O Mondoñedo gaña o Torneo Delegación

Impúxose na final ao Quiroga logo dunha disputada tanda de penaltis

A final do Torneo Delegación deparou un partido emocionante que se resolveu nunha alongada tanda de penaltis.

O encontro, disputado o sábado no Viñas da Veiga de Mondoñedo, tivo unha parte para cada equipo. A primeira foi para os locais, que se adiantaron no marcador moi cedo, no minuto 4, por medio de Javier, que sería tamén o autor do 2-0 no 25. Con ese resultado chegábase ao descanso e na reanudación chegaría a remontada do Quiroga, que reducía distancias por medio de Brian e empataba a falta dun cuarto de hora para o remate do tempo regulamentario por medio de Sergio David.

No desempate a penaltis, os dous conxuntos estiveron moi atinados, polo que foi necesario lanzar até 11 veces por cada equipo. O fallo de Miguel daba a vitoria ao Mondoñedo, que chegara á final despois de golear ao Celeiro (5-0), mentres que o Quiroga gañara 3-1 ao Castroverde na semifinal.

MONDOÑEDO 2 - 2 QUIROGA

Mondoñedo Ciudad: Alberto, Diego, Miguel Ángel, Juan, Jacobo, Javier, Manuel, Diego, Miguel, Rubén e David. Tamén xogaron Adrián, Diego Rivas, Alejandro e Raúl.
Quiroga FC: Marcos, Alba, Álex, Luis Manuel, Adrián González, Manuel López, Adrián Álvarez, Javier, Sergio David, Iván e Álex. Tamén xogaron Brian, Andrés, Miguel e David. 
Goles: Javier (2) para o Mondoñedo e Brian e Sergio David para o Quiroga. 

 

 TORNEO DELEGACION - FASE FINAL

Semifinais

Mondoñedo 5-0 Celeiro
Quiroga 3-1 Castroverde

Final (3/06)

Mondoñedo 2-2 Quiroga