Novo cambio no liderado

O Pastoricense aproveitou a vitoria do Vilalbés B sobre o Iberia para coarse arriba

O Pastoricense fíxose co liderado do grupo sur de Segunda aproveitando o triunfo do Vilalbés B. O novo líder tamén venceu e fíxoo cunha contundente vitoria sobre o colista, o Roupar. 4-0 foi o resultado que lles trouxo o liderado, dous dos goles obra de Daniel.

Malia esta vitoria, que valeu un liderado, sen dúbida o partido da xornada foi o do Vilalbés B-Iberia. O equipo mariñao, ao que lle durou o posto de líder só unha xornada, caeu ante un Vilalbés B que quere recuperar a cabeza da táboa. Partido de moita tensión e con moito público que se disputou na Fonte, de Cospeito. O verdivermello abriu a caixa dos goles no primeiro tempo e xusto á volta da pausa empatou o mariñao. Houbo que esperar ao ecuador da segunda parte para que o Vilalbés B puxera a vantaxe no marcador. Esta completouse cun penalti a dez minutos do asubío. O colexiado  expulsou no final ao adestrador a a un xogador do Iberia por protestar.

O San Ciprián mantén a cuarta praza da táboa logo de vencer ao Pontenova pola mínima. Afástase o derrotado da zona de promoción mentres que o mariñao, que ten un partido menos acumula vitorias. O gol do San Ciprián foi xusto antes do descanso.

Tamén mantén posición o Folgueiro, malia que no puido pasar do empate co Cabreiros. De feito, foi o local o que foi por diante todo  o partido e o Folgueiro tivo que esforzase por empatar ata en dúas ocasións. O último gol entrou a cinco minutos do final.

O Cospeito, pola súa conta, sacou rendabilidade da súa vitoria ante o Mondoñedo, por 2-1, para uparse ata a sexta praza, empatado a puntos co Folgueiro. O equipo local esperou ata volver do descanso para abrir o marcador e dez minutos despois xa tiña o segundo arriba. Xusto na seguinte xogada o Mondoñedo achegouse pero o resultado non se moveu máis.

Empate tamén no duelo Candelaria-Xermade, o oitavo do equipo xermadino. O local marcou xusto antes da pausa e o visitante esperou ata que faltaban sete minutos para o asubío para poñer as táboas.

Na parte media, a Comercial adiantoulle na táboa ao Alfoz logo de derrotalo cun contundente 3-0. Jonathan foi o artífice da vitoria do local, cun dobrete.

Tamén colleitou os tres puntos para o Abadín sobre o Muimenta, que segue en postos de descenso. Os locais levaban catro xornadas sen gañar.

Consulta a clasificación aquí

  PASTORICENSE 4 - 0 ROUPAR

UD Pastoricense: Carlos, Diego G, Iago A, Brais, Martín, Cristian, Manuel, Adrián, Eduardo, Iván e Diego L. Tamén xogaron Daniel, Adrián F, Iago G, Iago F e Adrián L.
SDC Roupar: Alejandro, Carlos, Xosé, Sergio, Fernando, Víctor, Diego, Manuel, Diego, Marcos e Amsa. Tamén xogaron Youssef e Enrique.
Goles: Manuel, Eduardo e 2 de Daniel polo local.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

  CABREIROS 2 - 2 FOLGUEIRO

SDC Cabreiros: Andrés, Sergio D, David, Francisco, José M, Marcos, Alberte, Sergio C, Joan, Alejandro e Sergio H. Tamén xogaron Manuel, Saúl e Jordano. 
UD Folgueiro: Jorge, Óscar P, Álvaro, Sergi, Iago, Manuel, Pedro, Pablo, Ismael, Alejandro e Ángel. Tamén xogaron Aarón, Óscar D, Marcos, Aurelio e Óscar L. 
Goles: Joan e Sergio C polo local. Alejandro e Marcos polo visitante. 
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.

COMERCIAL 3 - 0 ALFOZ

SG Comercial: Joshua, Marcos, Jonathan, Carlos, José, Javier D, Manuel, Cristian, Javier B, Francisco e Yeray. Tamén xogaron Christian, Julio, Álvaro e Arturo.
CD Alfoz: Jacobo, Rubén R, Ángel, Rubén C, Walter, Augusto, Ayoub, Julián D, Juan, Julián I e Marcos. Tamén xogaron Javier, Pablo e Miguel. 
Goles: 2 de Jonathan e Carlos polo local.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 COSPEITO 2 - 1 MONDOÑEDO

CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Adrián, Daniel, Pablo, Francisco, Rui, Jesús e Raúl. Tamén xogaron Alejandro, José, Xesús, Christian e Gabriel.
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, David, Juan, Denís, Alejandro, Manuel V, Diego P, Oliver, Iban e Manuel N. Tamén xogaron Diego B, Antonio, Raúl e Javier.
Goles: 2 de Alejandro polo local. Diego P polo visitante.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

 SAN CIPRIÁN 1 - 0 PONTENOVA

CD San Ciprián: Javier, Adilson, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Xoel, Hugo, Aleixo, Borja, Antón e Bruno. Tamén xogaron Miguel, Álvaro e Daniel.
SP Pontenova: Álvaro, Macía, Ismael, David, Brayan, Rubén, Ioan, Marcos, Carlos, Gabriel e Iván. Tamén xogou Óscar.
Goles: Borja polo local.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

ABADÍN 3 - 1 MUIMENTA

Abadín CF: Cristian, Rubén, Diego, Ángel, Miguel, Iván C, Noé, Vicente, Pablo, Iván S e Alejandro. Tamén xogaron Pedro, Noé, Álex, Rubén e Iago.
CSD Muimenta: Javier N, Daniel, Iago, Julio, Miguel Ángel, Javier M, Jorge, Miguel, Francisco, Jesús María e Jairo. Tamén xogaron Fran, Alberto e Rubén.
Goles: Diego e Alejandro polo local. Jorge polo visitante.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

 VILALBÉS B 3 - 1 IBERIA

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Eduardo, Daniel, Anxo, Gabriel, Miguel, Alfredo, Hugo X, Adrián e Hugo B. Tamén xogaron Luis, David, Hugo L e Carlos.
Iberia CF: Alonso, Mario, Miguel, Borja, Marcos, Bachir, Daniel P, Samuel, Francisco, Adrián e Ángel. Tamén xogaron Carlos, Jonatan, Jordane, Daniel V e David. 
Goles: Adrián, Daniel e Miguel de penalti polo local. Daniel P polo visitante.
Árbitro: Yago Amil Castro.

CANDELARIA 1 - 1 XERMADE

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge L, Semedo, Pablo, Daniel, Anxo, Roberto, José, Alexandre e Rui. Tamén xogaron Miguel, Raúl, Azael e Joao. 
ACD Xermade: Juan, Mario B, Esteban, Hugo, Mario F, Alfonso, Miguel, Iván, Alberto, Sergio e Pedro.
Goles: Miguel polo local. Sergio polo visitante.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

 

Resultados xornada 12

Pastoricense 4 0 Roupar
Cabreiros 2 2 Folgueiro
Comercial 3 0 Alfoz
Cospeito 2 1 Mondoñedo
San Ciprián 1 0 Pontenova
Abadín 3 1 Muimenta
Vilalbés B 3 1 Iberia
Candelaria 1 1 Xermade
Próxima xornada
Pastoricense - - Cabreiros
Folgueiro - - Comercial
Alfoz - - Cospeito
Mondoñedo - - San Ciprián
Pontenova - - Abadín
Muimenta - - Vilalbés B
Iberia - - Candelaria
Roupar - - Xermade