Grupo 2
Esta fin de semana a Segunda xuvenil foi unha das categorías que non tivo xornada, pero no grupo 2 celebrouse un partido adiantado. O Palas e o Polvorín enfrontáronse a tarde do sábado nos Chacotes nun duelo dominado polo equipo local. Os de Palas impuxeron o seu ritmo e foron ao descanso co partido practicamente sentenciado despois dos goles de Rodrigo, Javier e Juan David. Nos minutos finais do encontro puxeron a guinda final á vitoria co 4-0 de Tomás.
PALAS 4 - 0 POLVORÍN
Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, Juan F, David, Antón, Jeremy, Pablo P, Izan, Óscar e Luís. Tamén xogaron Rubén, Alejandro e Jonathan.
Goles: 1-0 (33'): Rodrigo. 2-0 (42'): Javier. 3-0 (44'): Juan D. 4-0 (87'): Tomas.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2 |
---|
Palas | 4-0 | Polvorín |
A Piringalla | - | Ferroviaria |
San Roque | - | Antas |
Guitiriz | - | Sagrado Corazón |
D | Taboada |
Grupo 1
No caso do grupo 1, tódolos equipos descansaron a fin de semana, pero o Meira e o Burela celebrarán o partido correspondente á décima xornada aproveitando a festividade do martes 6 de decembro. Enfrontaranse ás 12:00 horas na Lomba, sendo precisamente o último e o primeiro equipo clasificados. O Meira non foi quen de ver a vitoria no que vai de tempada, mentres que o Burela acumula 21 puntos despois de sete vitorias e unha derrota.
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1 |
---|
Meira | - | Burela |
Pontenova | - | Viveiro |
Cospeito | - | San Ciprián |
Vilalbés | - | Lourenzá |
D | Iberia |