San Ciprián e Vilalbés B xogarán a volta de play off con vantaxe no marcador

O chairego xogou o sábado adiantado e levouse a vitoria por 0-2, mentres que o cervense logrou tamén unha renda importante cun 3-0 ante o Iberia

Arrancaron os play off, nos que catro equipos wo norte pelexarán en dobre sesión por unha praza de ascenso á Primeira Galicia. Nesta primeira xornada a vantaxe foi para o San Ciprián e o Vilalbés B, que remataron cunha ampla vantaxe este primeiro duelo. 

O Vilalbés B xogou o sábado adiantado e levouse a vitoria por 0-2 a domicilio contra o Folgueiro. Partido moi igualado en todos os aspectos e no que os erros penalizaron ao local. Na primeira parte os dous dispuxeron de ocasións, incluso dun gol anulado ao mariñao por un discutido fóra de xogo. Na segunda parte o Vilalbés B sumou intensidade para facer dous goles de cara ao final, o segundo no último minuto desde os trinta metros.

O San Ciprián logrou tamén unha renda importante cun 3-0 ante o Iberia. Partido marcado polo inicio, no que un man a man que salvou Javier P derivou no primeiro gol local, o que fixo moito dano ao rival. A ferida sería maior co 2-0, de falta. Un pase en profundidade trouxo o terceiro antes da pausa e o Iberia xa non logrou recuperarse. Tivo catro ocasións claras na segunda parte pero o balón no quixo entrar.

SAN CIPRIÁN 3 - 0 IBERIA  

CD San Ciprián: Javier, Daniel, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Giobane, Joao, Aitor, Borja, Antón e Hugo. Tamén xogaron Bruno, Miguel e Adilson.
Iberia CF: Javier P, Javier F, Miguel, Borja, Marcos, Mario, Daniel, Samuel, Adrián R, Adrián G e Ángel. Tamén xogaron Carlos, Antón e Jorge.
Goles: Hugo, Antón e Borja polos locais.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

FOLGUEIRO 0 - 2 VILALBÉS B

UD Folgueiro: Javier, Óscar, Ángel, Marcos P, Manuel, Marcos C, Pedro, Pablo, Zeus, Aurelio e Ismael. Tamén xogaron Alejandro e Iago.
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Alejandro, Hugo Xabier, David L, David G, Anxo, Gabriel, Miguel R, Alfredo, Miguel R e Hugo L. Tamén xogaron Samuel, Carlos e Adrián.
Goles: Miguel e Gabriel polos visitantes.
Árbitro: Jorge Méndez López.

Semifinal ida

San Ciprián 3 0 Iberia
Folgueiro 0 2 Vilalbés B

Semifinal volta

Iberia - - San Ciprián
Vilalbés B - - Folgueiro