Descanso nunha categoría á que lle quedan dúas xornadas para rematar a primeira volta

Lideran polo momento Vilalbés B, que non perdeu aínda, no norte, e Rubián no sur, este cun único punto de vantaxe
3ºA_Rubian-Boveda_Noe-8
photo_camera 3ºA_Rubian-Boveda_Noe-8

A Terceira tivo xornada de descanso esta fin de semana xa que ten que poñerse á par da Segunda e Primeira e ao ter menos equipos por grupo, ten que facer máis descansos durante á tempada. Retomarán o curso na súa dinámica a próxima fin de semana para xogar dúas sesións antes da pausa de Nadal, con case un mes de parón.

No grupo norte lidera comodamente o Vilalbés B, equipo de recente formación, que aínda non coñece a derrota. O Catro Roldas é o outro equipo clasificado a día de hoxe para a promoción. No grupo de abaixo de play off están polo momento Abadín, Mondoñedo, Rioaveso e Cazás.

Menos claras están as cousas no sur, onde o Rubián é o líder provisional un punto sobre o segundo, o Quiroga, e sobre o terceiro, o Palas, que ten os mesmos puntos.

Por debaixo están O Incio, Castroverde e Santa Comba, os dous primeiros empatados tamén na táboa. 

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE
Próxima xornada
Abadín - Vilalbés B
Mondoñedo - Rioaveso
Friol B - Comercial B
Matela - Nuevo Nausti
Catro Roldas - Celeiro
  D Cazás

 

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR    

Próxima xornada

Bóveda - Santa Comba
O Páramo - Rubián
Quiroga - Taboada B
O Incio - Sober
Relámpago - Castroverde
Palas - Monterroso B