Suspenden o partido do Vilalbés B-San Ciprián por unha tangana a tres minutos do final

O equipo albivermello ía gañando por un cómodo 3-1 cando se suspendeu o partido deixando o ascenso no aire

Un só ascenso logrouse no último partido dos play off logo da suspensión do duelo do Vilalbés B-San Ciprián nos últimos intres por mor dunha agresión entre xogadores, que rematou cunha tangana.

Gañaban 3-1 os locais cando chegou a suspensión despois dun duelo no que os verdivermellos foron mellores, facendo valer o aprendido no partido de ida, que remataron sen goles. O Vilalbés B chegou ao descanso cunha vantaxe de dous goles, despois dunha primeira parte na que xogaron ben, controlando e sen dar opcións ao San Ciprián. Tiveron ocasións para facer máis pero faltou o pase intermedio.

De cara ao final o San Ciprián achegouse cun golazo, pero xusto sobre o asubío marcou o terceiro o local. Foi nese momento cando toda a limpeza da sesión foise abaixo coa agresión dun dos xogadores enfrontáronse entre eles e chegaron aos golpes. O árbitro expulsounos aos dous pero a situación derivou nunha tangana xa que o público acabou entrando ao campo.

Ao final chegou a Garda Civil e os servizos de intervención rápida pero só fixeron que calmar os ánimos e a situación non foi a máis. O que si, non houbo a celebración que se esperaba dun novo ascenso.

Con esta suspensión o resultado provisional queda pendente da decisión da Federación, que terá que decidir sobre si se recuperan eses minutos ou se dá a vitoria ao Vilalbés B, que ascendería despois dun ano en Segunda.

A directiva do club verdivermello desculpouse cos afeccionados e anunciou medidas disciplinarias polo acontecido. Do mesmo xeito que o San Ciprián avanzou a posibilidade de facer unha denuncia.
 

VILALBÉS B 3 - 1 SAN CIPRIÁN 

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Hugo X, David, Anxo, Gabriel, Samuel, Alfredo, Adrián, Hugo L, Miguel e Eduardo. Tamén xogaron Hugo B, Álex e Alejandro.
CD San Ciprián: Javier, Daniel C, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Giobane, Joao, Hugo, Borja, Antón e Aitor. Tamén xogaron Daniel B, Bruno e Miguel.
Goles: Alfredo, Gabriel e Hugo B polos locais e Miguel polos visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.

Semifinal ida

San Ciprián 3 0 Iberia
Folgueiro 0 2 Vilalbés B

Semifinal volta

Iberia 0 1 San Ciprián
Vilalbés B 4 3 Folgueiro

Final ida

San Ciprián 0 0 Vilalbés B
Final volta
Vilalbés B S San Ciprián

Más en En Xogo