O Páramo derrota ao Quiroga

O Palas, que goleou ao Taboada B (8-0), pasa a ser o novo líder do grupo sur e a vitoria no derbi local de Vilalba foi para o Rioaveso

Cambio de líder no grupo sur de Terceira trala derrota nesta xornada do Quiroga na casa ante o Páramo, cun único tanto de Antonio na segunda metade. 

O Palas goleou o Taboada B cun contundente 8-0 e pasa a encabezar a clasificación. Álvaro foi o protagonista da primeira parte, anotando dous dos catro goles dos locais. Na segunda, destacou Rodrigo, con tres tantos. Brais, o porteiro visitante, foi expulsado a falta de 10 minutos para o final ao ver o cartón vermello directo.   

Tamén venceu con moita comodidade o Rubián, terceiro clasificado, ao outro equipo de Taboada, o Relámpago, que pecha a táboa. Víctor foi o xogador destacado do encontro, con tres tantos. 

No grupo norte segue o dominio absoluto do Vilalbés B na clasificación. Esta fin de semana o equipo de Iván Lamas venceu ao pechacancelas, o Matela, que aínda non puntuou nas 13 xornadas que van disputadas. E iso que no partido xogado este sábado o equipo que adestra Martín Real tomou vantaxe no marcador nada máis comezar a rodar o balón en San Lourenzo de Aguiar grazas a un gol de Francisco. Os locais mantivéronse por diante até á segunda metade, cando Diego, á volta dos vestiarios tralo descanso, igualaba o choque. A partir dese momento, o encontro foi de claro dominio visitante e os dous goles marcados por Gabriel Blanco, o primeiro deles de penalti, acabaron por desequilibrar o partido en favor dos de Vilalba.

En canto aos outros equipos da capital da Terra Chá, o Nuevo Nausti descansou, mentres que o Catro Roldas e o Rioaveso enfrontáronse no campo da Canteira. A vitoria no derbi local foi para os visitantes grazas a dous goles de Eddy na segunda metade.  

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

CELEIRO 2 - 0 COMERCIAL B

Celeiro Club del Mar: Álvaro, Bruno, Diego, David Escourido, Abraham, Borja, Brais, El Mahdi, David Balsa, Daniel e Iván. Tamén xogaron Adrián, Alexandre e Íñigo. 
SG Comercial B:  Jesús, Alejandro, Alberto, Jorge, Andrés, Borja, Manuel, Edixon, Ángel, José Carlos e Cristian. Tamén xogaron Martín, Diego, Miguel e Adrián. 
Goles:  Daniel e Borja (de penalti) para os locais. 

CATRO ROLDAS 0 - 2 RIOAVESO

AD Catro Roldas: Víctor, Rubén, Esteban, Miguel A, David Orosa, Samuel, David Cobas, Mohamed, Roberto, Abdelkarim e Miguel. Tamén xogaron José, Luis, Ramiro, Yassin e Adil.  
Rioaveso Machinango SD: Guillermo, David, Mario, Esteban, José Manuel, Carlos, José, Javier, Xurxo, Eddy e Álex. Tamén xogaron Alejandro, Iago e Adrián.  
Goles: Eddy (2) para os visitantes.  

 MATELA 1 - 4 VILALBÉS B

AD Matela: Jesús, José Manuel, Pedro, Óscar, Manuel, Diego, Francisco, Carballido, Alejandro, Nicolás e José Antonio. Tamén xogaron Domínguez, Michael, Javier, Rouco e Carlos.  
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Carlos, Daniel, Miguel Fraga, Miguel Rego, Reda, Diego, Blanco, Samuel, García, e Roberto. Tamén xogaron Álex, Antonio e Aitor.  
Goles: Francisco para os locais e Diego, Gabriel Blanco (2) e Aitor para os visitantes.  

FRIOL B 4 - 1 CAZÁS

Friol CF B:  Fernando, Juan David, Penas, Pablo,  Arias, Roberto, Marcos, Jesús, Samuel, José M e Michael. Tamén xogaron Alejandro, Piñeiro, Dorado, Fraga e Marqués.
SD Cazás:  Fernando, Ángel, Iván, José, Efrén, Yago, Héctor, Juan, Bruno, Pablo e Alejandro. Tamén xogaron Roberto, Sergio, Adrián, Hugo e Campello. 
Goles: Samuel (2), Piñeiro e Fraga para os locais e Efrén para os visitantes.  

MONDOÑEDO 2 - 0 ABADÍN

Mondoñedo Ciudad:  Adrián, Christian, Diego García, Jacobo, Javier, Manuel, Diego Romay, Ignacio, Rubén, Ibán e David. Tamén xogaron Antonio, Alejandro, Adrián e Diego Rivas. 
Abadín CF:  Manuel, Daniel, Ángel, Miguel, Álex, Óscar, Pedro, David, Noé, Vicente e Pablo. Tamén xogaron Alberto, Miguel, Iago e Pablo. 
Goles: Jacobo (2) para os locais.    

 

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 13

Celeiro 2-0 Comercial B
Catro Roldas 0-2 Rioaveso
Matela 1-4 Vilalbés B
Friol B 4-1 Cazás
Mondoñedo 2-0 Abadín
  D Nuevo Nausti

Próxima xornada

Comercial B - Nuevo Nausti
Rioaveso - Celeiro
Vilalbés B - Catro Roldas
Cazás - Matela
Abadín - Friol B
  D Mondoñedo

 

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

BÓVEDA 3 - 1 CASTROVERDE

AD Bóveda:  José Manuel, Ludwig, Héctor, Juander, Diego, Ángel, Manuel, Sow, Fernando, Nahum e Ángel Borges. Tamén xogaron Mikel e Raúl. 
SD Castroverde:
 Eduard, Daniel Novo, Pablo, Jacobo, Xabier, Daniel Liz, Rafael, Luis, Richard, Enrique e Bruno. Adrián Eiras, Marcos e Manuel.  
Goles: Nahum, Sow e Ángel (de penalti) para os locais e Richard para os visitantes.  

SOBER 2 - 1 MONTERROSO B

CD Sober: Ismael, Mauro, David, Breogán, Iván García, Jorge, Martín, González, David Piñeiro, Juan Pablo e Sergio. Tamén xogaron Mendes, Javier, Wellington e José Antonio.  
SD Monterroso B: Alexis, Xesús, Marcos, Marco, Daniel, Omar, Brandán, Emilio, Rubén, Carlos e Sergio. Alejandro, Antonio e Manuel.  
Goles: Breogán (2) para os locais e Alejandro para os visitantes.   

PALAS 8 - 0 TABOADA B

Palas CD: Yónatan, Adrián, Marcos, Julio, Martín Iglesias, Míguez, Barreiro, Brais, Manuel, Noel e Portomeñe. Tamén xogaron Adrián, Samuel, Rodrigo, Manuel e Julián.  
Taboada CF B: Brais, Adrián, Antón, David, Novoa, Michel, Jónathan, Alexandre, Andrés, Artai e José. Tamén xogaron José Manuel, Xavier, Pablo e Adrián Varela.  
Goles:  Álvaro (2), Adrián Viña, Martín Iglesias, Rodrigo (3) e Adrián Martínez.  

RELÁMPAGO 0 - 6 RUBIÁN

Relámpago Taboada: Iván, Cristian, Domingo, Isaac, Moure, Argiz, Brandon, Hugo, Rubén, Raúl e Braian. Tamén xogaron Miguel, Expósito, Víctor e Christian Miras. 
CD Rubián:  David, Francisco José, Miguel Ángel, Daniel, Antonio, Alejandro, Víctor, Iván, Ángel, Daniel e Javier. Tamén xogaron Luis, Alejandro, Manuel e Javier Rodríguez. 
Goles: David, Víctor (3) e Iván Vilar (2) para os visitantes.  

O INCIO 3 - 1 SANTA COMBA

O Incio Terra Brava CF:  Emilio, David, Raúl, Saúl, Manuel, Eduardo, Rodolfo, Marcos, Daniel, Óscar e Ignacio. Tamén xogaron Javier, Ismael, Darwin e Abel. 
SCD Santa Comba:  Javier, Rodrigo, Juan, Leandro, Brais, Antonio, Sergio, Diego, Marcos, Jorge  Armando e Jaime. Tamén xogaron David, Jesús María e Hugo. 
Goles: Javier, Leandro (en propia) e Saúl para os locais e Jorge para os visitantes.   

QUIROGA 0 - 1 O PÁRAMO

Quiroga FC:  Marcos, Brian, Álex, Manuel Alba, Adrián Losada, Marcos, Javier, Manuel López, José, Iván e Sergio. Tamén xogaron Adrián Álvarez, Alejandro, Miguel, Andrés e Álex García. 
SD O Páramo: Marcos, Iván, Miguel, Manuel, Juan, Jónatan, Hugo Gallego, Carlos, Daniel, Hugo Fontal e Antonio. Tamén xogaron Raúl, Sergio, José e Borja.  
Goles:  Antonio para os visitantes.   
 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR    

Resultados xornada 13

Bóveda 3-1 Castroverde
Sober 2-1 Monterroso B
Palas 8-0 Taboada B
Relámpago 0-6 Rubián
O Incio 3-1 Santa Comba
Quiroga 0-1 O Páramo

Próxima xornada

Sober - Castroverde
Taboada B - Monterroso B
Rubián - Palas
Santa Comba - Relámpago
O Páramo - O Incio
Quiroga - Bóveda