuel, Miguel P, Alberto, Alejandro, Xoel, Nicolás, Héctor, Rubeb, Luis e Fidel.Tamén xogaron Raúl, Miguel M e Ricardo.
SD Castroverde: Iago, Javier, Carlos, Felipe, Noel, Rafael, David, Richard, Adrián, Ángel M e Manuel. Tamén xogaron Ángel C, Borja e Xabier.
Gol: Nicolás polos locais.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

RIOAVESO 1 - 0 PIRINGALLA

Rioaveso Manchinango SD: Guillermo, David, Esteban, Alejandro, Álex, Carlos, Mario, Javier, Adrián, Eddy e José Manuel. Tamén xogaron Iago, Mohamed e Félix.
ADC Piringalla: Manuel, Diego, Cristóbal, Juan J, Juan A, Aarón, Noé, Simón, Adán, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Ángel, Román e Alejandro.
Gol: Eddy polos locais.
Árbitro: Óscar Leal Montesinos.

Semifinais ida

Castroverde 3 1 Goiriz
Piringalla 5 1 Rioaveso

Semifinais volta

Goiriz 1 0 Castroverde
Rioaveso 1 0 Piringalla

Terceira Galicia Sur

SOBER 3 - 2 RÍO SIL

CD Sober: Manuel, Abdessamad, Carlos, David F, Iván L, Iván F, Martín, Sergio, David P, Jonatan e Diego. Tamén xogaron Iván J e José Manuel.
CD Río Sil: Víctor, David D, Aaron, Manuel A, Hugo, Manuel D, Lucas, Isaac, Smaily, Anás e David G. Tamén xogaron Xavier, Javier e Eloy.
Goles: Iván F, Martín e Iván J polos locais. 2 de Isaac polos visitantes.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

CORGO 1 - 1 SANTA COMBA

CD Corgo: Harry, Kevin, Sebastián, Brais, Pablo, Rubén, Raúl, Jonathan, Diego, Mounir e Iago. Tamén xogaron Fernando e Willian.
SCD Santa Comba: Jesús, Braian, Juan, Leandro, Brian, Antonio, Andrés, Fernando, Santiago, Jorge e Jaime. Tamén xogaron Borja e Alejandro.
Goles: Sebastián polos locais. Andrés polos visitantes.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

Semifinais ida

Río Sil 0 0 Sober
Santa Comba 2 1 Corgo

Semifinais volta

Sober 3 2 Río Sil
Corgo 1 1 Santa Comba

Torneo Delegación

Os vencedores do torneo delegación foron o Barreiros contra o Catro Roldas (3-0), o Páramo ante o Chantada Atl. B (1-4) e o Taboada B contra o Bóveda (3-1). O Friol B e o Casás empataron a ceros.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

BARREIROS 3 - 0 CATRO ROLDAS

Celta Barreiros: René, Miguel, David, Anxo, Miguel, Alejandro, Hugo, Marcos, Roi, Lucas e Javier. Tamén xogaron Antón, Nicolás e Brais.
AD Catro Roldas: Víctor, Yassin, Esteban, Abdelkarim, Daniel, David, Samuel, Adil, Luis, Diego e Youness. 
Goles: 2 de Hugo e Antón polos locais.
Árbitro: Brais Vallejo Rubal.

Resultados xornada 2

Barreiros 3 0 Catro Roldas
  D Cazás

Próxima xornada

Cazás - - Barreiros
  D Catro Roldas

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

FRIOL B 0 - 0 CASÁS

Friol CF B: Mateo, Ramón, Adrián, Pablo, Óscar, Unai, Marcos V, Lucas, Samuel, Juan e Michael. Tamén xogaron Marcos T, David e Sacha.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Roberto, Martín, Alberto S, Alberto H, Aarón, Brais P, Pablo, Brais M, Kevin e Brayan. Tamén xogaron David e Manuel.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

Resultados xornada 2

Friol B 0 0 Casás
  D Comercial B

Próxima xornada 

Comercial B - - Friol B
  D Casás

GRUPO 3

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA ATL. B 1 - 4 O PÁRAMO

Club Chantada Atlético B: Carlos, Álvaro, Hugo, Iago, Bryan, Ariel, Pablo, Ángel, David, Brais e Francisco. Tamén xogaron Marcos, Ismael e Juan.
SD O Páramo: Marcos, Miguel, José, Jonatan, Juan, Borja, Hugo G, Daniel, Julio, Hugo F e Antonio. Tamén xogaron Álvaro, Héctor, Javier e Diego.
Goles: Marcos de penalti polos locais. José, Antonio e 2 de Hugo G polos visitantes.
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

Resultados xornada 2

Chantada Atl. B 1 4 O Páramo
  D Relámpago

Próxima xornada 

Relámpago - - Chantada Atl. B
  D O Páramo

GRUPO 4

Consulta a clasificación aquí

TABOADA B 3 - 1 BÓVEDA

Taboada CF B: Eloy, Carlos, Raúl, José Manuel, Adrián, David, Andrés, Steven, Sergio, Rubén e Iago. Tamén xogaron Esteban, Pablo, Adán e Ángel.
AD Bóveda: Celestino, David, Manuel, Álvaro, Sorge, Miqueas, Sow, Yago, Sergio, Manuel e Janoisi. Tamén xogaron Pablo e Raúl.
Goles: 2 de Sergio e Andrés polos locais. Miqueas polos visitantes.
Árbitro: Adrián Estraviz Cerdeira.

Resultados xornada 2

Taboada B 3 1 Bóveda
  D Rubián

Próxima xornada 

Rubián - - Taboada B
  D Bóveda