O Friol e o Oural patinan e o Milagrosa vence no derbi da capital ao San Roque

O Guntín aproveita para facerse co liderado tras gañar a un rival directo, o Paradela, grazas a tres goles de Sergio Quiñones

Fin de semana redondo para o Guntín nesta xornada 11 da Liga de Segunda. O equipo que adestra Hugo Vázquez faise co primeiro posto na clasificación tras gañar ao Paradela e beneficiarse da derrota de dous dos seus rivais directos: o Friol e o Oural. O Guntín levou a iniciativa no encontro disputado na tarde de onte en Ladairo grazas ao acerto de Sergio Quiñones, autor dos tres goles do seu equipo. O líder logra alonxar a un rival directo, o Paradela, que encadea dúas derrotas consecutivas. 

O Lemos B deu a sorpresa e venceu ao Oural grazas a un único gol anotado por Jorge a falta de 20 minutos para o final do partido. Os xogadores de Manuel De la Horta alónxanse deste xeito do último posto da clasificación, que ocupa o Carballedo

Tamén perdeu o Friol, neste caso contra un rival directo, o Ferreira, que foi quen de remontar na segunda parte os dous tantos de vantaxe cos que o equipo que adestra Javier Serén marchou ao descanso. Rafael e Massamba, por partida dobre, foron os autores dos catro goles do conxunto que dirixe José Antonio Vázquez. 

O Becerreá, cun equipo moi novo, venceu a un conxunto veterano como é o Río Sil. Os locais imprimiron máis velocidade ao xogo e levaron a iniciativa en todo momento. Un tiro desde fóra da área de Ylye no minuto 10 abriu o marcador para os locais. No ecuador do primeiro tempo Jesús, logo do saque dunha falta, ampliaba a vantaxe para os dos Ancares. De penalti, reduciu distancias Castro, xa na segunda metade. 

Manteuse vivo o Río Sil, ata que Borja, de cabeza, lograba sentenciar o choque a falta de 20 minutos. O adestrador do Becerreá, Javier Gómez, segue botando man da canteira para suplir ausencias importantes, como Santín, Rubianes e Jon. O porteiro dos xuvenís, Iago, volveu reemprazar unha semana máis a Kevin, que segue lesionado.. 

Consulte a clasificación aquí

MILAGROSA 3 - 0 SAN ROQUE

SCD Milagrosa: Daniel, Francisco, Anxo, Diego, Marco, Faustino, Michael, Pablo, David, Felipe e Pedro. Tamén xogaron Prado, Freire, Juan José, Manuel e Juan.  
SDC San Roque:  Rodrigo, Nicolás, Raúl, Emilio, Pardo, Mato, Álex, Luis Alberto, Andrés, Dhomini e Diego Dos Santos. Tamén xogaron Gabriel, Elián, Marcos e Iago. 
Goles: Faustino (2) e Marco para o Milagrosa.  

  BECERREÁ 3 - 1 RÍO SIL

SD Becerreá: Iago Durán,  Héctor, Cris, Iago Mouriz, Álex, Jesús, Damián, Ylye, Kevin, Riomao e Rubén. Tamén xogaron Borja, Albino, Xairo, Andresito e Javi. 
CD Río Sil: Cubano, Pablo, Castro, Javi Lamús, Pedreira, Molina, Irma, Lucas, Esteban, Méndez e David Garcia. Tamén xogaron Cuñas, Álex, Luis, Juan e Manu.  
Goles: Ylye, Jesús e Borja para os locais e Xavier (de penalti) para os visitantes.  

LEMOS B 1 - 0 OURAL

Club Lemos B: Daniel Díaz, Manuel, Iago, Martín, Juan, Jorge, Álex, Nicolás, Luis, Javier e Ulises. Tamén xogaron Iago, Alejandro e Daniel Bernárdez.  
SD Oural: José M, Javier, Monir, Marcos, Iván Barrio, Miguel, Iván Moure, Rodrigo, Diego, Rubén e Javier. Tamén xogaron Óscar, Manuel, Sergio, Diego Arias e Jorge.  
Goles: Jorge para o Lemos B
Árbitro:
Dariel Pardo Veitia. 

BROLLÓN  4 - 3 SP LUCENSE

CD Brollón: César, Óscar, Pablo, Iván, Miguel, Samuel, David, Alberto, Maikel, Daniel e José Miguel. Tamén xogaron Aarón, Hugo, Juan e Damián.  
Spórting Lucense: Ismael, Jesús, Brian, Rubén, David, Jesús, Kevin, Zoumana, Jorge, Daniel e Alberto. Tamén xogaron Alexander, Iván, Roi e Mujib. 
Goles: Brollón: Miguel, Daniel, Alberto e Aarón. SP Lucense: Alberto, Jorge e Iván.  

SAN LÁZARO 2 - 1 CARBALLEDO

CD San Lázaro: Alejandro, Gabriel, Juan M, Adrián, Picatto, Rubén, Yelko, Santiago José, Julio, Pablo e Héctor. Tamén xogou Martín.  
Carballedo CF: Roberto, Manuel, Darío, Diego, Antonio, Javier, Manuel, José Luis, Sergio, Heber e David. Tamén xogou Martín Calviño. 
Goles: Yelko e Julio para os locais e Darío para os visitantes.  

FRIOL 2 - 4 FERREIRA

Friol CF: Brais, Marcos, Adrián, Víctor, Miguel, Alberto, Santiago, Bruno, Buján, Diego e Isaac. Tamén xogaron Jesús, Aitor, Rafael e Pablo.  
Ferreira CF:
Adrián, Marcos, Carlos, Édgar, Rafael, Massamba, Julio Alberto, Anthony, Luis, César e Marcos. Tamén xogaron Iván, Juan Luis, Álvaro e Alfonso. 
Goles: Bruno (de penalti) e Miguel para o Friol e Rafael (2) e Massamba (2) para o Ferreira. 

CHANTADA B 3 - 2 CORGO

SD Chantada B:  Adrián, Jónathan, Martín De Arriba, Martín García, Pablo, Manuel, Efrén, Alejandro, Raúl, Jordi e Aldán. Tamén xogaron Cabo, Guerreiro, Novelle, Jorge e Antón. 
CD Corgo: José Gabriel, César, Andrés, Pablo, Willian, Rafael, Jónathan, Iago, Diego, Daniel e Manel. Tamén xogaron Cabado e Quiroga.  
Goles: Raúl, Pablo e Efrén para os locais e Iago e Rafael (de penalti) para os visitantes.   

GUNTÍN 3 - 1 PARADELA

CD Guntín: Diego, Tomás, Mateo, Cristhian, Kevin, Samuel, Adrián, Álvaro, Daniel, José Francisco e Sergio. Tamén xogaron Javier, Pena, Seijas e Alejandro.  
SD Paradela: Eros, Adrián, Carlos, Hugo, Francisco, Efrén, José Alberto, Raúl, Adrián Regueiro, Alejo e Juan Manuel. Tamén xogaron Esteban, José María, Daniel e Javier.  
Goles: Sergio Quiñones (3) para o Guntín e Adrián Regueiro para o Paradela.  

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 11

Milagrosa 3-0 San Roque
Becerreá 3-1 Río Sil
Lemos B 1-0 Oural
Brollón 4-3 SP Lucense
San Lázaro 2-1 Carballedo
Friol 2-4 Ferreira
Chantada B 3-2 Corgo
Guntín 3-1 Paradela

Próxima xornada

San Roque - Guntín
Río Sil - Milagrosa
Oural - Becerreá
SP Lucense - Lemos B
Carballedo - Brollón
Ferreira - San Lázaro
Corgo - Friol
Paradela - Chantada B