Fin de festa sen cambios

San Ciprián recibirá a Iberia e Folgueiro a Vilalbés B na primeira sesión de play off

Última xornada de Liga para os equipos da Segunda Norte, que nada tiñan que dicir, con todo decidido desde a pasada semana. O xa equipo de Primeira, o Pastoricense, deu xogo aos menos habituais e neste último duelo non puido pasar do empate co Cospeito, sendo o local o primeiro en marcar, antes do intermedio. O dobrete de Xoán na segunda parte nun minuto colleu aos visitantes despistados, que foron a remolque toda a segunda parte, ata que Iago marcou no último minuto.

Na segunda posición da clasificación remata o Iberia, que pechou a Liga cunha vitoria pola mínima sobre un equipo xa de Terceira, o Roupar, que tamén finaliza en última posición. Partido de trámite, no que ningún dos dous se xogaba nada. O visitante, que sacou ao campo o porteiro xuvenil e os xogadores menos habituais, marcou un gol de Antón de falta na segunda parte. Tiveron os mariñaos ocasións de Prieto, Jorge ou Nico e o local unha moi clara que se viu dentro da portería, pero o resultado non se moveu.

O Vilalbés B rematou en terceira posición, logo de derrotar por 3-2 a un Mondoñedo que, salvo arrastres, salva a categoría. Comezaron por diante os locais pero na segunda parte o mindoniense deulle a volta ao resultado. No final do partido volveu cambiar o conto para dar o triunfo ao Vilalbés.

O Folgueiro e o San Ciprián enfrontáronse no campo pola cuarta praza, aínda que os dous tiñan asegurados os postos de play off. Non mudou a situación xa que remataron en empate, un resultado xusto polo que se viu no campo, no que os dous foron pola vitoria e o final decidiuse en xogadas puntuais xa que estiveron moi igualados. Crearon ocasións ámbolos dous pero as defensas estiveron ben. Marcou primeiro o local no 80’ e xusto no asubío fíxoo o visitante.

O Xermade quedou ás portas dos play off cunha vitoria sobre o Muimenta por 3-1. Dominaron os locais desde o inicio poñéndose por diante no marcador, pero a expulsión de Hugo trouxo o gol do rival, resultado co que foron ao descanso. Na segunda  metade foron superiores e marcaron dous veces máis.

Na parte media da táboa, vitoria da Comercial sobre o Cabreiros por 5-4, ao que adianta na táboa. Moita efectividade do visitante, que foi por diante durante toda a primeira parte malia acudir ao duelo queixado de numerosas baixas; mentres que o local non lograba obter premio das súas oportunidades. Na segunda parte, foron superiores os da Comercial, que conseguiron reducir rápido a fenda e acabaron por riba cun gol practicamente sobre o asubío.

O Candelaria tamén adiantou ao Muimenta no último partido logo de vencer ao Pontenova por un axustado 2-1, con dobrete de Silverio.

No fondo, o Abadín non puido pasar do empate co Alfoz, nun partido sen goles, e di adeus á categoría dous puntos por debaixo do seu veciño Mondoñedo.

Consulta a clasificación aquí

COMERCIAL 5 - 4 CABREIROS

SG Comercial: Antón, Arturo, Juan, Marcos, Martín, Antonio, Javier D, Manuel, Cristian, Francisco e Javier B. Tamén xogaron Yeray, Carlos, Julio, Joshua e Álvaro.
SDC Cabreiros: Paulino, Sergio D, Francisco, Marcos, Mateo, Marco, Joan, Sergio H, Mohamed, Alberto e Jordano. Tamén xogou Brais.
Goles: 2 de Francisco, Carlos, Manuel e Julio polos locais. 3 de Jordano e Joan polos visitantes.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

COSPEITO 2 - 2 PASTORICENSE

CD Cospeito: Alberto, Carlos, Diego, Jesús, Xesús, Alejandro, Manuel, Adrián, Xoan, Rui e Raúl. Tamén xogaron Pablo, Christian, Martín, Antón e Sergio.
UD Pastoricense: Carlos, Diego G, Iago A, Adrián L, Brais, Cristian, Iago G, Adrián S, Iván, Borja e Diego L. Tamén xogaron Manuel, Eduardo, Iago F, Adrián F e Martín.
Goles: 2 de Xoan polos locais. Cristian e Iago A polos visitantes.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

SAN CIPRIÁN 1 - 1 FOLGUEIRO  

CD San Ciprián: Manuel, Iván, Rodrigo, Giobane, Antón, Miguel, Xoel, Borja, Aitor e Hugo. Tamén xogaron Daniel, Joao e Adilson.
UD Folgueiro: Javier, Óscar P, Álvaro, Ángel C, Sergi, Aurelio, David, Óscar L, Ismael, Alejandro e Juan. Tamén xogaron Marcos P, Ángel B, Marcos C, Manuel e Iago.
Goles: Antón polos locais. Manuel polos visitantes.
Árbitro: Jorge Méndez López.

ABADÍN 0 - 0 ALFOZ

Abadín CF: Rubén P, Diego, Ángel, Cristian, Pedro, Rubén V, Alberto, Noé, Iván, Antonio e José. Tamén xogou Iago.
CD Alfoz: Flavio, Borja, Ángel, Rubén, José María, Javier S, Javier C, Julián D, Juan, David e Julián I. Tamén xogaron Miguel e Pablo.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

VILALBÉS B 3 - 2 MONDOÑEDO    

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Yago, Daniel, David L, David G, Anxo, Luis, Gabriel, Carlos, Miguel e Alfredo. Tamén xogaron Alejandro, Álex L, Álex E e Aitor.
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, David, Miguel A, Manuel N, Javier, Manuel V, Diego, Iván, Iban e Raúl. Tamén xogaron Bruno e Miguel B.
Goles: Gabriel, David L e Álex L polos locais. 2 de Javier polos visitantes.
Árbitro: Mario Cordido García.

CANDELARIA 2 - 1 PONTENOVA

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Raúl, Simón, Semedo, Pablo, Silverio, Daniel, Roberto, Alexandre e Azael. Tamén xogou Xesús.
SP Pontenova: Gabriel, Ismael, Diego, Francisco, David, Héctor, Dany, Rubén, Óscar, Marcos e Brayan. Tamén xogaron Álvaro, Agustín, Stefan, Iván e Izan.
Goles: 2 de Silverio polos locais. Óscar polos visitantes.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

XERMADE 3 - 1 MUIMENTA

ACD Xermade: Juan, Hugo, Oliverio, Francisco, Iván, Alberto, Ayrton, Dan, Sergio, Pedro e Esteban. Tamén xogaron Miguel, Andrés e Mario.
CSD Muimenta: Javier N, Iago, Julio J, Iván, Manuel, Miguel A, Julio R, Javier M, Alejandro, Jairo e Miguel M. Tamén xogaron Jesús e Antón.
Goles: Sergio, Pedro e Dan polos locais. Miguel M polos visitantes.
Árbitro: Aitor Freán Campo.

ROUPAR 0 - 1 IBERIA  

SDC Roupar: Amsa, Carlos, Xosé, Sergio, Esteban, Fernando, Alejandro, Abdourahmane, Santiago, Diego P e Diego S. Tamén xogaron Marcos, Gonzalo, Víctor, Youssef e Enrique.
Iberia CF: Samuel, Javier, Miguel, Darío, Marcos R, Nicolás, Jorge L, Antón, Adrián R, Marcos P e Jorge F. Tamén xogaron Jorge P, Adrián G, Borja, Daniel V e Daniel P.
Gol: Antón polo Iberia.
Árbitro: Fernando Fernández López.

Resultados xornada 30

Comercial 5 4 Cabreiros
Cospeito 2 2 Pastoricense
San Ciprián 1 1 Folgueiro
Abadín 0 0 Alfoz
Vilalbés B 3 2 Mondoñedo
Candelaria 2 1 Pontenova
Xermade 3 1 Muimenta
Roupar 0 1 Iberia

Próxima xornada: Play off ida

San Ciprián - - Iberia
Folgueiro - - Vilalbés B