O Lemos B dá un golpe na mesa

Marcou un 4-0 no últimos minutos para comezar a tempada ante o Carballedo. Pouco fútbol e moita disputa no derbi Ferreira-Brollón, cos tres puntos para o local

O Lemos B foi o equipo que esta fin de semana rematou poñéndose como o primeiro líder da tempada. O resultado ante o Carballedo sorprendeu polo que se viu no campo xa que os goles tardaron moito en chegar. Non foi ata o minuto 76 cando José Miguel atopou finalmente o oco entre os tres paus e non tardaría máis que cinco minutos en repetir. Os outros dous chegaron moi seguidiños xusto antes do final do duelo.

Dous dos tres ascendidos tamén acabaron en vitoria. O Quiroga, que se pon segundo do grupo, venceu tamén con claridade ao Incio, que tamén cambiou de categoría a tempada pasada. 3-0 venceron os locais, que aos dous minutos xa estaban un gol por riba e que no descanso vencían por dous. O último chegou xa a piques de rematar o encontro.

Vitoria por tanto tamén para o Palas co San Roque, neste caso moito máis axustada. Marcaron moi pronto os locais o que permitiu que o resto do duelo estivese moi igualado e os de Brais puideran aguantar o resultado.

O derbi da xornada estivo protagonizado polo Ferreira-Brollón, que xogaron un partido feo no que houbo pouco fútbol e moita disputa e que rematou 4-3. O local arrancou cun 2-0, co que foi ao descanso e mantívose sempre arriba  no marcador. O Brollón quedou cun home menos, o que lle restou eficacia pero meteuse no partido cun penalti  moi discutido. O visitante estivo moito mellor na segunda parte.

O Becerreá tamén sacou os tres puntos para casa ante o San Lázaro. Partido de poder a poder no que os goles tamén tardaron moito en aparecer. Non sería ata o minuto 84 cando o local Xairo abriu a conta cun tiro no borde da área. Os outros dous tantos foron xa no tempo de desconto, primeiro o empate, tras un barullo na área, e logo o que daba a vitoria ao local, cun tiro desde o punto de penalti. Xogaron un bo partido as dúas partes pero nos últimos minutos fóiselle este algo das mans ao árbitro. Destacaron polo local Álex con 4 paradas moi boas, Guiti e Kevin e polo Sán Lázaro Borja, Pitita e Cadenas.

A outra vitoria da fin de semana foi a do Friol, que venceu ao Antas a domicilio cun gol tamén de penalti a quince minutos do final. Os locais, que perderon a Pablo de dobre amarela, non conseguiron levantar o resultado.

Empate para o Chantada B e o Oural. Marcou de penalti o local no primeiro tramo e o visitante fixo o seu na segunda.

O SP Lucense e o Paradela remataron tamén en táboas pero sen goles.

Consulta a clasificación aquí

SP LUCENSE 0 - 0 PARADELA

Spórting Lucense: Pablo, Roi, Zoumana, Yago G, Daniel, Lourival Rodrigues, Adan, Sergio, Kevin, David e Diego. Tamén xogaron Brian Alexander, Raúl, Yago R e Andrés.
SD Paradela:  Eros, Esteban, Henrique, Hugo, Adrián Alonso, Raúl, Diego, Carlos, Adrián, José Alberto e Luis. Tamén xogaron Johnatan e Alejandro.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.

ANTAS 0 - 1 FRIOL

SD Antas: Lucas, Nicolás, José Ángel, Ivan, José C, Xurxo, Alejandro, Pablo, Alex, Marcos e Rafael. Tamén xogaron José A, Martín, Luís e Carlos.
Friol CF: Brais, Marcos, Adrián P, Brais, José M, Miguel P, Diego, Rubén, Alberto, Santiago e Daniel. Tamén xogaron Alejo, Julio, Miguel F, Bruno e Adrián G.
Goles: 0-1 (45'): Izan. 
Árbitro: Johann Sebastian Cediel.

CHANTADA B 1 - 1 OURAL

SD Chantada B: Manuel, Jonathan, Martín, Cristian, Pablo, Diego, Alejandro, Antón, Aitor Xosé, Adán e José A. Tamén xogaron Nicolás, Daniel, Artai e José Raúl.
SD Oural: José M, Manuel, Monir, Marcos, Diego A, Francisco, Mario Fernando, Alejandro, Diego D, José María e Óscar. Tamén xogaron Jorge Andrés, Miguel, Diego C e Jorge.
Goles: 1-0 (19'): Pablo de penalti. 1-1 (57'): Francisco.  
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

FERREIRA 4 - 3 BROLLÓN

Ferreira CF: Álex, Marcos, César, David, Rafael, Jorge, Abderazzak, Daniel, Adrián E, Diego B e Adrián P. Tamén xogaron Edgar, Jordi, Iván e Diego G.
CD Brollón: César V, Oscar, Pablo, Iván Manuel, David A, Samuel, Ismael, Adrián, Nicolás, Damián e César D. Tamén xogaron Alberto A, David R, Iago e David L.
Goles: César (32' e 43'). 2-1 (54'): Adrián de penalti. 3-1 (61'): Diego. 3-2 (45'): Alberto A. 4-2 (75'): Rafael. 4-3 (82'): Ismael.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

QUIROGA 3 - 0 INCIO

Quiroga FC: Marcos, Manuel R, Luis Manuel, Manuel A, Brian, Ignacio, Adrián, Javier, Iván, David, Sergio David. Tamén xogaron Manuel, Álex G, Álex M, Carlos e Andrés.
O Incio Terra Brava CF: Jenmy Alexander, Fabián Andrés, Xosé M, Eduardo, Iván, Darwin, Ignacio, Óscar, Weimar, Michael Julián e Juan David. Tamén xogaron Marcos, David e Ignacio.
Goles: Luis Manuel (2' e 12') e Sergio David (86')
Árbitro: Álvaro Valín González.

CARBALLEDO 0 - 4 LEMOS B

Caraballedo CF: Victor, Darío, Brais, Adrián D, Roberto C, Ramón,  Javier, José Luis, Victor Manuel, Martín e Álex O. Tamén xogaron Diego, Miguel, Álex F, Manuel e Adrián L.
Club Lemos B: Daniel, Luis, Hugo, Carlos, Gabriel, Samuel, Iago Xosé, Álex, José Miguel, Yeray e César. Tamén xogaron Martín, Jairo, Brais e Ismael.
Goles: José Miguel (76', 81' e 87') e Jairo (84').
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

PALAS 1 - 0 SAN ROQUE

Palas CD: Javier, Álvaro, Óscar, Martín I, Julián, Lucas, Samuel, Álvaro B, Brais, Noel, Martín P. Tamén xogaron Adrián M, Julio, Samuel e Adrián L.
SDC San Roque: Borja, Andrés, Alejandro F, Emilio J, Alejandro H, Elián, Manuel A, Álex, Luis Alberto, Rubén e David. Tamén xogaron Luca, Diego A e Diego S.
Goles: 1-0 (5'): Álvaro. 
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

BECERREÁ 2 - 1 SAN LÁZARO

SD Becerreá: Alex, Albino, Cris, Alejandro, José Antonio, Miguel, Damián, Xairo, Kevin, Riumao e Jesús. Tamén xogaron Héctor, Antón, Borja, Guiti e Higinio.
SD San Lázaro: Pitita, Vigo, Mariano, Gabri, Cadenas, Rubén, Yul, Maxi, Yelko, Borja e Samuel. Tamén xogaron Armesto, Pablo e Zas.
Goles: 1-0 (84'): Xairo. 1-1 (91'): Armesto. 2-1 (96'): Kevin.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

 

Resultados xornada 1
SP Lucense  0 0 Paradela
Antas 0 1 Friol
Chantada B 1 1 Oural
Ferreira 4 3 Brollón
Quiroga 3 0 O Incio
Palas 1 0 San Roque
Caraballedo 0 4 Lemos B
Becerreá 2 1 San Lázaro

 

Próxima xornada

Paradela  - - Becerreá
Friol - - SP Lucense
Oural - - Antas
Brollón - - Chantada B
O Incio - - Ferreira
San Roque - - Quiroga
Lemos B - - Palas
San Lázaro - - Caraballedo