O último ascenso do grupo dirimirase entre o Brollón e o San Lázaro

O equipo da Pobra rompeu o empate do partido de ida levándose a vitoria ante o Friol por 2-1 e o lugués perdeu co Becerreá pero fixo valer o resultado da primeira sesión

No sur, o Becerreá intentou no na casa con todas as súas forzas, xa que perdera no partido de ida e tiña moito que remontar pero foi o San Lázaro o que clasificou. Puxéronse o traxe de guerra os locais, co dominio, sobre todo no segundo tempo. Dispuxeron de cinco ocasións de gol e dous tiros ao poste pero a bóla non quixo entrar. Foi o San Lázaro o que abriu a caixa e aínda que despois marcou o local ate en dúas ocasións, non foi suficiente.

Por outra banda, a clasificación entre o Brollón e o Friol decidiuse neste partido xa que a ida acabou sen goles. De feito, a volta tamén foi con empate, a uns neste caso, pero un gol na prórroga de Pablo deu a vitoria aos da Pobra.

BROLLÓN 2 - 1 FRIOL

CD Brollón: Daniel, Iván, Óscar, David R, Miguel, Samuel, Ismael, David A, Nicolás, Damián e Adrián. Tamén xogaron Pablo, Iago e Alberto.
Friol CF: Mateo, Marcos, Miguel F, Brais, Miguel P, Roberto, Daniel, Bruno, Alberto, Diego e Isaac. Tamén xogaron Adrián, José Manuel e Rubén.
Goles: Nicolás e Pablo polos locais. Alberto polos visitantes.
Árbitro: Jesús López Fernández.

BECERREÁ 2 - 1 SAN LÁZARO

SD Becerreá: Dani, Héctor, Santín, José Antonio, Iago, Miguel, Damián, Xairo, Kevin, Riomau e Jesús. Tamen xogaron Chris, Higinio, Rubianes e Albino.
SD San Lázaro: Pepu, Diego, Samuel, Cadenas, Gabri, Maci, Yelko, Luis Martín, Jul, Vigo e Ily. Tamén xogaron Christian, Pablo e Manel.
Goles: Kevin e Xairo polos locais. Yelko polos visitantes. 
Árbitro: Iván Abel Bruzos.
 

Semifinal ida

Friol 0 0 Brollón
San Lázaro 2 0 Becerreá

Semifinal volta

Brollón 2 1 Friol
Becerreá 2 1 San Lázaro