O Becerreá encabeza a Segunda Sur en solitario

Entre os perseguidores, o Ferreira perdeu co Río Sil, o San Roque empatou co Corgo, o Paradela co Milagrosa e o Oural co Carballedo

 

O Becerreá xa é líder en solitario no grupo sur de Segunda despois de que nesta terceira xornada nin o Ferreira, nin o Paradela, nin o Oural, nin o San Roque foran quen de lograr os tres puntos. 

O equipo que adestra Javier Gómez gañoulle o sábado ao Chantada B no encontro disputado en Sangoñedo e tan só deixou escapar este ano dous puntos a semana pasada no partido na casa contra o Paradela, que acabou sen goles. 

Os dos Ancares están a demostrar fortaleza defensiva, posto que só levan un gol encaixado nos tres encontros disputados, o que o xogador do Corgo Lourival lle meteu a José Gabriel na primeira xornada.

O encontro contra o Chantada B os dous equipos acabaron con 10 xogadores, ao ser expulsado David M. López por parte dos locais no minuto 69, por dobre amonestación, e Iago por parte dos visitantes a falta dun cuarto de hora para o final, con cartón vermello directo.  

O resto da fin de semana no grupo sur estivo marcada polos empates, xa que os duelos entre o San Lázaro e o Brollón, o do Paradela e o Milagrosa, o do Corgo e o San Roque, e o do Carballedo e o Oural acabaron todos en táboas e reparto de puntos.

 O máis disputado foi o partido que enfrontou ao Paradela e ao Milagrosa no Gandarón. Os locais puxéronse por diante no marcador cun gol de Diego Castro e outro de Adrián Regueiro á media hora de partido. O pichichi da categoría (leva 4 goles) repetiría de penalti no 39, pero o conxunto que adestra Manuel Couso non tirou a toalla e logrou marchar ao descanso 3-2 para igualar a contenda na segunda metade gracias a un gol de Marco no minuto 58. 

No encontro xogado no Baliño entre o Ferreira e o Río Sil, un gol de Ángel a cinco minutos para o final acabou coas esperanzas dos de Pantón de continuar na cabeza da táboa. Por contra, no Guntín-Sp Lucense foi Rubén Pema, a 10 minutos do final, o que decantou a balanza a favor dos locais. 

Consulte a clasificación aquí

SAN LÁZARO 1 - 1 BROLLÓN

SD San Lázaro: .Borja, Gabriel, Juan M, Yeray, Alejandro, Rubén, José, Adrián, Yelko, Pablo e Santiago. Tamén xogaron Saúl, Luis Martín, Julio e Mariano.
CD Brollón: Daniel, David, Pablo, Iván Manuel, Miguel, Samuel, José Miguel, Damián, Alberto, Maikel e Daniel Rivera. Tamén xogaron Aarón, Hugo e Diego. 
Goles: 0-1 (14’) José Miguel, 1-1 (89’) Yelko.
Árbitro: Sadoum Losada Moreda.

FRIOL 2 - 1 LEMOS B

Friol CF: Brais, Marcos, Miguel, Álvaro, José M, Miguel, Rafael, Bruno, Alberto, Santiago e Isaac. Tamén xogaron José M, Jesús, Alberto e Adrián.
Club Lemos B: Daniel, Manuel, Juan, Jorge, Álex, Abderazzak, Adrián, Daniel, Hugo, Iago e Samuel. Tamén xogaron José, Álvaro e Ulises.  
Goles: 0-1 (30’) Jorge, 1-1 (57’) Isaac, 2-1 (82’) Alberto. 
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.

CHANTADA B 0 - 2 BECERREÁ

SD Chantada B: Adrián, Jónathan, Martín, Cristian Fernández, Cristian Cabo, Raúl, Alejandro, David M, David, Jordi e Brais. Tamén xogaron Paulo, José Raúl, Íker, Antón e Jorge.
SD Becerreá: Alejandro, Albino, Christian, David, Iago, Borja, Damián, Héctor, Kevin, Ylyasse e Jesús. Tamén xogaron Blanco, Xairo, Álvaro Santín, Javier e Álvaro F. 
Goles: 0-1 (18’) Kevin, 0-2 (40’) Jónathan, en propia meta. 
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

PARADELA 3 - 3 MILAGROSA

SD Paradela: Eros, Esteban, Carlos, Hugo, Miguel, Raúl, Diego, David, Adrián, Juan M e Alejo. Tamén xogaron Alonso, Efrén e José M.
SCD Milagrosa: Daniel, José Carlos, Diego, Bruno, David, Marco, Joel, Felipe, Faustino, Michael e Pablo. Tamén xogaron Alejandro, Juan, Francisco e Juan José. 
Goles: Diego, Adrián (2, o segundo deles de penalti) para os locais e Diego, Faustino (de penalti) e Marco para os visitantes. 
Árbitro: Saúl López Parga.

CORGO 1 - 1 SAN ROQUE

CD Corgo: José Gabriel, David Cabado, César, Diego, Andrés, William, Mithum, Jónathan, Sebastián, Iago e Andrés Ignacio. Tamén xogaron Cristo David, Óscar, Rafael e Brais.
SDC San Roque: Rodrigo, Raúl, Diego, Gabriel, Emilio, Alejandro F, Alejandro H, Álex, Luis, Grandío e Manuel. Tamén xogaron Édgar, Andrés, Marcos e Nicolás. 
Goles: 1-0 (67’) Sebastián, 1-1 (74’) Andrés.
Árbitro: Johann Sebastian Cediel.

FERREIRA 0 - 1 RÍO SIL

Ferreira CF: Víctor, Jónatan, Carlos, Édgar, Massamba, Julio Alberto, Abdessamad, Adrián, Diego, César e Marcos. Tamén xogaron Rafael e David.
CD Río Sil: Adrián, David, Xavier, Javier, Lucas, Ángel, Ismael, Esteban, Jordi, Diego e David García. Tamén xogaron Pablo, Carlos, Alejandro e Juan. 
Goles: 0-1 (84’) Ángel. 
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

CARBALLEDO 1 - 1 OURAL

Carballedo CF: Francisco, Adrián, Darío, Brais, Diego, Noé, Roberto C, André, Miguel, José Luis e Víctor Manuel. Tamén xogaron David, Javier, Martín e Manuel.
SD Oural: José M, Javier, Monir, Diego Arias, Iván, Miguel, Alejandro, Rodrigo, Diego Dí, Rubén e Óscar.  Tamén xogaron Marcos, Manuel, Jorge, Sergio e Diego.  
Goles: 1-0 (50’) Víctor Manuel, 1-1 (68’) Alejandro Cayuela. 
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

GUNTÍN  1 - 0 SP LUCENSE

CD Guntín: Castro, Javier, Brais, Diego, Cristhian, Samuel, Adrián, Álvaro, Daniel, José Francisco e Sergio. Tamén xogaron Mateo, Rubén S,Tomás, Rubén P e Alejandro.
Spórting Lucense: Pablo, Jorge, Zoumana, Jesús, Brian, Rubén García, David, Mujib, Jesús, Daniel e Alberto. Tamén xogaron Kevin, Luis F, Brian, David Núñez e José Antonio. 
Goles: 1-0 (81’) Rubén Pena.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 3

San Lázaro 1-1 Brollón
Friol 2-1 Lemos B
Chantada B 0-2 Becerreá
Paradela 3-3 Milagrosa
Corgo 1-1 San Roque
Ferreira 0-1 Río Sil
Carballedo 1-1 Oural
SP Lucense 1-0 SP Lucense
    

Próxima xornada

Brollón - Guntín
Lemos B - San Lázaro
Becerreá - Friol
Milagrosa - Chantada B
San Roque - Paradela
Río Sil - Corgo
Oural - Ferreira
SP Lucense - Carballedo