O Palas faise co liderado en solitario no grupo sur de Terceira logo de vencer ao Santa Comba e aproveitar o tropezo do Quiroga, que empatou no campo do Incio, que segue terceiro logo da derrota do Rubián ante o Monterroso B.
O partido xogado nos Chacotes chegou ao descanso con empate a ceros pero na segunda metade o Palas impúxose ao Santa Comba con goles de Samuel e Álvaro. O equipo que adestra Brais Vázquez leva 5 vitorias consecutivas. A findeira fin de semana visita o campo do Páramo, antes de recibir na casa ao Quiroga, un partido que se antolla decisivo.
No campo municipal Carboeiro o Incio e o Quiroga repartiron os puntos nun encontro que chegou sen goles ao descanso. Óscar adiantaba aos locais no ecuador do segundo tempo. Na seguinte xogada o Quiroga quedaba cun menos, pola expulsión de Adrián González pero os visitantes non se deron por vencidos e lograban empatar o choque por medio de José a falta dun minuto para cumprirse o tempo regulamentario.
O equipo que adestra Julio Corral mantén a terceira praza na clasificación, xa que o Rubián perdeu co Monterroso B e acumula a súa segunda derrota consecutiva.
No grupo norte o liderado segue correspondendo ao Vilalbés B, que esta fin de semana empatou no campo do Celeiro pero conserva aínda unha ampla marxe de 10 puntos sobre os seus perseguidores. O partido, xogado no campo de Trasvías, de Galdo, tivo dúas partes diferenciadas: o primeiro tempo foi para os visitantes, que marcharon 0-2 ao descanso grazas aos goles de Gabriel Blanco e Samuel; na segunda metade dominaron os locais que empataron no tempo engadido por medio de Iván Silva..
Grupo Norte
NUEVO NAUSTI 1 - 4 RIOAVESO
Rioaveso Machinango SD: Guillermo, David, Mario, Esteban, Alejandro, José Manuel, Carlos, Adrián, Iago, Eddy e Álex. Tamén xogaron José, Mohamed, Adrián e Javier.
Goles: Juan Esteban para os locais e Alejandro, Iago, José Manuel e Eddy para o Rioaveso.
CELEIRO 2 - 2 VILALBÉS B
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Daniel, Miguel, Diego Ferreiro, Álex, Diego López, Gabriel Blanco, Samuel, Gabriel García, Aitor e Roberto. Tamén xogaron Sergio e Antonio.
Goles: Daniel e Iván Silva para os locais e Gabriel Blanco e Samuel para os visitantes.
CATRO ROLDAS 0 - 2 CAZÁS
SD Cazás: Fernando, Ángel, Iván, José, Bruno, Alejandro, Roberto, Juan, Ismael, Ángel e Pablo. Tamén xogaron Efrén, Hugo, José Luis, Sergio e Yago.
Goles: Iván Bellas e Alejandro Muñiz para os visitantes.
MATELA 3 - 3 ABADÍN
Abadín CF: Cristian, Rubén, Daniel, Ángel, Óscar, Iván Carracedo, Pedro, Miguel, David, Vicente e Iván Seco. Tamén xogaron Jacobo, Álex e Iago.
Goles: Matela: Alejandro, Francisco e Pedro; Abadín: Vicente, Seco e Miguel.
FRIOL B 1 - 4 MONDOÑEDO
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, Diego, Juan, Jacobo, Manuel, Diego, Ignacio, Antonio, Rubén e Ibán. Tamén xogaron Miguel, Adrián, Javier, Alejandro e Fabián.
Goles: Roberto para os locais e Ignacio, Jacobo, Antonio e Alejandro para os visitantes.
TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE |
---|
Nuevo Nausti | 1-4 | Rioaveso |
Celeiro | 2-2 | Vilalbés B |
Catro Roldas | 0-2 | Cazás |
Matela | 3-3 | Abadín |
Friol B | 1-4 | Mondoñedo |
D | Comercial B |
Próxima xornada
Rioaveso | - | Comercial B |
Vilalbés B | - | uevo Nausti |
Cazás | - | Celeiro |
Abadín | - | Catro Roldas |
Mondoñedo | - | Matela |
D | Friol B |
Grupo Sur
BÓVEDA 2 - 3 SOBER
CD Sober: Ismael, Brais, José Manuel, David, Mauro, Jorge, Martín, Iván, David, Juan Pablo e Sergio. Tamén xogaron Iván, Wellington, David Rodríguez e Janoisi.
Goles: Diego e Nahum para os locais e David, Juander (en propia)e Brais para o Sober.
CASTROVERDE 0 - 0 TABOADA B
Taboada CF B: Brais, Adrián, Antón, David, Brais R, Andrés, Jónathan, Alexandre, Sergio, Rubén e José. Tamén xogaron Adrián López, Adrián Varela e Pablo.
Árbitro: Fernando Fernández López.
Campo: Veiga do Olmo.
MONTERROSO B 2 - 1 RUBIÁN
SD Rubián: David, Francisco, Lucas, Miguel Ángel, José Manuel, Ángel, Gerardo, Víctor, Iván, Manuel e Antonio. Tamén xogaron Luis, García, Rodríguez, Daniel e Diego.
Goles: Alejandro e Manuel para os locais e Ángel para os visitantes.
PALAS 2 - 0 SANTA COMBA
SCD Santa Comba: Javier, Brais, Juan, David, Leandro, Antonio, Asier, Diego, Jaime, Jorge e Rodrigo. Tamén xogaron Marcos, Sergio, Antonio Platas e Hugo.
Goles: Samuel Varela e Álvaro para o Palas.
RELÁMPAGO 0 - 2 O PÁRAMO
SD O Páramo: Bernardo, Sergio, Iván, Juan, Manuel, José, Raúl, Borja, Hugo e Javier. Tamén xogaron Daniel, Ricardo, Jónatan, Carlos e Antonio.
Goles: Hugo e José para os visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.
O INCIO 1 - 1 QUIROGA
Quiroga FC: Marcos, Adrián, Álex Mondelo, Miguel, Manuel, Marcos, Alejandro, Manuel López, José, Sergio e David. Tamém xogaron Javier Coba, Álvarez, Luis M. e Álex García.
Goles: Óscar para os locais e José para os visitantes.
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR |
---|
Bóveda | 2-3 | Sober |
Castroverde | 0-0 | Taboada B |
Monterroso B | 2-1 | Rubián |
Palas | 2-0 | Santa Comba |
Relámpago | 0-2 | O Páramo |
O Incio | 1-1 | Quiroga |
Próxima xornada
Taboada B | - | Sober |
Rubián | - | Castroverde |
Santa Comba | - | Monterroso B |
O Páramo | - | Palas |
Quiroga | - | Relámpago |
O Incio | - | Bóveda |