O Quiroga vence ao Castroverde e o Catro Roldas achégase na táboa ao Vilalbés B, que descansou

O Santa Comba acabou con 10 o partido co Taboada B

A falta de tres xornadas para o remate da primeira volta, o grupo norte de Terceira segue liderado polo Vilalbés B, que descansou nesta xornada, con dous puntos de vantaxe sobre o Catro Rodas, mentres que no grupo sur encabeza a táboa o Rubián, cun só punto de distancia con respecto a grupo de 4 equipos perseguidores (Quiroga, O Incio, Palas e Castroverde) empatados a puntos.  

No grupo norte o Catro Roldas afiánzase en postos de ascenso directo como segundo clasificado, a 2 puntos do líder, o Vilalbés B. O equipo que adestra David Lorenzo gañou a domicilio ao Matela, que  acabou o partido con 9 xogadores, polas expulsións por dobre cartón amarelo de Francisco, no minuto 74, e de Óscar Veiga, no 88. Dous goles de Samuel Orosa na primeira metade encarrilaron o choque. 

No grupo sur, o empate do Rubián fronte ao Bóveda na casa permite reducir distancias na cabeza da clasificación. Víctor adiantou ao equipo que adestra Senén López ao cuarto de hora, pero na segunda metade Sow igualou o choque para os de Ismael Sánchez. 

Segundo é o Quiroga, que gañou ao Castroverde, un rival directo. Ningún dos dous equipos foi quen de anotar na primeira metade, polo que o marcador non se moveu do 0-0 inicial ao descanso. No ecuador da segunda metade José adiantaba aos locais e xa no tempo engadido, cando os visitantes buscaban o empate, David Alba sentenciaba o partido para o conxunto que adestra Raúl Carballedo. 

O Incio non pasou do empate (2-2) co Monterroso B, mentres que o Santa Comba, que venceu ao Taboada B, pecha o grupo de promoción de ascenso. 

Grupo Norte 

Consulta a clasificación aquí

CAZÁS 0 - 3 RIOAVESO 

SD Cazás:  Fernando, Hugo, Ángel, Iván, José, Yago, Alejandro, Sergio, Juan, Adrián e Pablo. Tamén xogaron Ismael, José Luis, David e Ángel. 
Rioaveso Machinango SD: Javier, David, Mario, Esteban, Mohamed, Alejandro, Carlos, José, Eddy, Álex e Adrián. Tamén xogaron Fran, José Manuel, Raúl e Francisco.  
Goles:  Alejandro, José E Fran para o Rioaveso. 

ABADÍN 3 - 0 COMERCIAL B 

Abadín CF: Manuel, Daniel, Óscar, Pedro, Miguel, David, Alberto, Noé, Vicente, Pablo e Iván. Tamén xogaron Jesús Ignacio, Ángel, Álex, Miguel e Iago.  
SG Comercial B:
Adrián, Christian, Jorge, Borja, Antonio, Manuel, Edixon, Álvaro, Javier, José Carlos e Cristian. Tamén xogaron Martín, Alberto, Andrés, David e Miguel.  
Goles: Óscar, Iván Seco e Jesús Ignacio para o Abadín.  

NUEVO NAUSTI 4 - 4 MONDOÑEDO 

SD Nuevo Nausti:  Veiga, Prieto, Rubén, Jairo, Alberto, Juan Esteban, Pereira, Carlos, Sanfiz, Brayan e Adrián. Tamén xogaron Iago e Alberto.
Mondoñedo Ciudad: Alberto, Christian, Diego, Bruno, Miguel Ángel, Juan, David, Javier, Denís, Manuel e Romay. Tamén xogaron Antonio, Jacobo e Ibán.  
Goles:  Brayan, Juan Esteban (2) e Cristian Pereira para os locais e Miguel Ángel, Manuel, Javier e David para os visitantes. 

FRIOL B 1 - 3 CELEIRO

Friol CF B: Fernando, Juan David, Sánchez, Dorado, Jorge, Roberto, Marcos, Varela, García, José M e Michael. Tamén xogaron Arias, Jesús, Piñeiro e Alejandro. 
Celeiro Club del Mar: Álvaro, Ramil, Diego, Andrés, Bermúdez, Borja, Brais, El Mahdi, David, Daniel e Adrián. Tamén xogaron Marco, Francisco, Alexandre, Escourido e Alejandro.  
Goles:
Varela para o Friol B e Dorado (en propia), Borja e Bruno para o Celeiro.  

MATELA 1 - 4 CATRO ROLDAS

AD Matela: Ignacio, Pedro Domínguez, Pedro Rodríguez, Óscar, Michael, Jónathan, Francisco, Santiago, Alejandro, José Antonio e Javier. Tamén xogaron Diego e Juan Carlos. 
AD Catro Roldas: Esteban, Rubén, Miguel A, David, Samuel, Mohamed, Santiago, José, Abdelkarim, Miguel e Marcos. Tamén xogaron Miguel, Yassin, Luis, Jesús e Adil.  
Goles: Michael para os locais e  Samuel (2), Mohamed e Miguel para os visitantes. 

 

TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 8

Cazás 0-3 Rioaveso
Abadín 3-0 Comercial B
Nuevo Nausti 4-4 Mondoñedo
Friol B 1-3 Celeiro
Matela 1-4 Catro Roldas
  D Vilalbés B

 Próxima xornada

Vilalbés B - Cazás
Rioaveso - Abadín
Comercial B - Mondoñedo
Nuevo Nausti - Friol B
Celeiro - Matela
  D Catro Roldas

Grupo Sur

Consulta a clasificación aquí

RUBIÁN 1 - 1 BÓVEDA

SD Rubián: David, Luis, Ángel, Daniel, Antonio Manuel, Ángel Rodríguez, Gerardo, Javier, Iván, Víctor e Daniel López. Tamén xogaron Diego, José, Javier, Lucas e Alejandro.  
AD Bóveda: José Manuel, Ángel, Juander, Borges, Mikel, Fernando, Carlos, Diego, Manuel, Sow e Nahum. Tamén xogou Raúl Pasín.  
Goles: Víctor para os locais e Sow para os visitantes.  

SANTA COMBA 3 - 1 TABOADA B

SCD Santa Comba:  Javier, Rodrigo, Juan, Brais, Leandro, Miguel, Édgar, Diego, Jorge, Jaime e Sergio. Tamén xogaron Roberto, Asier, Stalin e David. 
Taboada CF B: Adrián, Steven, Antonio, Antón, David, Artai, Andrés, Alexandre, Jonathan, Xavier e José. Tamén xogaron Sergio, Brahim, Pablo e Adrián. 
Goles: Leandro, Jaime e Rodrigo para os locais e José para os visitantes.  

O PÁRAMO 2 - 0 SOBER

SD O Páramo:  Bernardo, Sergio, Iván, Manuel, Jónatan, Hugo, Édgar, Daniel, Fontal, Antonio e Bruno. Tamén xogaron Richard, Javier, Carlos e Álvaro. 
CD Sober: Iván, José Manuel, Javier, David, Mauro, Iván, Wellington, Jorge, Jacob, Brais e Sergio. Tamén xogaron Breogán, David, Iván J e Janoisi. 
Goles:
Antonio e Bruno para os locais. 
Árbitro:  Emiliano Fabián Lameiro.  

QUIROGA 2 - 0 CASTROVERDE

Quiroga FC: Marcos Rodríguez, Brian, Álex, Manuel Alba, Adrián González, Marcos Fradejas, Adrián Álvarez, Manuel López, José, Iván e Sergio David. Tamén xogaron Javier, Manuel Arza, Álex e David Alba.  
SD Castroverde: Eduard, Daniel, Pablo, Daniel Novo, Xabier, Samuel, Borja, Pablo, Richard, Enrique e Adrián. Tamén xogaron Rafael, Carlos, Jacobo, Marcos e Bruno.  
Goles: José e David para o Quiroga. 

O INCIO 2 - 2 MONTERROSO B

O Incio Terra Brava CF:  Emilio, Rodolfo, Raúl, Saúl, Pedro, Eduardo, Darwin, Ignacio, Óscar, Marcos Vila e Marcos Pombo. Tamén xogaron Roi, David e Ismael. 
SD Monterroso B: Sergio, Xesús, Manuel, Saúl, Yónatan, Daniel, Omar, Alejandro, Brandán, Rubén e Carlos. Tamén xogaron Coto, Vilar e José Antonio. 
Goles:  Pedro e Darwin para os locais e Yónatan (2) para os visitantes. 

RELÁMPAGO 1 - 5 PALAS

Relámpago Taboada: Iván, Cristian, David Moure, Luis, André, Expósito, Hugo, Rubén, Raúl, Braian e Víctor. Tamén xogaron Pablo, Chejluaji e Christian
Palas CD:
Nicolás, Viña, Julio, Manuel, Martín, Ángel, Javier, Varela, Vázquez, Noel e Martín. Tamén xogaron Brais, Álvaro, Adrián, Lucas e Marcos.  
Goles:
David Expósito para os locais e Javier, Samuel, Viña (2) e Martín para os visitantes.    

 

 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR
    

Resultados xornada 8

Rubián 1-1 Bóveda
Santa Comba 3-1 Taboada B
O Páramo 2-0 Sober
Quiroga 2-0 Castroverde
O Incio 2-2 Monterroso B
Relámpago 1-5 Palas

Próxima xornada

Rubián - Santa Comba
Taboada B - O Páramo
Sober - Quiroga
Castroverde - O Incio
Monterroso B - Relámpago
Bóveda - Palas