Vitorias apuradas e pola mínima

O Guntín gañou 2-1 ao Brollón e o Ferreira 1-0 ao Oural. O Friol perdeu na casa co Becerreá e o Milagrosa no campo do Chantada B

A pugna polo posto que dá dereito ao ascenso directo de categoría segue moi reñida no grupo sur. Polo de agora corresponde ao Guntín, que mantén o liderado cun só un punto de vantaxe sobre o Ferreira.

Os dous xogaron na casa esta fin de semana e os dous sufriron para conseguir os tres puntos: o Guntín ante o Brollón e o Ferreira fronte ao Oural.  

No partido xogado en Ladairo o Guntín tivo que remontar para facerse coa vitoria ante o Brollón. Foron os visitantes os que se adiantaron no marcador por medio de Pablo antes do descanso. Heitor empatou para os locais no ecuador do segundo tempo e, a falta de 5 minutos para o final, Adrián anotaba o gol da vitoria para o Guntín. 

No campo do Baliño, o Ferreira impúxose ao Oural grazas a un solitario gol marcado por Julio Alberto a falta de 10 minutos para o remate do encontro. O partido estivo parado na primeira metade debido a un choque do porteiro local, Adrián, cun dianteiro rival.

O Friol caeu no seu campo, A Reigosa, fronte ao Becerreá. O encontro chegou sen goles ao descanso, pero na segunda metade o equipo dos Ancares logrou poñerse 0-2, grazas aos tantos de Héctor e Álvaro. Os locais reaccionaron por medio de Alberto Buján para poñer emoción ao treito final do partido. Xa no tempo engadido, co Friol lanzado en busca do empate,  Álvaro facía o 1-3 definitivo.  

O Milagrosa, que pecha os postos de promoción de ascenso, veuse sorprendido polo Chantada B na súa visita a Sangoñedo. O equipo que adestra Xende Fernández adiantáronse á media hora de xogo por medio de Efrén e rubricaron a vitoria cun gol de Manuel na segunda metade. 

Na parte baixa da clasificación, o Corgo venceu ao Río Sil e abandona o posto de pechacancelas, que volve a corresponder ao Carballedo, que perdeu co Spórting Lucense ao encaixar dous goles nos últimos 10 minutos de partido. 

Consulte a clasificación aquí

GUNTÍN 2 - 1 BROLLÓN

CD Guntín: Juan, Tomás, Javier, Víctor, Rubén, Samuel, Sergio, Álvaro, Adrián, José Francisco e Brais. Tamén xogaron Daniel, Heitor, Cristhian, Alejandro e Diego.  
CD Brollón: Daniel, Óscar, Pablo, Iván Manuel, Miguel, José Miguel, Damián, César, Adrián, Daniel e David. Tamén xogaron Hugo, Jorge, Aarón e Juan.  
Goles: Heitor e  Adrián para os locais e Pablo para os visitantes.  

SAN LÁZARO 5 - 0 LEMOS B

SD San Lázaro:  Alejandro, José, Juan M, Adrián, Picatto, Rubén, Yelko, Borja, Julio, Pablo e José Luis. Tamén xogaron Saúl, Fernando, Santiago, Héctor e Martín. 
Club Lemos B: Daniel, Manuel, Iago, Nicolás, Jorge, Álex, Abderazzak, Adrián, Javier, Hugo e Iago Xosé. Tamén xogaron Juan, Samuel, José Javier, Diego e Álvaro.  
Goles: Yelko, Julio, Borja (2) e Héctor para os locais.   

FRIOL 1 - 3 BECERREÁ

Friol CF: Brais, Rafael, Adrián, Álvaro, José M, Miguel, Santiago, Bruno, Alberto, Diego e Aitor. Tamén xogaron Isaac e Alberto.  
SD Becerreá: Álex, Héctor, Santín, Iago, José A, Borja, Álvaro, Ylye, Kevin, Riomao e Jesús. Tamén xogaron Albino, Cris, Alejandro e Rubianes.  
Goles: Alberto para os locais e Héctor e Álvaro (2) para os visitantes.  
Árbitro: Vicente Castro Rico. 

CHANTADA B 2 - 0 MILAGROSA 

SD Chantada B: Alejandro, Jónathan, Aitor, Pablo, Manuel, Efrén, Alejandro, Antón, Pedro, David e Jordi. Tamén xogaron José A, Cristian Cabo  Ángel, Aldán e Cristian Guerreiro.  
SCD Milagrosa: Daniel, Joel, Andrés, Anxo, Diego, Marco, Faustino, Pedro A, Pablo, Felipe e Juan José. Tamén xogaron Manuel, Alejandro, Bruno, Mohssine e Antonio.  
Goles: Efrén e Manuel para os locais.  

PARADELA 0 - 0 SAN ROQUE

SD Paradela: Eros, Esteban, Adrián, Miguel, Iago, Raúl, Diego, David, Adrián, Alejo e José Alberto. Tamén xogaron Efrén, Juan Manuel, José María, Javier e Alejandro.  
SDC San Roque:  Rodrigo, Nicolás, Andrés, Alejandro Fernández, Emilio, Alejandro Mato, Manuel, Álex, Luis Alberto, Diego Dos Santos e Diego Rigueira. 
Árbitro: Virgilio Polo Díaz.  
Campo: O Gandarón 

CORGO 4 - 2 RÍO SIL 

CD Corgo: José Gabriel, Guijarro, Arias, Willian, Jónathan, Daniel, Sebastián, Andrés, Manel, Kevin e Raúl. Tamén xogaron Óscar, Rafael, Borja e Brais.  
CD Río Sil: Víctor, Xavier, Javier, Ángel, Javier Álvarez, Miguel Ángel, Ismael, Lucas, Brais, Alejandro Méncez e Carlos. Tamén xogaron Esteban, Alejandro González, Manuel e Adrián.  
Goles: Corgo: Sebastián, Willian, Andrés e Jónathan. Río Sil: Carlos e Ismael.  

FERREIRA 1 - 0 OURAL   

Ferreira CF: Adrián, Marcos, Jónatan, David, Carlos, Édgar, Massamba, Julio Alberto, Diego, César e Marcos. Tamén xogaron Luis Alexander, Luis, Iván e Juan Luis.  
SD Oural: Julián Esteban, Manuel, Monir, Iván Fernández, Iván López, Francisco, Alejandro, Sergio, Rodrigo, Rubén e Óscar. Tamén xogaron Diego e Javier.  
Goles: Julio Alberto para os locais.  
Árbitro: Yhosep Jorge Lagos.  

CARBALLEDO 2 - 3 SP LUCENSE

Carballedo CF: Francisco, Adrián Lobelle, Brais, Diego, Roberto, André, Ramón, Javier, Víctor Manuel, Martín e Adrán Doval. Tamén xogaron Álex, Antonio, Sergio, Javier e Miguel.  
Spórting Lucense: Pablo, Jorge, Brian, Mujib, Jesús, Kevin, Zoumana, Luis F, Roi, Alberto e Iván. Tamén xogou Ismael.  
Goles: Ramón (2) para os locais e Iván, Jesús e Ismael para os visitantes.  

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 19

Guntín 2-1 Brollón
San Lázaro 5-0 Lemos B
Friol 1-3 Becerreá
Chantada B 2-0 Milagrosa
Paradela 0-0 San Roque
Corgo 4-2 Río Sil
Ferreira 1-0 Oural
Carballedo 2-3 SP Lucense

Próxima xornada

Lemos B - Brollón
Becerreá - San Lázaro
Milagrosa - Friol
San Roque - Chantada B
Río Sil - Paradela
Oural - Corgo
SP Lucense - Ferreira
Carballedo - Guntín