O Vilalbés B métese en cuartos da Copa

Os chairegos gañaron ao Castro B no duelo entre filiais de Terceira. O Oural venceu ao Páramo e tamén estará na seguinte rolda copeira

Copa Deputación

Esta fin de semana xogáronse dous partidos adiantados correspondentes aos oitavos de final da Copa Deputación, que se disputará a vindeira fin de semana.

O enfrontamento entre o Vilalbés B e o Castro B, os dous filiais de Terceira, saldouse con vitoria do conxunto que adestra Iván Lamas. Os locais gañaban xa 2-0 ao cuarto de hora, grazas aos tantos de Anxo e Gabriel, pero Iago reduciu distancias para o Castro B para chegar con 2-1 ao descanso. Os de Diego Pardeiro buscaron o empate no segundo tempo, sen embargo, cando faltaban 10 minutos para o final Hugo Blanco sentenciaba para os vilalbeses.

No outro encontro adiantado, xogado o sábado, o Oural foi moi superior ao Páramo. O partido chegou xa con 0-2 ao descanso.

Entre os pratos fortes para a vindeira fin de semana, o enfrontamento entre o Guitiriz e o Cospeito, despois de medirse na final do play off de ascenso. Tamén se disputará a final do Torneo Delegación, entre o Mondoñedo e o Quiroga.

RÁCING VILALBÉS B 3 - 1 CASTRO B

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Xairo, Daniel, David, Anxo, Diego, Gabriel, Samuel, Hugo X, Noel e Roberto. Tamén xogaron Hugo, Brais, Alfredo, Miguel e Reda.
CD Castro B: Álvaro, Joel, Iago, Diego, Miguel A, Adrián, Alejandro, Iván, Raúl, Borja e Iván. Tamén xogaron Pablo, Noe, Aimar e Raul C.
Goles: 1-0 (3'): Anxo. 2-0 (13'): Gabriel. 2-1 (23'): Iago. 3-1 (81'): Hugo.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

 O PARAMO 0 - 3 OURAL

SD O Páramo: Marcos, Ivan, Juan, Jose, Jonatan, Hugo, Edgar, Daniel, Hugo F, Antonio e Bruno. Tamén xogaron Bernardo, Álvaro, Daniel L, Javier e Manuel.
SD Oural: Julian E, Manuel, Monir, Diego, Marcos, Iván, Alejandro, Jorge, Diego D, Miguel e Rodrigo. Tamén xogaron Diego A, Alex, Jose M e Iván L.
Goles: 0-1 (26'): Diego D. 0-2 (38'): Alejandro. 0-3 (79'): Alejandro.
Árbitro: Miguel Rodríguez López.

 

COPA DEPUTACIÓN SEGUNDA E TERCEIRA

Oitavos (4/06)

Guitiriz - Cospeito
Rioaveso - Alfoz
Vilalbés B 3-1 Castro B
Xermade - Muimenta
Corgo - Milagrosa
Rubián - Ferreira
O Incio - Paradela
Páramo 0-3 Oural

 

Final Torneo Delegación

 TORNEO DELEGACION - FASE FINAL

Semifinais

Mondoñedo 5-0 Celeiro
Quiroga 3-1 Castroverde

Final (3/06)

Mondoñedo - Quiroga