O calendario está piques de rematar a primeria volta e o Burela e o Antas seguen imparables

Os líderes de ámbolos dous grupos da competición provincial lucense seguen recollendo vitorias xornada tras xornada

Grupo 1

Estando a piques de pechar a primeira volta, o grupo 1 segue liderado polo Burela, que acumula catro vitorias na casa e catro a domicilio coa última sobre o Viveiro. Os verdes vencéronlles pola mínima grazas a un tanto de Jorge no minuto 41. Tamén segue no segundo posto o Rácing Vilalbés, malia que esta xornada tocoulle descansar. Séguelle agora dende o bronce o Lourenzá, que deu un salto na lista grazas á vitoria contra o Pontenova no Anexo do Santa Cruz. Os locais tomaron a dianteira con catro goles na primeira metade, e aínda que os visitantes quixeron achegarse, o duelo rematou cun 7-3 no taboleiro. O San Ciprián subiu ao cuarto posto, para recuperarse da derrota da pasada fin de semana contra o Burela, goleando por 15-0 ao Meira. O Iberia e o Cospeito ocupan a sétima e oitava posición e nesta xornada enfrontáronse entre eles cun resultado favorable para os de Barreiros. Os anfitrións das Valgas conseguiron a vitoria por 5-3 despois de que o partido se empatara ata en dúas ocasións.

Consulta a clasificación aquí 

IBERIA 5 - 3 COSPEITO

Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Adrián, Daniel, Jorge L, Raúl, Rubén, Iván, Carlos e Javier. Tamén xogaron Gabriel, Adrián P, Alex, Jesús e David.
CD Cospeito: Pablo, Rubén, Brais, Brais F, Antón, Enrique, Francisco, Ismael, Adrián, Yoseph e Diego. Tamén xogaron Sergio, Antonio, Adrián, Iván F e Iván.
Goles: 1-0 (2'): Rubén. 1-1 (23'): Diego. 1-2 (35'): Rubén. 2-2 (39'): Jorge L. 3-2 (44'): Adrián. 4-2 (54'): Rubén. 4-3 (61'): Antón. 5-3 (83'): Iván.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

LOURENZÁ 7 - 3 PONTENOVA

ED Lourenzá: Fernando, Diego, Raúl, Yago, Diego E, Ayoub, Julián, Héctor, Lucas, Jorge e Samir. Tamén xogaron Bruno, Joel, Marwane, Ian e Daniel.
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Marcos, Samuel, Francisco, Marcos M, Mario, Agustín, Miguel A, Iago e Hades. Tamén xogaron Raúl, Rubén, Izan e Antonio.
Goles: 1-0 (14'): Lucas. 2-0 (19'): Héctor. 3-0 (22'): Héctor. 4-0 (37'): Héctor. 5-0 (48'): Lucas. 5-1 (56'): Marcos M. 5-2 (57'): Marcos M. 6-2 (61'): Héctor. 6-3 (70'): Raúl, de penalti. 7-3 (86'): Jorge.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

SAN CIPRIÁN 15 - 0 MEIRA

CD San Ciprián: Manuel, Fabio, Iván, Borja, Jhonatan J, Danielson, Alejandro, Bruno, Daniel, Ramiro I e Aleixo. Tamén xogaron Carlos, Yorel, Óscar, Adrián e Elmer L.
Meira CF: Xoel, Iago, David, Kevin, Jose, Marco, Raúl, Ricardo, Víctor, Álvaro e Diego. Tamén xogaron Younes, Javier, David P e Adrián.
Goles: 1-0 (6'): Marco, en propia. 2-0 (9'): Bruno. 3-0 (14'): Aleixo. 4-0 (25'): Daniel. 5-0 (40'): Aleixo. 6-0 (44'): Bruno. 7-0 (48'): Óscar. 8-0 (54'): Bruno. 9-0 (63'): Danielson. 10-0 (65'): Aleixo. 11-0 (67'): Bruno. 12-0 (75'): Bruno. 13-0 (80'): Alejandro. 14-0 (85'): Bruno. 15-0 (85'): Adrián.
Árbitro: Mario Cordido García.

VIVEIRO 0 - 1 BURELA 

SD Viveiro: Daniel, Antonio, Hugo, David, Eduardo G, Óscar, Jonathan, Óscar C, Javier, Nicolás e Israel. Tamén xogaron Iván, Antón, Mikel e David D.
Burela SD: Pablo, Daniel, Anxo, David, Pablo B, Nor E, Jorge, Félix, Mateo, Iván e Diego. Tamén xogaron Hugo L, Hugo, Fernando, Borja e Yago.
Goles: 0-1 (41'): Jorge.
Árbitro: Galo Martínez Ibáñez.

 

SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 8

Iberia 5-3 Cospeito
Lourenzá 7-3 Pontenova
San Ciprián 15-0 Meira
Viveiro 0-1 Burela
  D Vilalbés B

Próxima xornada

Vilalbés B - Iberia
Cospeito - Lourenzá
Pontenova - San Ciprián
Meira - Viveiro
  D Burela

 

Grupo 2

No caso do grupo 2 o podio quedou quieto trala celebración da oitava xornada. O Antas segue invicto no primeiro posto da táboa, o sábado venceu ao Ferroviaria no Castro Seoane por 3-2. O partido estivo bastante igualado e, aínda que comezaron adiantándose os visitantes, os líderes non permitiron quedar sen os tres puntos. O resultado deixou ao Ferroviaria no quinto posto da clasificación, mentres que o Palas é agora cuarto, xa que venceu ao Taboada por un axustado 3-4. A Piringalla B, na segunda posición, tamén venceu por tan só un gol ao Polvorín, que lle empatou á saída da segunda metade, pero non puido frear aos visitantes, que remataron vencendo por 2-3. En canto ao Sagrado Corazón, volveu triunfar despois de tres xornadas sen ver os tres puntos. Fíxoo contra o San Roque no Rodríguez Lago, levándose unha merecida vitoria por 4-1. A próxima xornada os lucenses pecharan a primeira volta cun choque esperado, o duelo entre o Antas e A Piringalla B.

Consulta a clasificación aquí 

TABOADA 3 - 4 PALAS

Taboada CF: Germán, Elías, Adan, Miguel, Enrique, Raúl, Francisco, Carlos, Ángel, Iago e Mauro. Tamén xogaron Luís, Esteban e Marcos.
Palas CD: Brais, Diego, Noel, Antón, Javier, José L, David, Juan D, Jorge, Alexandre e Tomas. Tamén xogaron Manuel, Álvaro, Rodrigo, Roberto e David R.
Goles: 0-1 (15'): Diego. 0-2 (16'): David. 0-3 (32'): Juan D. 0-4 (56'): Álvaro. 1-4 (56'): Luís. 2-4 (59'): Francisco. 3-4 (66'): Ángel.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

SAGRADO CORAZÓN 4 - 1 SAN ROQUE

ADC Sagrado Corazon: Daniel, Iker, Dawit, Alejandro, Brais, Aaron, Ismael, Jimmy, Hugo, Tomas C e Jarno. Tamén xogaron Daniel G, Xabier, Zakaria e Alan.
SDC San Roque: Antón, Juan S, Manuel, Aurelio, Aaron, Aaron G, Hugo, Nicolás, Manuel C, Adrián e Alejandro. Tamén xogaron Jose A, Hugo F, Mateo, Mohamed e Raúl A.
Goles: 1-0 (39'): Dawit. 1-1 (44'): Aaron G. 2-1 (46'): Ismael. 3-1 (60'): Hugo. 4-1 (83'): Dawit.
Árbitro: Manuel Rivera Ferreiro.

POLVORÍN 2 - 3 A PIRINGALLA

Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, Ruben, Juan F, Nicolás, Jeremy, Antón, Izan, Pablo P e Luís. Tamén xogaron David e Jonathan.
ADC A Piringalla: Ian, Gabriel, Alejandro, Jeremy, Joel, Anton, Ruben, Tsotne, Xian, Pedro e Jesús. Tamén xogaron Anxo, Rubén, Asis, Samuel e Abdessamad.
Goles: 0-1 (15'): Xian. 1-1 (55'): Luís. 1-2 (62'): Tsotne, de penalti. 1-3 (75'): Asis. 2-3 (89'): Jonathan.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

ANTAS 3 - 2 FERROVIARIA

SD Antas: Germán, Martín, Manuel, Antón, Andrés, David, Roi, Hugo, Fernando D, Alejandro e Jorge. Tamén xogaron Manuel G, Nicolás, Martín e Íker.
AD Ferroviaria: Manuel A, Santiago, Ayoub, Alejandro, Mauro, Javier, Mateo, Diego, Teo, Hugo e Alejandro D. Tamén xogaron Wander M, Carlos, Gabriel, Brais e Salvador B.
Goles: 0-1 (37'): Diego. 1-1 (50'): Alejandro. 2-1 (61'): Fernando D. 3-1 (73'): Alejandro. 3-2 (86'): Wander M.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 8

Taboada 3-4 Palas
Sagrado Corazón 4-1 San Roque
Polvorín 2-3 A Piringalla B
Antas 3-2 Ferroviaria
  D Guitiriz

Próxima xornada

Guitiriz - Taboada
Palas - Sagrado Corazón
San Roque - Polvorín
A Piringalla B - Antas
  D Ferroviaria