Ampla marxe do Vilalbés B, líder do grupo norte, que avantaxa en 5 puntos ao Catro Roldas

A vindeira fin de semana non hai partidos en Terceira ​debido á ponte da Constitución

O Vilalbés B consolida as súas claras aspiracións de ascenso de categoría. O líder do grupo norte avantaxa xa en 5 puntos ao segundo clasificado, o Catro Roldas, ao que lle tocou descansar nesta xornada. O conxunto que adestra Iván Lamas gañou con facilidade ao Cazás. Gabriel, autor de tres tantos, desequilibrou o choque.  

Terceiro na táboa é o Abadín, que esta fin de semana gañou pola mínima en Paraños ao Rioaveso, que perde posicións. Un gol madrugador de Óscar Gayoso, no minuto 5 de partido, deu os tres puntos ao equipo visitante.  

O Mondoñedo, que comezou moi ben a liga, non foi quen de pasar do empate na súa visita ao campo da Comercial B. Os da Mariña levan xa 4 partidos sen gañar, nos que lograron só 2 dos 12 puntos posibles. 

No grupo sur a competición está moito máis aberta, con tres equipos na disputa polo liderado: o Rubián, o Quiroga e o Palas. Ningún dos tres fallou nesta xornada, polo que o Rubián conserva unha semana máis o primeiro posto pero cun só punto de vantaxe sobre os seus rivais. O equipo que adestra Senén López gañou pola mínima ao Santa Comba no Poste grazas a un único tanto marcado por Víctor Pérez no treito final da primeira metade. 

Tamén pola mínima gañou o Quiroga ao Sober. O partido, disputado no campo das Centeas, chegou con empate a uns ao descanso. Na segunda metade, a falta de 5 minutos para o remate do encontro, Sergio David desfacía a igualdade e daba os tres puntos os visitantes.  

Pola súa banda, o Palas venceu a domicilio ao Bóveda no Hermanos Somoza grazas aos goles de Álvaro e Ángel na segunda metade.  . 

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

VILALBÉS B 5 - 1 CAZÁS

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Álex, Daniel, Miguel, Anxo, Diego, Anido, Corral, Gabriel, Samuel e Roberto. Tamén xogaron Diego, Jamal e David.  
SD Cazás: Fernando, Ángel, Iván, José, Efrén, Bruno, Yago, Alejandro, Ismael, Juan e Pablo. Tamén xogaron Hugo, Roberto, Ángel Campello, Adrián e David.  
Goles: Gabriel (3), Roberto e Álex para os locais e Iván para os visitantes.  

RIOAVESO 0 - 1 ABADÍN

Rioaveso Machinango SD: Guillermo, David, Mario, Esteban, Mohamed, Alejandro, Carlos, José, Javier, Fran e Álex. Tamén xogaron José Manuel, Raúl e Francisco.  
Abadín CF:
Cristian, Rubén, Daniel, Ángel, Miguel, Óscar, Iván, Pedro, Noé, Vicente e Pablo Díaz. Tamén xogaron Seco, Álex, Miguel e Pablo Varela.  
Goles:
Óscar Gayoso para o Abadín. 
Árbitro:
Mario Cordido García.

 COMERCIAL B 1 - 1 MONDOÑEDO 

SG Comercial B: Jesús, Alberto, Christian, Ian, Antonio, Manuel, Edixon, Álvaro, Javier, Cristian e David. Tamén xogaron Diego, José Carlos, Jorge e Martín.  
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, Rubén, Bruno, Miguel Ángel, Juan, David, Javier, Denís, Manuel e Diego. Tamén xogaron Adrián, Jacobo, Alejandro, Miguel e Ignacio. 
Goles:  
Javier (de penalti) para os locais e Manuel para os visitantes. 

NUEVO NAUSTI 5 - 1 FRIOL B

SD Nuevo Nausti: Veiga, Prieto, Rubén, Alberto, Carlos, Juan Esteban, Pereira, Sanfiz, Brayan, Miguel Ángel e Abelleira, Tamén xogaron Jairo, Adrián, Carlos e Barreiro. 
Friol CF B: Alejo, Juan David, Alejandro, Pablo, Penas, Roberto, Marcos, Rubén, Jesús, José M e Piñeiro. Tamén xogaron Fraga, Michael, Arias, Unai e Rubén. 
Goles: Juan Esteban (2), Alberto e Cristian (2) para os locais e Pablo para os visitantes.  

CELEIRO 3 - 1 MATELA 

Celeiro Club del Mar: Álvaro, Bruno, Diego, Escourido, Borja, Brais, El Mahdi, Balsa, Daniel, Adrián e Francisco. Tamén xogaron Marco, Iván, Javier e Alexandre. 
AD Matela: Ignacio, Carlos Raúl, Pedro, Manuel, Diego, Michael, Jónathan, Santiago Rouco, Santiago Carballido, José Antonio e Javier. Tamén xogou Juan Carlos.  
Goles: Adrián, Daniel (de penalti) e Borja para os locais e Carballido para os visitantes.  

 

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 9

Vilalbés B 5-1 Cazás
Rioaveso 0-1 Abadín
Comercial B 1-1 Mondoñedo
Nuevo Nausti 5-1 Friol B
Celeiro 3-1 Matela
  D Catro Roldas

Próxima xornada

Abadín - Vilalbés B
Mondoñedo - Rioaveso
Friol B - Comercial B
Matela - Nuevo Nausti
Catro Roldas - Celeiro
  D Cazás

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

RUBIÁN 1 - 0 SANTA COMBA 

SD Rubián: David, Miguel Ángel, Diego, Luis, Daniel, Javier, Lucas, Víctor, Manuel, Iván e Antonio Manuel. Tamén xogaron Ángel, José Manuel, Alejandro, Javier e Daniel.  
SCD Santa Comba: Javier, Rodrigo, Juan, Miguel Ángel, Leandro, Antonio, Asier, Édgar, Marcos, Diego e Jaime. Tamén xogaron Sergio, David e Stalin.  
Goles:
Víctor Pérez para o Rubián.  
Árbitro:
Brais Piñeiro Lozano.

TABOADA B 0 - 3 O PÁRAMO

Taboada CF B:  Adrián, José, Antonio, Antón, David, Artai, Jónathan, Alexandre, Sergio, Xavier e Andrés. Tamén xogaron Iván, Michel, Brahim, Rubén e Brais. 
SD O Páramo: Bernardo, Iván, Manuel, Jónatan, Gallego, Édgar, Daniel, Fontal, Antonio, Bruno e Álvaro. Tamén xogaron Carlos, José e Javier. 
Goles: Iván, Antonio e Bruno para O Páramo.  

SOBER 1 - 2 QUIROGA

CD Sober: Diego, David, Brais, Breogán, Iván, Jorge, Martín, Jacob, David Piñeiro, Iván J e Sergio. Tamén xogaron Luaces, Janoisi e Javier.  
Quiroga FC: Marcos, David, Álex, Manuel Alba, Brian, Marcos Fradejas, Adrián, Manuel López, José, Iván e Sergio David. Tamén xogaron Arza e Javier Coba. 
Goles: Jacob para os locais e Adrián e Sergio David para os visitantes.  

CASTROVERDE 0 - 0 O INCIO

SD Castroverde: Eduard, Daniel, Adrián, Pablo, Jacobo, Xabier, Samuel, Rafael, Pablo, Richard e Carlos. Tamén xogaron Luis, David, Enrique, Borja e Daniel.  
O Incio Terra Brava: Emilio, Rodolfo, Raúl, Saúl, Pedro, Samuel, Ignacio, Darwin, Eduardo, Marcos Pombo e Marcos Vila.  Tamén xogaron Óscar e David. 
Árbitro: Óscar Lobato Ramudo. 
Campo:
Veiga do Olmo.  

MONTERROSO B 5 - 0 RELÁMPAGO

SD Monterroso B: Aléxis, Sergio, Manuel, Saúl, Yónatan, Raúl, Daniel, Omar, Alejandro, Brandán e Rubén. Tamén xogaron Carlos, Antonio, Martín, Marco e Sergio.  
Relámpago Taboada: Iván, Álex, Rubén, Moure, Luis, Iván, Expósito, Hugo, Rubén, Braian e Víctor.  Tamén xogaron Manuel, Pablo, Marcos e Christian. 
Goles: Manuel, Omar (2) e Jónatan (2) para os locais.  

BÓVEDA 0 - 2 PALAS

AD Bóveda: José Manuel, Ángel Abraham, Juander, Ángel, Mikel, Fernando, Diego, Manuel, Sow, Nahum e Johan. Tamén xogou Raúl.  
Palas CD: Joel, Adrián, Marcos, Julio, Martín, Lucas, Samuel, Adrián, Álvaro, Brais e Martín Portomeñe. Tamén xogaron Julián, Rodrigo, Samuel, Ángel e Manuel. 
Goles: Álvaro e Ángel para o Palas. 
Árbitro: Fernando Fernández López.    

 

 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR    

Resultados xornada 9

Rubián 1-0 Santa Comba
Taboada B 0-3 O Páramo
Sober 1-2 Quiroga
Castroverde 0-0 O Incio
Monterroso B 5-0 Relámpago
Bóveda 0-2 Palas

Próxima xornada

Bóveda - Santa Comba
O Páramo - Rubián
Quiroga - Taboada B
O Incio - Sober
Relámpago - Castroverde
Palas - Monterroso B