Derrotas dos cinco primeiros

A pelexa polo segundo posto de ascenso estará entre Brollón, Becerreá, San Lázaro e Friol

O Oural desfondou esta fin de semana despois de lograr a pasada o título de campión e o billete para a Primeira. Caeu ante o Ferreira por 5-1 nun duelo no que o local apertou e dominou de principio a fin ante un rival que non se xogaba nada.

Abriron a conta os locais con dous goles na primeira parte, que subiron a tres xusto á volta de vestiarios. Non tardou en reaccionar o campión, pero o Ferreira marcou dous máis.

Non foi o único de arriba en perder, xa que ningún dos cinco primeiros foi quen de sumar os tres puntos. Un Brollón xusto de efectivos caeu ante o Quiroga, que aproveitou para ir abrindo xogo e facerse cos tres puntos. O primeiro gol chegou na primeira parte, máis competida, e na segunda entraron os outros dous, ademais doutras ocasións. Despedida con ovación do capitán quirogués, que colga as botas.

O Becerreá, pola súa conta, sucumbiu ante o SP Lucense, que termina con vitoria o seu paso pola Segunda Galicia (2-3). Moitas ocasións para o local, que é a primeira vez que perde en casa no que vai de ano, e que non atopou o oco entre os tres paus na primeira parte mentres que o rival adiantouse no primeiro achegamento. Partido sen ganas dos locais, que se resolveu no tempo de desconto, cun gol para cada equipo e un penalti fallado polo Becerreá.

Tampouco sumou o San Lázaro, que fixo un 1-2 contra o Lemos B. Malia que abriu o marcador cedo no primeiro tempo non pasou de aí, mentres que o rival marcou o segundo xusto á volta de vestiarios.

Pechou o bloque de derrotas o Friol, que caeu 3-2 ante o Chantada B. O friolés conserva a última praza de play off polo golaverage ante o Palas. O Chantada B, que xa estaba fóra de perigo, agás por arrastres, encaixou no minuto 3 e foi por detrás ata empatar no 59’. Logo adiantouse o Friol de novo pero no tempo de desconto o local remontou.

Si venceu o Palas, que quedou fóra da loita polo segundo ascenso por moi pouco e fíxoo por 3-1 ao Incio. Os erros pasaron factura ao equipo visitante, que encaixou o 3-0 antes do intermedio. Na segunda metade melloraron, pero o dano xa estaba feito e non puideron recuperarse.

O Antas e o Paradela protagonizaron o único empate da sesión nun partido moi igualado, que se decidiu primeiro para o visitante ao bordo do descanso. Nos minutos finais, Luís puxo as táboas para os celestes cun gran gol. Non apertaron ningún dos dous, que tampouco se xogaban nada, aínda que o Antas perde posición co Ferreira na táboa.

Finalmente, o San Roque aportou a última vitoria da tempada, xa cos deberes feitos, ante un Carballedo que regresa a Terceira. Partido típico dunha última sesión, sen ritmo e con intercambio de golpes. Abriron os lugueses a conta nos primeiros 30 segundos e así foron sucedéndose os goles, a maioría froito de erros defensivos. Agás o cuarto do visitante, que foi de penalti.

Consulta a clasificación aquí

SAN LÁZARO 1 - 2 LEMOS B 

SD San Lázaro: Alejandro C, Mariano, Juan, Alejandro P, Gabriel P, Gabriel E, Christian, Carlos, Ilyasse, Luis e Samuel. Tamén xogaron David e Adrián.
Club Lemos B: Saúl, Ulises, Carlos, Samuel, Álex, Anthony, José Miguel, Mohamed, Alejandro, Mario e César. Tamén xogaron Gabriel, Iago, Ismael e Jairo.
Goles: Alejandro P polos locais. José Miguel e Alejandro polos visitantes.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.

CARBALLEDO 3 - 4 SAN ROQUE    

Carballedo CF: Ramón, Brais D, Roberto, Javier L, Luis, Elías, Víctor, Bruno, Martín, Brais C e Álex. Tamén xogaron Adrián, Darío e Javier R.
SDC San Roque: Adán, Nicolás, Raúl, Emilio, Alejandro, Elián, Álex, Rubén, Manuel, Anxo e Lucas. Tamén xogaron Luca, Daniel, Adam e Lewis.
Goles: Adrián, Roberto e Elías polos locais. Alejandro, Manuel, Luca e Elián de penalti polos visitantes.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.

PALAS 3 - 1 O INCIO   

Palas CD: Mateo, Adrián V, Julio, Julián, Lucas, Samuel, Adrián L, Brais, Noel, Adrián M e Martín. Tamén xogaron Óscar, Adrián B, Jorge, Javier e Marcos.
O Incio Terra Brava CF: Emilio, Iván, Xosé, Manuel, Darwin, Weimar, Miguel, Juan, Eduardo, Fabián e Javier. Tamén xogaron Ignacio, Abel e Alexander.
Goles: Samuel, Adrián V e Martín polos locais. Weimar polos visitantes.
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.

QUIROGA 3 - 0 BROLLÓN 

Quiroga FC: Marcos, Adrián, Brian, Luis, Manuel A, Manuel L, David, Álex M, Iago, Iván e Sergio. Tamén xogaron Leonardo, Álex G e Ignacio.
CD Brollón: César V, Iago, Aarón, David R, Ismael, David A, David L, César D, Francisco, Damián e Adrián.
Goles: Iago, Sergio e Luis polos locais.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

FERREIRA 5 - 1 OURAL

Ferreira CF: Álex, César, Juan, Carlos, Edgar, Rafael, Jorge V, Daniel, Adrián E, Adrián P e Marcos. Tamén xogaron Miguel, Jorge T, Jordi, Luis e  Iván.
SD Oural: Julián, Monir, Diego A, Marcos, Alejandro, Sergio, Javier R, Jorge, Diego P, Miguel e Javier V. Tamén xogaron José María, José e Manuel.
Goles: 2 de Rafael, Adrián E, Jorge V e Marcos polos locais. Javier V polos visitantes.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

CHANTADA B 3 - 2 FRIOL 

SD Chantada B: Manuel, Iñaki, Cristian, Diego, Efrén, Antón, Pablo M, Ramón, Pablo F, José e Celso. Tamén xogaron Alejandro, Martín, Nicolás, Daniel e David.
Friol CF: Alejo, Adrián P, Julio, Brais, José, Miguel, Diego, Bruno, Daniel, Roberto e José Manuel. Tamén xogaron Rubén, Adrián G, Óscar, Marcos e Isaac.
Goles: Ramón, Martín e Daniel polos locais. 2 de Daniel polos visitantes.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

ANTAS 1 - 1 PARADELA  

SD Antas: Kevin, Félix, Alejandro, Nicolás, Martín, Luís, Xurxo, Marcos, José A, Juan e Iván. Tamén xogou José C.
SD Paradela: Ángel, Alejandro, Hugo, Francisco, Raúl, Luis, David, Andrés, Alberto, Adrián A e Adrián R. Tamén xogaron Eros, Juan e Diego.
Goles: Luís polos locais. Adrián R polos visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.

BECERREÁ 2 - 3 SP LUCENSE 

SD Becerreá: Mito, Albino, Santín, Rubianes, Alejandro, Borja, Álvaro, Cris, Damián, Rioamu e Higinio. Tamén xogaron Miguel, Héctor, Antón, David e Mario.
Spórting Lucense: Pablo, Lestón, Iago, Roi, Seijas, Dieguito, Mujib, Cristian, Kevin, Zoumana e Serxio. Tamén xogaron Pablo e Tomi. 
Goles: Mario e David polos locais e Dieguito, Lestón e Cristian polos visitantes.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

Resultados xornada 30

San Lázaro 1 2 Lemos B
Carballedo 3 4 San Roque
Palas 3 1 O Incio
Quiroga 3 0 Brollón
Ferreira 5 1 Oural
Chantada B 3 2 Friol
Antas 1 1 Paradela
Becerreá 2 3 SP Lucense

Próxima xornada: Play off ida

Friol - - Brollón
San Lázaro - - Becerreá