Ascenso agónico do Quiroga

O equipo de Raúl Carballedo logra o empate no desconto ante o Rubián. O Incio, o Rubián, o Páramo e o Sober xogarán os play off no sur

A última xornada da competición en Terceira mantivo a emoción até o final. O Quiroga é xa equipo de Segunda Autonómica, onde xogará a vindeira tempada, logo de empatar onte in extremis ante o Rubián. O equipo que adestra Raúl Carballedo foi por detrás no marcador durante todo o partido, até que Adrián logrou un empate agónico no tempo engadido. Con ese punto, o Quiroga empataba co Incio pero unha diferenza de goles favorable decantaba a balanza ao seu favor.     

O Quiroga acompañará ao Palas, que logrou xa o ascenso a semana pasada e que nesta última xornada gañou con facilidade ao Castroverde, con goles de Julián, Adrián e Martín na primeira metade e de Álvaro na segunda. 

Os equipos que xogarán o play off serán o Incio, o Rubián, o Páramo e o Sober. O Incio fixo o seu traballo, goleando ao Taboada B no Municipal Carboeiro, á espera do que acontecía no Municipal de Quiroga. O equipo que adestra Julio Corral gañaba xa 5-0 no ecuador da primeira metade. 

O Sober tamén goleou neste último partido, neste caso ao pechacandelas, o Relámpago, con idéntico resultado. Ao descanso os de Ibán González xa gañaban tamén por 5 goles.

O Páramo empatou co Santa Comba. Foron os de Lugo os que se adiantaron no marcador aos 5 minutos por medio de Sergio e mantiveron a vantaxe até que faltando 5 para o final igualaba Daniel para o Páramo. 

No grupo norte esta última xornada de Liga tivo menos emoción, xa que os ascensos estaban xa decididos en favor do Vilalbés B e o Mondoñedo, que se enfrontaron entre si nesta derradeira xornada, con vitoria para os chairegos. 

O play off disputarano o Rioaveso, o Nuevo Nausti, o Friol B e o Abadín. Ás portas quedou o Celeiro, que descansou neste último partido da competición. 

O Rioaveso e o Friol B enfrontáronse entre si na Reigosa con derrota do equipo chairego. Mentras, o Nuevo Nausti gañou ao Catro Roldas con goles de Alberto, Cristian e Juan Esteban  e o Abadín empatou co Cazás.  

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

ABADÍN 2 - 2 CAZÁS

Abadín CF: Manuel, Pablo, Ángel, Álex, Iván, Pedro, Alberto, Noé, Vicente, Pablo Díaz e Iván Seco. Tamén xogaron Miguel e Iago.  
SD Cazás: Fernando, Hugo, Ángel, Iván, José, Efrén, Alejandro, Yago, Héctor, Roberto e Pablo. Tamén xogaron Sergio, José Luis e David.  
Goles: Álex (2) para os locais e Héctor (2) para os visitantes.  

MONDOÑEDO 1 - 2 VILALBÉS B

Mondoñedo Ciudad: Alberto, Fabián, Diego, Juan, Jacobo, Javier, Diego Rivas, Antonio, Rubén, Ibán e David. Tamén xogaron Manuel, Diego Romay, Ignacio e Raúl.  
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Carlos, Daniel, David, Carlos Fole, Anxo, Diego, Gabriel, Samuel, Aitor e Roberto. Tamén xogaron Reda, Brais e Antonio.  
Goles: Jacobo para os locais e Gabriel e Samuel para os visitantes.  

   FRIOL B 4 - 0 RIOAVESO

Friol CF B: Alejo, Adrián, Alejandro, Pablo, Rubén, Roberto, Marcos, Rubén Varela, Adrián García, José M e Juan David. Tamén xogaron Michael, Adrián Sánchez, Samuel, Óscar e Unai.  
Rioaveso Machinango SD: Guillermo, Mario, Mohamed, Alejandro, José Manuel, Carlos, José, Fran, Eddy, Álex e Adrián. Tamén xogaron Adrián Martín e Javier.  
Goles: Rubén, Adrián, José M e Samuel.  

MATELA 3 - 0 COMERCIAL B

AD Matela: Jesús, José Manuel, Pedro, Óscar, Alejandro, Santiago, Miguel, Pedro, Bruno, Nicolás e José Antonio. Tamén xogaron Santiago, Michael, Ignacio e Juan Carlos.  
SG Comercial B: Adrián, Alberto, Miguel, Martín, Alejandro, Borja, Manuel, Edixon, Antonio, Miguel Ángel e David. Tamén xogou José Carlos.  
Goles: Óscar, Pedro e Santiago polo Matela.  

CATRO ROLDAS 1 - 4 NUEVO NAUSTI

AD Catro Roldas: Víctor, Rubén, Miguel A, Ramiro, Orosa, Samuel, Cobas, Mohamed, Roberto, Miguel Paz e Carballido. Tamén xogaron Luis, Abdelkarim, Esteban e Adil.  
SD Nuevo Nausti: Manuel, Marcos, Alberto, Kevin, Juan, Pereira, Sanfiz, Brayan, Héctor, Miguel Ángel e Brais. Tamén xogaron Jairo, Carlos, Iago e Rubén.  
Goles: Samuel para os locais e Alberto, Cristian (2) e Juan Esteban para os visitantes. 

 

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 22

Abadín 2-2 Cazás
Mondoñedo 1-2 Vilalbés B
Friol B 4-0 Rioaveso
Matela 3-0 Comercial B
Catro Roldas 1-4 Nuevo Nausti
  D Celeiro

 

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

O PÁRAMO 1 - 1 SANTA COMBA

SD O Páramo: Marcos, Sergio, Iván, Miguel, Juan, José, Jónatan, Diego, Daniel, Antonio e Álvaro. Tamén xogaron Raúl e Ricardo.  
SCD Santa Comba: Javier, Juan, Leandro, David, Brais, Antonio, Asier, Diego, Marcos, Sergio e Rodrigo. Tamén xogaron Roberto, Alejandro e Raúl.  
Goles: Daniel para os locais e Sergio para os visitantes.  

QUIROGA 3 - 3 RUBIÁN

Quiroga FC: Marcos, Juan Luis, Brian, Luis Manuel, Adrián Losada, Manuel, Adrián Álvarez, Javier, José, Iván e Sergio. Tamén xogaron Álex Mondelo, Álex García e Miguel.  
SD Rubián: David, Luis, Lucas, Daniel, Javier, Francisco, Antonio, Víctor, Iván, Manuel e Diego. Tamén xogaron José Manuel, Daniel e Javier.  
Goles: Quiroga: Sergio, José Manuel (en propia) e Adrián. Rubián:  Víctor (2) e David.

O INCIO 7 - 0 TABOADA B   

O Incio Terra Brava CF: Emilio, Rodolfo, Marcos Vila, Pedro, Manuel, Eduardo, Roi, Marcos Pombo, Daniel, Iván e Óscar. Tamén xogaron David, Ismael e Abel.   
Taboada CF B: Ivo, Steven, Adrián Ledo, Antón, David, Pablo, Jónathan, Alexandre,  Adrián Varela, Xavier e Adrián López. Tamén xogaron Francisco, Elías, Carlos e José Manuel.  
Goles: Óscar, Marcos Pombo, Marcos Vila, Roi (2) e Manuel (2) para o Incio.  

RELÁMPAGO 0 - 7 SOBER

Relámpago Taboada: Iván, Cristian, Isaac, David Moure, Luis, Iván, Pablo, David Expósito, Manuel, Rubén e Víctor. Tamén xogou Chejluaji.   
CD Sober: Diego, José Manuel, Fernández, Breogán, Iván, Jorge, Martín, Jacob, Piñeiro, Brais e Iván J. Tamén xogaron Janoisi, Wellington, Varela, Javier e Iván González. 
Goles: Brais, Martín (4), Jorge e José Manuel para o Sober.  

PALAS 4 - 0 CASTROVERDE

Palas CD: Yónatan, Marcos, Julio, Martín Iglesias, Julián, Samuel, Manuel, Álvaro, Brais, Adrián e Martín Portomeñe. Tamén xogaron Adrián Viña, Óscar, Lucas, Noel e Samuel.  
SD Castroverde: Sergio, Daniel, Adrián, Pablo, Jacobo, Borja, Ángel, Samuel, Pablo, Richard e Enrique. Tamén xogaron Marcos, Xabier e Ángel.  
Goles: Julián, Adrián, Martín e Álvaro.  

BÓVEDA 2 - 3 MONTERROSO B  

AD Bóveda: José Manuel, Ismael, Juander Fernando, Diego, Raúl, Manuel, Sow, Luis e Carlos. 
SD Monterroso B: Alexis, Marcos, José Antonio, Manuel, Saúl, Omar, Alejandro, Ignacio, Brandán e Rubén.  
Goles: Carlos e Luis para os locais e Marcos, Ignacio e Manuel para o Monterroso B.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia. 
Campo: Hermanos Somoza.   
 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR    

Resultados xornada 22

O Páramo 1-1 Santa Comba
Quiroga 3-3 Rubián
O Incio 7-0 Taboada B
Relámpago 0-7 Sober
Palas 4-0 Castroverde
Bóveda 2-3 Monterroso B