Revés do Vilalbés B

Os verdivermellos perderon co Cabreiros, polo que o Iberia ponse segundo do grupo

O Pastoricense, con cinco baixas no equipo titular, volveu do campo do Candelaria con vitoria. Na primeira parte custoulle arrancar ata que logo da expulsión do porteiro local por vermella directa por insultar ao árbitro, colleu ritmo con moita ansia por marcar. Na segunda parte foi superior cercando ao Candelaria no seu campo, que aínda así dispuxo dun tiro afastado que desviou o porteiro a córner e un par de saques de esquina. O primeiro gol foi en propia porta dos locais e o segundo, un centro lateral con remate de cabeza de Cris, que sentenciaba e entregaba a vitoria aos líderes.

Na segunda praza colócase un discreto Iberia, que una vez máis necesitou só un gol para levarse os tres puntos, nesta ocasión ante o Alfoz. Disputaron os mariñaos unha primeira parte dominada claramente polos locais, marcando cedo por medio de Borja nun córner, aínda que dispuxo doutras ocasións, como un man a man de Dani Prieto, mentres que o rival esperou xusto ao intermedio para intentalo noutro saque de esquina que se foi ao pau. Na segunda parte, houbo máis ocasións para o Iberia, pero o xogo resentiuse con moito golpeo e non puideron sentenciar, polo que ao final acabaron pedindo a hora.

O Vilalbés B sufriu un revés nas súas aspiracións para recuperar o liderado. Caeu ante o Cabreiros por 2-3 cunha primeira parte moi axustada na que destacaron dous penaltis, un para cada equipo, antes do descanso. Igualados a 2 goles, foi Francisco o que logrou a vitoria para os seus cun gol no tempo de desconto nunha contra que acabou en córner.

Tamén na parte alta o Folgueiro mantense en postos de play off cunha nova vitoria sobre o Xermade por un axustado 1-2. Primeira parte que foi mellor para os mariñaos, que tiveron moitas ocasións pero acabaron encaixando o primeiro a balón parado. A segunda parte estivo máis igualada pero foi o Folgueiro o que aproveitou as ocasións para darlle a volta ao marcador co último gol sobre a bucina.

O San Ciprián perdeu unha posición na táboa ante o Cospeito esta fin de semana logo de non poder pasar do empate. Os dous goles foron no desconto e seguidos, o primeiro de penalti do Cospeito.  

O Roupar rabuñou un punto no empate co Pontenova grazas a un penalti no último minuto do partido. Os visitantes dominaron e tiveron ocasións pero tamén fallaron unha pena máxima.

Consulta a clasificación aquí

ROUPAR 1 - 1 PONTENOVA

SDC Roupar: Amsa, Alejandro R, Carlos, Xosé, Sergio, Esteban, Fernando, Alajndro F, Miguel Ángel, Santiago e Andrés. Tamén xogou Abdourahmane. 
SP Pontenova: Gabriel, Francisco, Marcos Macía, Adrián, David, Héctor, Brayan, Marcos Martínez, Christian, Borja e Hugo. Tamén xogou Ismael.
Goles: Fernando de penalti polos locais e Marcos Martínez polos visitantes.
Árbitro: Soufiane Belheba.

MUIMENTA 3 - 1 MONDOÑEDO

CSD Muimenta: Javier N, Alejandro B, Daniel, Iago, Javier M, Jorge, José, Manuel, Francisco, Jairo e Miguel. Tamén xogaron Miguel Ángel, Alberto, Manuel e Alejandro D.
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, David, Iván, Manuel N, Javier, Alejandro, Manuel V, Diego, Óliver e Ibán. Tamén xogaron Raúl, Jacobo, Ignacio, Denís e Miguel Ángel.
Goles: Jairo de penalti, Jorge e Alberto polos locais. Javier polos visitantes.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

IBERIA 1 - 0 ALFOZ

Iberia CF: Alonso, Daniel, Carlos, Borja, Miguel, Mario, Daniel, Samuel, David, Adrián e Antón. Tamén xogaron Jonatan, Jorge F, Marcos e Jorge P.
CD Alfoz: Flavio, Borja, Rubén, Ángel, Walter, Augusto, Ayoub, Pablo P, David, José María e Pablo G. Tamén xogaron Julián I, Javier S, Julián D e Javier C.
Gol: Borja no minuto 28 polos locais.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

XERMADE 1 - 2 FOLGUEIRO

ACD Xermade: Ángel, Hugo, Iván, Francisco, Alfonso, Anxo, Ayrton, Diego, Andrés, Pedro e Mario. Tamén xogou Sergio. 
UD Folgueiro: Javier, Óscar P, Álvaro, Sergi, Marcos P, Manuel, Pedro, Pablo, Ismael, Alejandro e Ángel. Tamén xogaron Marcos C, Zeus, Juan Antonio e Óscar L.
Goles: Diego polos locais. Marcos C e Óscar P polos visitantes.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

CANDELARIA 0 - 2 PASTORICENSE

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Semedo, Pablo, Silverio, Anxo, Roberto, José Carlos, Rui e Azael. Tamén xogaron Xesús e Simón.
UD Pastoricense: Carlos, Iago A, Brais, Martín, Cristian, Iago G, Manuel, Borja, Raúl, Iago F e Diego. Tamén xogaron Daniel, Adrián, David e Gabriel.
Goles: Roberto en propia porta polos locais e Cristian polos visitantes.
Árbitro: Fernando Fernández López.

VILALBÉS B 2 - 3 CABREIROS

Rácing Club Vilalbés B: Edgar, Alejandro, Daniel, Anxo, Luis, Gabriel, Diego, Alfredo, Hugo Xabier, Yago e Hugo B. Tamén xogaron Hugo L, Christian, David e Álex.
SDC Cabreiros: Andrés, David, Francisco, Cristian, José M, Marcos, Marco, Sergio, Joan, Said e Alberto. Tamén xogaron José, Jordano, Sergio e Alejandro.
Goles: Anxo e Gabriel, de penalti, polos locais. Sergio (penalti), Joan e Francisco polos visitantes.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

ABADÍN 0 - 3 COMERCIAL

Abadín CF: Cristian, Rubén C, Diego, Ángel, Miguel, Eloy, Vicente, Pablo, Noé, Iván e Antonio. Tamén xogaron Pedro, Alberto e Rubén M.
SG Comercial: Joshua, Arturo, Marcos, Julio, Carlos, Antonio, Manuel, Cristian, Javier, Francisco e Juan. Tamén xogaron Alejandro, Mohamed e Martín.
Goles: 3 de Carlos, un de penalti pola Comercial. 
Árbitro: Vicente Castro Rico.

SAN CIPRIÁN 1 - 1 COSPEITO

CD San Ciprián: Javier, Giobane, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Hugo, Joao, Xoel, Borja, Adilson e Bruno. Tamén xogaron Iván, Aleixo, Daniel L e Daniel G.
CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, Pablo, Xesús, Martín, José, Adrián, Xoan, Rui e Raúl. Tamén xogaron Daniel, Gabriel, Jesús, Yoseph e Christian.
Goles: Rodrigo polos locais. Gabriel de penalti polos visitantes.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

 

Resultados xornada 19

Roupar 1 1 Pontenova
Muimenta 3 1 Mondoñedo
Iberia 1 0 Alfoz
Xermade 1 2 Folgueiro
Candelaria 0 2 Pastoricense
Vilalbés B 2 3 Cabreiros
Abadín 0 3 Comercial
San Ciprián 1 1 Cospeito
 
Próxima xornada
Mondoñedo - - Pontenova
Alfoz - - Muimenta
Folgueiro - - Iberia
Pastoricense - - Xermade
Cabreiros - - Candelaria
Comercial - - Vilalbés B
Cospeito - - Abadín
San Ciprián - - Roupar