O San Ciprián recupérase

Os mariñaos venceron e Vilalbés B volveu gañar, mentres Iberia e Folgueiro empataron

O Pastoricense segue gobernando a táboa no Norte despois de vencer con comodidade ao Xermade (3-0). Favoreceu aos locais que parase de chover 40 minutos antes do inicio do partido e a dirección do vento. Despois do descentre inicial dos locais chegou o primeiro gol e aproveitaron un despiste dos visitantes para marcar o segundo pouco despois. Na segunda parte, co aire en contra, estiveron ben defensivamente e foron superiores. O terceiro gol chegou nunha falta lateral que remata Cristian.

De especial atención foi o duelo entre o Folgueiro e o Iberia, o derbi mariñao entre tamén dous equipos da zona de promoción. Remataron en empate,o que lle permite aos de San Miguel de Reinante seguir na segunda praza e cae o Folgueiro á quinta. Na primeira parte foi o Iberia o que tivo o control, pero sen xerar perigo. O local, ao que lle anularon un gol, aproveitou o balón parado e os roubos para xerar perigo. 

Na segunda parte foi o Folgueiro o que utilizou unha boa xogada para poñerse por diante e o empate foi nunha contra. 

O Vilalbés B recuperouse das dúas derrotas anteriores para facerse coa vitoria cun 0-2 ante a Comercial. O equipo visitante fíxose co control do enfrontamento cedo e dispuxo de ocasións para, nun penalti sobre Carlos que transformou Gabriel, facer o primeiro tanto. A Comercial intentou complicar o partido cun xogo directo pero non logrou resultados e, mediada a segunda parte, nun pase de Samuel a Gabriel, este enfilou ao porteiro e marcou. 

Fóra da zona de promoción, o Cabreiros e Candelaria empataron 1-1. Foi o equipo da Mariña, que foi en cadro, o que puxo por diante, antes da pausa, cunha xogada por banda, aínda que foi o local o que tivo as ocasións de gol. Finalmente lograría marcar no ecuador do segundo tempo. 

O Abadín recuperou a senda da vitoria ante o Cospeito, co que xogou un partido moi igualado que se resolveu á volta do descanso a favor do visitante. No desconto pitaron un penalti a favor do local pero o porteiro visitante atallouno.

O Mondoñedo sacou tres puntos ante o Pontenova aproveitando o mal xogo do rival e un erro co que fixo o primeiro tanto e abandona a última praza da táboa. 
E na parte morna da clasificación, empate entre Alfoz e Muimenta, nun partido dominado polo local e no que o visitante usou un erro para empatar.

Consulta a clasificación aquí

MONDOÑEDO 2 - 0 PONTENOVA

Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, Iván, Miguel, Javier, Manuel V, Diego, Ignacio, Óliver, Raúl e Manuel N. Tamén xogaron Antonio, Denís e Diego.
SP Pontenova: Gabriel, Óscar, Marcos, Francisco, David, Adrián, Hugo, Héctor, Christian, Marcos e Brayan. Tamén xogaron Ismael, Carlos, Iván, Agustín e Diego.
Goles: Javier e Manuel V polos locais.
Árbitro: Fabio Crespo Gómez.

ALFOZ 1 - 1 MUIMENTA

CD Alfoz: Flavio, Borja, Rubén, Ángel, Walter, Ayoub, Julián O, Pablo P, Julián I, Javier e Pablo G. Tamén xogaron José María, Juan e Miguel.
CSD Muimenta: Javier N, Alejandro, Daniel, Manuel, Javier M, Jorge, José, Pablo, Francisco, Jesús María e Miguel. Tamén xogaron Alejandro, Julio, Miguel Ángel e Alberto.
Goles: Walter polos locais e Jesús María polos visitantes.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

FOLGUEIRO 1 - 1 IBERIA 

UD Folgueiro: Javier, Óscar, Álvaro, Sergi, Marcos P, Marcos C, Pedro, Pablo, Ismael, Alejandro e Ángel. Tamén xogaron Zeus, Iago, Juan Antonio e David.
Iberia CF: Alonso, Mario, Miguel, Borja, Marcos P, Bachir, Daniel, Samuel, David, Adrián e Ángel. Tamén xogaron Jonatan, Francisco, Darío e Marcos R.
Gol: Francisco polos locais e Marcos C polos visitantes.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

PASTORICENSE 3 - 0 XERMADE 

UD Pastoricense: Carlos, Diego G, Iago, Adrián F, Martín, Manuel, Adrián S, Borja, Raúl, Iago e Diego L. Tamén xogaron Eduardo, Adrián L, Cristian, Daniel e Brais.
ACD Xermade: Ángel, Mario, Esteban, Oliverio, Francisco, Mario, Ayrton, Anxo, Diego, Sergio e Pedro. Tamén xogaron Dan Ionut, Hugo e Alberto. 
Goles: Diego, Martín e Cristian polos locais.
Árbitro: Mario Cordido García.

CABREIROS 1 - 1 CANDELARIA 

SDC Cabreiros: Andrés, David, Francisco, José M, Marcos, Marco, Sergio C, Joan, José, Said e Alberto. Tamén xogaron Sergio D, Sergio, Ha, Manuel e Mateo.
SD Candelaria: Xesús, Lavilson, Jorge, Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, Anxo, José Carlos, Rafael e Rui. Tamén xogaron Azael, Roberto e Silverio.
Goles: José polos locais e Rui polos visitantes.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

COMERCIAL 0 - 2 VILALBÉS B 

SG Comercial: Joshua, Arturo, Marcos, Julio, Carlos, José Antonio, Cristian S, Javier, Francisco, Yeray e Juan. Tamén xogaron Christian P, Álvaro, Martín e Brandan.
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Daniel, David, Anxo, Carlos, Gabriel, Diego, Samuel, Hugo Xabier, Hugo L e Hugo B. Tamén xogaron Carlos, Aitor, Alejandro e Víctor.
Goles: Gabriel (2, un de penalti).
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

COSPEITO 0 - 1 ABADÍN

CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, Pablo, Xesús, José, Adrián, Daniel, Xoán, Francisco e  Raúl. Tamén xogaron Christian, Jesús, José Carlos e Yoseph.  
Abadín CF: Cristian, Ángel, Miguel, Iván, Pedro, Eloy, Rubén, Noé I, Vicente, Pablo e Noé G. Tamén xogaron Iago, Rubén e Antonio.
Gol: Miguel no 47'. 
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

SAN CIPRIÁN 4 - 1 ROUPAR

CD San Ciprián: Manuel, Giobane, Daniel C, Rodrigo, Daniel L, Xoel, Joao, Hugo, Borja, Adilson e Bruno. Tamén xogaron Miguel, Iván, Daniel, B e Daniel G.
SDC Roupar: Víctor, Alejandro, Carlos, Xosé, Sergio, Fernando, Miguel, Ángel, gonzalo, Abdourahmane, Manuel e Marcos. 
Goles: Borja (3) e Hugo polos locais. Fernando de penalti polos visitantes.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

Resultados xornada 20

Mondoñedo 2 0 Pontenova
Alfoz 1 1 Muimenta
Folgueiro 1 1 Iberia
Pastoricense 3 0 Xermade
Cabreiros 1 1 Candelaria
Comercial 0 2 Vilalbés B
Cospeito 0 1 Abadín
San Ciprián 4 1 Roupar
Próxima xornada
Roupar - - Mondoñedo
Pontenova - - Alfoz
Muimenta - - Folgueiro
Iberia - - Pastoricense
Xermade - - Cabreiros
Candelaria - - Comercial
Vilalbés B - - Cospeito
Abadín - - San Ciprián