O Friol descólgase da cabeza

O equipo que adestra Javier Serén perdeu co Lemos B por un contundente 4-0 e acumula dúas derrotas nos últimos 4 partidos. Terceiro empate consecutivo do Carballedo

O Guntín, que venceu ao Spórting Lucense, segue a encabezar a clasificación do grupo sur de Segunda Autonómica, cun punto de vantaxe sobre o Ferreira, que se desfixo do Río Sil, e catro sobre o Friol, que esta fin de semana volveu de baleiro do seu desprazamento a Monforte para enfrontarse ante o Lemos B. O equipo que adestra Javier Serén só logrou 4 puntos nos últimos 4 partidos e descólgase da loita polo ascenso directo.  

Dominio do Becerreá ante o Chantada B, aínda que o partido non se resolveu até a segunda parte. O primeiro tempo foi xogado todo no campo do Chantada B e os locais contaron con  5 claras ocasións de gol, que non materializaron, en parte grazas á boa actuación de Porto, o porteiro visitante, que fixo boas paradas. Tralo descanso, os xogadores que adestra Antón Méndez saíron decididos a resolver o encontro e nada máis arrincar a segunda parte, no minuto 46 marcou en xogada Cris. No 77, un tiro desde o bordo da área de José Antonio puña o 2-0. A piques de rematar o choque reducía distancias o equipo visitante de penalti transformado por Jordi, pero aínda habería tempo para o 3-1 definitivo, obra de Ylye xa no desconto. 

O equipo dos Ancares ten a enfermería chea pero segue mantendo o tipo, animado por unha afección que acude ao campo malia o frío, como sucedeu este sábado. O Becerreá ocupa postos de promoción de ascenso, empatado a puntos co Oural, que acumula unha mala xeira de resultados con tres empates e unha derrota nos últimos catro partidos. No desta fin de semana ante o Carballedo no Luis Pallín os de Sarria só sacaron un punto. Os visitantes, que suman tres empates consecutivos nos tres encontros disputados nesta segunda volta, o que lles permitiu abandonar o posto de pechacancelas que arrastraron toda a primeira volta, non se deron por vencidos até o pitido final, logrando o empate grazas a un gol no desconto de Darío, que foi expulsado tras marcar. 

Consulte a clasificación aquí

BROLLÓN 1 - 2 SAN LÁZARO

CD Brollón: Daniel, Óscar, Samuel, Iván, Miguel, José Miguel, Adrián, César, Maikel, Daniel Rivera e David. Tamén xogaron Hugo, Aarón e Juan.  
SD San Lázaro: Alejandro García, José, Mariano, Rubén, Picatto, Saúl, Yelko, Julio, Martín, Pablo e Borja. Tamén xogaron Héctor e José Luis.  
Goles: Miguel (de penalti) para os locais e Yelko (de penalti) e Martín para os visitantes.  

LEMOS B 4 - 0 FRIOL

Club Lemos B:  Daniel, Samuel, Manuel, Iago, Martín, Juan, Nicolás, Jorge, Álex, Ulises e Iago. Tamén xogaron Javier, Gabriel, Hugo, José Javier e Álvaro. 
Friol CF: Javier, Marcos, Adrián, Álvaro, José M, Miguel, Alberto, Bruno, Aitor, Diego e Isaac. Tamén xogaron Juan David, José M e Pablo.  
Goles: Nicolás (3) e Jorge para o Lemos B. 
Árbitro: José Luis Fraga Torres.  

BECERREÁ 3 - 1 CHANTADA B

SD Becerreá:  Álex, Héctor, Santín, Rubianes, Iago, Borja, José Antonio, Cris, Ylye, Jesús e Rubén. Tamén xogaron Alejandro e Alvino.  
SD Chantada B:  
Porto, Pisto, Martín, Jordi, Aitor, Cristian, Aldán, Manuel, Novelle, Pinto e David. Tamén xogaron Cabo, José Eiriz, Antón, Íker e Anxo. 
Goles: Cris, José Antonio e Ylye para os locais e Jordi (de penalti) para os visitantes. 

MILAGROSA 2 - 1 PARADELA 

SCD Milagrosa: Borja, Joel, Bruno, Christian, Anxo, Diego, Marco, Faustino, Pablo, Felipe e Pedro. Tamén xogaron Mohssine, Bruno, Alejandro e Manuel.  
SD Paradela: Eros, Esteban, Miguel, Hugo, Efrén, Raúl, Iago, David, Juan Manuel, Alejo e José María. Tamén xogaron Adrián, Carlos e Diego.  
Goles: Marco e Anxo para o Milagrosa e Alejo para o Paradela.  

SAN ROQUE 1 - 0 CORGO  

SDC San Roque:  Rodrigo, Nicolás, Raúl, Andrés, Alejandro, Emilio, Elián, Manuel, Álex, Luis Alberto e Gabriel. Tamén xogaron Alejandro, Diego, Marcos e Alberto. 
CD Corgo: José Gabriel, David, César, Jónathan, Daniel, Sebastián, Willian, Manel, Kevin, Raúl e Andrés Ignacio. Tamén xogaron Borja, Andrés Arias, Pablo e Rafael.  
Goles: Gabriel para o San Roque.  
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez. 

RÍO SIL 0 - 3 FERREIRA  

CD Río Sil: Víctor, Xavier, David Díaz, Ángel, Javier, Miguel Ángel, Ismael, Lucas, Manuel, Alejandro e David García. Tamén xogaron Manuel Lamús, Javier Fernández, Esteban e Alejandro González.  
Ferreira CF:  Adrián, Marcos, Jónatan, Carlos, Édgar, Rafael, Massamba, Julio Alberto, Diego, César e Marcos Blanco. Tamén xogaron Luis, David, Iván e Juan. 
Goles: Julio Alberto, Massamba e Jónatan.  

OURAL 2 - 2 CARBALLEDO  

SD Oural: José M, Jorge, Monir, Marcos, Francisco, Rubén, Javier, Iván, Diego Díaz, Alejandro e Óscar. Tamén xogaron Manuel, Álex, Diego Farelo, Rodrigo e Sergio.  
Carballedo CF: Francisco, Darío, Roberto C, André, Ramón, Javier Pereira, Javier López, José Luis, Sergio, Heber e David. Tamén xogaron Adrián, Manuel e Antonio. 
Goles: Óscar e Diego Farelo para os locais e André e Darío para os visitantes.  

SP LUCENSE 0 - 4 GUNTÍN

Spórting Lucense: Ismael, Jorge, Aldo, Jesús Castiñeira, Rubén, David, Jesús Pérez, Kevin, Zoumana, Luis e Brian. Tamén xogaron Pablo, David, Mujib e Iván Jul.  
CD Guntín: Juan, Tomás, Mateo, Víctor, Brais, Samuel, Sergio, Álvaro, Daniel, José Francisco e Adrián. Tamén xogaron Javier, Heitor, Raúl e Alejandro.  
Goles: Daniel, Sergio, Adrián e Brais para o Guntín.  

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 18

Brollón 1-2 San Lázaro
Lemos B 4-0 Friol
Becerreá 3-1 Chantada B
Milagrosa 2-1 Paradela
San Roque 1-0 Corgo
Río Sil 0-3 Ferreira
Oural 2-2 Carballedo
SP Lucense 0-4 Guntín

Próxima xornada

Guntín - Brollón
San Lázaro - Lemos B
Friol - Becerreá
Chantada B - Milagrosa
Paradela - San Roque
Corgo - Río Sil
Ferreira - Oural
Carballedo - SP Lucense