O Friol xa é líder en solitario

Xornada de táboas, na que destaca a goleada ao Paradela e as outras tres vitorias da xornada, que foron para Oural, Antas e Incio

O Friol mantén o liderado pola forza sendo o único equipo que aínda non coñece a derrota, xa que venceu con comodidade ao Paradela, equipo que envía á parte morna da táboa.

Os de Javi venceron cun 1-2 que no intermedio non ofrecía esa vantaxe, pero o hat trick de Alberto e o dobrete de Daniel puxeron unha ampla vantaxe na segunda parte. O Paradela caeu varias posicións na táboa.

Ampla vitoria do Oural, que se afianza na parte alta da clasificación logo de vencer 2-5 ao Spórting Lucense no Rodríguez Lago. Os sarriaos controlaron o partido e marcharon sempre por diante no marcador. Na primeira parte xa estaban 1-2, que foi un claro 1-4 nada máis retomar o xogo, con dous goles seguidos.

Non tramo final os locais intentaron acurtar ditancias pero sobre o asubío final o Oural completou o marcador co 2-5 definitivo.

O Antas logrou os tres primeiros puntos para subir na táboa derrotando ao Brollón na casa. 2-0 foi o resultado final do duelo grazas a un dobrete de Álex.

O Incio tamén sumou os tres primeiros puntos para o peto,logo de derrotar ao Chantada B por 2-3, cun hat trick de Fabián. Foi el o que abriu o marcador, cos dous primeiros tantos, un  en cada tempo e malia que o rival reaccionou, marcou o terceiro para dar de novo a vantaxe que se perdeu no desconto cun segundo gol do equipo local.

O resto de partidos da xornada remataron en táboas, o que provocou unha importante igualdade na zona media da táboa.

Quiroga e Lemos B empataron a 2 goles con intercambio de liderado. Foron os locais os que abriron a conta pero o Lemos B deulle a volta ao resultado antes do intermedio. Á volta, o Quiroga marcou de novo e así se mantiveron ata o final.

Ferreira-San Roque e Palas-San Lázaro tamén remataron en empate, nesta ocasión cun único gol. Os dous locais son os mellor situados na táboa.

Moi mal partido para o Becerreá e o Carballedo, que non puideron pasar do empate a cero goles ofrecendo unha mala sesión para o espectador, co visitante pechado atrás e o local sen ideas. 

O colexiado expulsou ao porteiro local con vermella directa. Gran actuación do porteiro visitante, que salvou varias ocasóns e que foi o que lle deu ao Caraballedo o primeiro punto.

Consulta a clasificación aquí

PARADELA 2 - 6 FRIOL

SD Paradela: Eros, Esteban, Henrique, Hugo, Francisco, Efrén, Juan Manuel, Raúl, Adrián, José Alberto e  Andrés. Tamén xogaron Luis, Alejandro, Jonhatan, Adriáne Carlos.
Friol CF: Brais, Marcos, Miguel, Brais B, José M, Rubén, Diego, Bruno, Albierto, Santiago e Daniel. Tamén xogaron Alejo, Adrián P, Adrián G e Julio. 
Goles: Adrián (2) polo local e Bruno, Alberto (3) e Daniel (2). 
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

SP LUCENSE 2 - 5 OURAL

Spórting Lucense: Pablo, Yago, Jesús C, Jesús P, Daniel, A dán, Sergio, Lourival, Zoumana, Diego e David. Tamén xogaron  Kevin, Raúl, Roi e Noel.
SD Oural: José M, Diego, Óscar, Alejandro, José María, Mario, Marcos, Diego, Jorge Andrés, Manuel e Monir. Tamén xogaron Diego, Yonier, Miguel e Jorge.
Goles: Sergio e Zoumana polo local. Mario (3), Óscar e Diego polo visitante.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

ANTAS 2 - 0 BROLLÓN

SD Antas: Kevin, José C, Nicolás, Iván, José A, Basilio, Xurxo, Marcos, Álex, José A e Rafael. Tamén xogaron Cristian, Pablo, Alejandro, Sergio e Luís.
CD Brollón: César, Óscar, Pablo, Iván, Miguel L, Samuel, Ismael, David, Alberto, Adrián e Nicolás. Tamén xogaron César D, Iago, Hugo e Aaron.
Goles: 2 de Álex polo local.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

CHANTADA B 2 - 3 O INCIO

SD Chantada B: Adrián, Jonathan, Martín, José Luis, Cristian, Diego, Efrén, Alejandro L, Antón, Aitor Xosé e José A. Tamén xogaron David, Erik, José Raúl, Alejandro M e Jorge.
O Incio Terra Brava CF: Emilio, Iván, Raúl, Eduardo, Samuel, Darwin, Ignacio, Óscar, Michael, Fabián e Miguel. Tamén xogou Abel.
Goles: 2 de David polo local. 3 de Fabián polo visitante.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.

FERREIRA 1 - 1 SAN ROQUE

Ferreira CF: Adrián G, Marcos, César, Juan Luis, Carlos, Rafael, Jorge, Daniel, Diego B, Adrián P e Ivan. Tamén xogaron Edgar, Jordi, Diego G e Álvaro.
SDC San Roque: Borja, Nicolás, Raúl A, Alejandro F, Emilio, Alejandro H, Álex, Rubén, Manuel A, Miguel e Daniel. Tamén xogaron Andrés, David, Lucas e Diego. 
Goles: Iván polo local. Rubén polo visitante.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

QUIROGA 2 - 2 LEMOS B

Quiroga FC: Marcos, Álex, Luis, Adrián, Brian, Ignacio, Javier, Iago, Iván, David e Sergio. Tamén xogaron Manuel R, Mario, Manuel L, Andrés e Carlos.
Club Lemos B: Saúl, Luis, Hugo, Carlos, Samuel, Iago, Álex, Anthony, José, Yeray e César. Tamén xogaron Jairo, Eric, Luis, Brais e Juan.
Goles: Sergio e Adrián polo local. Yeray e César polo visitante.
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.

PALAS 1 - 1 SAN LÁZARO

Palas CD: Javier, Marcos, Julio, Samuel, Martín I, Julián, Lucas, Álvaro, Brais, Noel e Martín P. Tamén xogaron Óscar, Samuel V, Adrián M, Mateo e Adrián L.
SD San Lázaro: Alejandro Castro, José, Mariano, David, Gabriel, Carlos, Borja, Samuel, Yelko, Pablo e Luis. Tamén xogaron Iván, Juan M, Alejandro Picatto e Adrián.
Goles: Mateo polo loca. Iván polo visitante.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

BECERREÁ 0 - 0 CARBALLEDO

SD Becerreá: Álex, Héctor, Cris, Alejandro, Iago, Borja, Damián, Álvaro, Kevin, Higinio e Jesús. Tamén xogaron Xairo, Rioamao, Miguel, José Antonio e Guiti.
Carballedo CF: Fran, Corneta, José, Darío, Viru, Victor, Martín, Carral, Moncho, Álex e Pallete. Tamén xogou Doval.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.

 

Resultados xornada 3
Paradela 2 6 Friol
SP Lucense 2 5 Oural
Antas 2 0 Brollón
Chantada B 2 3 O Incio
Ferreira 1 1 San Roque
Quiroga 2 2 Lemos B
Palas 1 1 San Lázaro
Becerreá 0 0 Carballedo
Próxima xornada
Friol - - Becerreá
Oural - - Paradela
Brollón - - SP Lucense
O Incio - - Antas
San Roque - - Chantada B
Lemos B - - Ferreira
San Lázaro - - Quiroga
Carballedo - - Palas