O empate do Lugo da fin de semana non lle permite conservar a segunda praza

Vitoria aplastante do San Lázaro e do Monforte sobre o Chantada, ao que lle arrebata a sexta posición

Primeira Galicia

Empate do Lugo esta fin de semana co Victoria CF B nun partido sen goles e que deixa ao equipo de Joaquín na terceira praza da clasificación xeral,  un punto por baixo do Orzán e seis por riba do Bergantiños, cuarto e o último que aspira aos play off. O conxunto lugués acudiu unha semana máis xusto de efectivos xa que só fixo un cambio.

Consulta a clasificación aquí

Moita igualdade no partido Narón-Antas, pero a vitoria foi para o conxunto local por 2-0, cun gol en cada tempo, o último a dous minutos do final e ambos da xogadora local Sabela.

Xustos de efectivos chegaron os dous equipos ao duelo, as locais sen cambios e o Antas cunha sola xogadora de refresco. Esa superioridade no se reflectiu no campo xa que o resultado foi claro para o local.

VICTORIA CF B 0 - 0 LUGO

Victoria CF B: Lucía, Noa, Natalia, Daniela, Lúa, Xiana, Carolina, Laura, Icía e Alba. Tamén xogaron María, Cristina, Andrea, Sheila e Liana.
CD Lugo SAD: Judith, Berta, Yanire, Iria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Blanca e Marta. Tamén xogou Candela.
Árbitro: Sergio Quintana Pereiro.

NARÓN 2 - 0 ANTAS

SDXyR Narón O Freixo: Hortensa, Antía, Andrea, Alessandra, Andrea, Nuria, María, Ariadna, Sabela, Zaira e Natalia.
SD Antas: Nuria, Idoia, Yaiza, Melanie, Laura M, Elisa, Uxía, Nota, Tamara, Camila e Lindsay. Tamén xogou Lorena.
Goles: Sabela (31' e 88').
Árbitro: Julián Marcos Puget.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

Resultados xornada 23

Noia 2-4 Tordoia
Narón O Freixo 2-0 Antas
Orzán 6-2 Tomiño
Bergantiños 0-4 Victoria FC B
Atl Arousana 4-4 Amistade
Victoria CF B 0-0 Lugo
Spórting Cambre 0-5 Sárdoma B
Mos B 1-3 O Val

Próxima xornada

Antas - Tordoia
Tomiño - Narón O Freixo
Victoria CF B - Orzán
Amistade - Bergantiños
Lugo - Atl Arousana
Sárdoma B - Victoria FC B
O Val - Spórting Cambre
Mos B - Noia

 

 

Segunda Galicia

O Friol B segue na súa liña e co seu escaso banco volveu facerse coa vitoria nesta ocasión pola mínima, un único gol de Nuria antes do intermedio. Segue colleitando vitoria tras vitoria o equipo friolés, que acumula 18 cunha única derrota. Esta fin de seman superou ao Santiso, outros dos aspirantes ao ascenso.

No posto de prata mantense unha semana máis o San Lázaro, que foi moi superior ao Arzúa, xa que gañou por 8-2. Aos dez minutos de duelo o conxunto lugués xa estaba tres goles arriba. Xusto no intermedio marcou o rival e no mesmo minuto o San Lázaro fixo o mesmo e á volta foi dominado absoluto da segunda parte.

O San Roque mantén a cuarta praza tras derrotar ao Cruces, un dos equipos de abaixo, por un contundente 4-1. Foron claramente superiores as locais, que marcaron os dous primeiros goles mediada a primeira metade moi seguidos. Remontou o visitante antes da pausa pero a segunda parte foi do San Roque, en marcou dous goles en dous minutos cando mediaba a segunda metade.

Consulta a clasificación aquí

No derbi comarcal entre Monforte e Chantada, as monfortinas fixéronse coa vitoria e polo tanto coa sexta praza, que estaba en liza. 5-3 venceron as locais que practicamente todo o partido estiveron por diante.

Abriron a conta mediada a primeira parte e o Chantada logrou empatar xusto á volta da pausa. pouco durou a igualdade xa que o local colleu vantaxe ata o 5-2. O último tanto do equipo vermello entrou no tempo de desconto.

O Milagrosa adiantou ao Carballedo na clasificación tras vencer con rotundidade ao Silleda, colista do grupo, a domicilio. Foron contundentes as luguesas pero lles costou atopar o camiño á porta contraria xa que o primeiro gol entrou a cinco minuto do descanso. Xusto á volta marcaron o segundo tanto e a partir de aí todo foi mellorar para que Ainara puidera facer o seu hat trick.

0-3 caeu o Carballedo a domicilio co Bandeira. O segundo gol, de penalti a dous minutos do intermedio fixo daño ao equipo visitante, que finalmente encaixaría o terceiro gol na segunda parte para quedar sen sumar unha semana máis na que xa é a cuarta derrota consecutiva.

A Comercial volveu perder esta fin de semana e fíxoo ante un dos equipos fortes, o Touro, co que se mantiveron inalterables ata o minuto 22, cando as luguesas sumaron o primeiro gol cun penalti que converteu Natalia. Antes da pausa o Touro logrou darlle a volta ao marcador e na segunda metade xa abriu fenda.

SILLEDA 0 - 5 MILAGROSA

Escola de Fútbol Silleda: Leire, Antía, Noemí, Samia, Euxea, Antía R, Noelia V, Noelia G, Iria R, Alba e Yudit. Tamén xogaron Eva, Laura e Iria V.
SCD Milagrosa: Lara, Nayeli, Lucía, Nekane, Ainara, Leire, Nazaret, Ana, María, Leire, Antía R e Antía P. Tamén xogaron Petra e Zaira.
Goles: Leire (40'), Ainara (46', 72' e 75') e Nazaret (69').
Árbitro: Carmen Villanueva Ansedes.

COMERCIAL 1 - 4 TOURO

SG Comercial: Patricia, Adriana, Estefanía, Natalia, Diana, Antía M, Yolanda, Tania, Estefany,  Alba M e Iria. Tamén xogaron Daniela e Angélica.
SD Touro: Mencía, Laura, Natalia, Ana, María, Laura, Enma, Nerea, Lara, Irene e Claudia. Tamén xogaron Elena, Lucía e Zoila.
Goles: 1-0 (22'): Natalia de penalti. 1-1 e 1-2 (32' e 42'): Irene. 1-3 (51'): Nerea. 1-4 (83'): Irene.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.

SAN LÁZARO 8 - 2 ARZÚA

SD San Lázaro: Jesica, Belén, Eukene, Estefanía, Jenny, Sandra, Ana María, Lourdes, Luanda, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Lucía, Salma, Aroa e Uxía.
Arzúa Fútbol Club Feminino: Alejandra, Paloma, Zaira, Naiara, Sara, Marta, Jaday, Andrea, Lucía, Jessica e Iria. Tamén xogaron Marina e Georgiana.
Goles: Ana María (2), Estefanía, Jenny (2), Xiana e Aroa (2) polo local e Andrea (2) polo visitante. 
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

MONTE FORTE 5 - 3 CHANTADA

ADC Monte Forte: Alexandra, Sheila, Emilia, Camila, Vanessa, Sara, Paula, Henar, Noa, Laura Correas e Ana Cristina. Tamén xogaron Alba, Laura Rivas, Iria, Lara e Lucía.
SD Chantada: Laura, Rocío G, María, Natalia, Andrea, Tania G, Rocío C, Ángeles, Marima, Noela e Andrea. Tamén xogaron Tania N e Ana.
Goles: 1-0 (20'): Sara. 1-1 (47'): Natalia. 2-1 (56'): Laura Correas. 3-1 (60'): Henar. 3-2 (64'): Ángeles. 4-2 e 5-2 (79' e 85'): Henar. 5-3 (92'). Ángeles.
Árbitro: Saúl López Parga.

BANDEIRA 3 - 0 CARBALLEDO

SD Bandeira: Noelia, Lía, Andrea A, Andrea C, Ana, Alba, Lara, Sara, Eva, Sofía e Mónica. Tamén xogaron María, Uxía, Elena, Laura e Nerea.
Carballedo CF: María Jesús, Aranzazu, Uxía G, Ana, Sara, Verónica, Noelia, Tania H, Paula, Laura e Tania M. Tamen xogou Uxía D.
Goles: Ana (18'), Andrea C de penalti (42') e Sofía (60'). 
Árbitro: Carmen Villanueva Ansedes.

SAN ROQUE 4 - 1 CRUCES

SDC San Roque: Carla R, Paula, Uxía, María, Miriam, Saray, Carla, Sofía, Diana, Raquel e Maholy. Tamén xogaron Clara, Patricia, Vanneza e Anghela.
SD Cruces: Antía Rey, Antía S, Andrea, Lourdes, Cruz, Clara, Celtia, Paula, Candela, Silvia e Giselle. Tamén xogaron Beatriz, Jessica e Carmen.
Goles: 1-0 (20'): Carla. 2-0 (26'): Saray. 2-1 (39'): Giselle. 3-1 (67'): María. 4-1 (69'): Mariam.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

FRIOL B 1 - 0 SANTISO

PM Friol B: Patricia, Nerea R, Ana María, Andrea F, Lidia, Andrea V, Leire, Jessica, Ángela, Nerea L e Nuria. Tamén xogaron Raluca, Covadonga e Aroa.
UD Santiso FC: Cristina, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Marta V, Dulce, Elsa, Ana, Marta S e Noelia. Tamén xogaron Ana F, Elia, Patricia, Ana M e Rocío.
Goles: Nuria no minuto 37.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - GRUPO 3

Resultados xornada 19

Friol B 1-0 Santiso
Silleda 0-5 Milagrosa
Comercial 1-4 Touro
Monte Forte 5-3 Chantada
San Lázaro 8-2 Arzúa
Bandeira 3-0 Carballedo
San Roque 4-1 Cruces

Próxima xornada 

Milagrosa - Santiso
Touro - Silleda
Chantada - Comercial
Arzúa - Monte Forte
Carballedo - San Lázaro
Cruces - Bandeira
San Roque - Friol B