O Vilalbés B rompeu a xeira coa que deu comezo a Liga e non puido pasar do empate co Pastoricense, que lle disputa o liderado da táboa. Partido intenso e con dominio alterno no que o Vilalbés B foi por diante pero o Pastoricense non se quedou atrás. No descanso estaban 1-1 e mediada a segunda metade volvía a igualdade ao marcador, a mesma coa que finalizou o duelo. Un penalti do visitante foi o 2-2 tras unha expulsión de dobre amarela polo local. Tamén expulsaron a outro xogador dos verdivermellos por protestar.
Vitoria moi avultada para o Iberia, que se coloca terceiro e envía ao Mondoñedo fóra dos postos de play off. Moi superior o equipo de Reinante, que goleou cun hat trick de Adrián.
Resultado avultado tamén para o Pontenova ante o Muimenta, que dominou o duelo con contundencia. No descanso xa tiña dous goles arriba do marcador e no ecuador da segunda metade avultou o resultado con outros dous. No tramo final o gol do Muimenta subiu ao electrónico de rexeite.
Tras dous empates, o Cospeito por fin logrou sumar os primeiros tres puntos ante o Roupar, que aínda non foi quen de puntuar. O equipo visitante empezou ben e dominando pero foi o local o que se adiantou no marcador nun gol que foi máis en propia porta. Empataron rápido nunha xogada a balón parado. Na segunda, o Roupar saíu mellor e abriuse camiño de novo pero o Cospeito reaccionou para darlle a volta á situación e aguantar os últimos minutos.
Mesmo resultado de 2-2 para o Folgueiro-Candelaria, que comezou cun claro dominio visitante, que marcou dous goles. O local reaccionou e a base de esforzo e de ocasións logrou poñer o empate no marcador. A última parte do partido foi un pouco máis tensa e bronca e culminou coa expulsión dun xogador local por dobre amarela por protestar. Foi tamén nese tramo final cando se pitou un penalti ao Candelaria que non subiu ao marcador.
O hat trick de Alejandro Goás deu a primeira vitoria ao Abadín, ante o Cabreiros, que se completou cun gol de Noé. Os locais marcaron o segundo na primera xogada da segunda parte.
Poucas repercusións para o duelo Xermade-Alfoz, no que non houbo goles pero si reparto de puntos.
Na parte baixa, o San Ciprián sumou os tres primeiros puntos ante a Comercial e quedan ambos no medio da táboa.
MUIMENTA 1 - 4 PONTENOVA
SP Pontenova: Gabriel, Francisco, Marcos Macía, Adrián, David, Borja, Anxo, Marcos Martínez, Ioan, David e Marouane. Tamén xogaron Ismael O, Roberto, Hugo, Ismael R e Rubén.
Goles: David, Marouane, Roberto e Ioan polo visitante, que tamén marcou en propia porta.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.
IBERIA 5 - 0 MONDOÑEDO
Mondoñedo Ciudad: Alberto, Christian, David, Jacobo, David V, Manuel V, Diego, Ignacio, Iban, Denís e Manuel N. Tamén xogaron Oliver, Alejandro, Diego e Antonio.
Goles: Samuel, Adrián (3, 1 de penalti) e Daniel polo local.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.
XERMADE 0 - 0 ALFOZ
CD Alfoz: Flavio, Borja, Rubén, Marcos, Iván, Augusto, Ayoub, Walter, David, Julián e Pablo. Tamén xogaron Javier, José María, Alexis e Miguel.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.
FOLGUEIRO 2 - 2 CANDELARIA
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Semedo, Daniel, Miguel, Paco, José Carlos, Rui, Hugo e Pablo. Tamén xogaron Roberto, Silverio, Simón e Raúl.
Goles: Marcos e Aarón polo local e Miguel e Semedo polo visitante.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.
VILLALBÉS B 2 - 2 PASTORICENSE
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Martín, Cristian, Manuel, Adrián, Iván, Borja, Raúl e Diego. Tamén xogaron Iago, Eduardo, Adrián, Brais e Gabriel.
Goles: Hugo L e Adrián polo local e Iago e Eduardo de penalti polo visitante.
Árbitro: Álvaro Valín González.
ABADÍN 4 - 0 CABREIROS
SDC Cabreiros: Andrés, Sergio, David, José, Cristian, Marcos, José, Marco, Joan, Alejandro F e Brais. Tamén xogaron Daniel, Alejandro L, Mateo e Jordano.
Goles: Alejandro (3) e Noé polo visitante.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.
SAN CIPRIÁN 2 - 1 COMERCIAL
SG Comercial: Joshua, Iván, Christian, José, Javier, Brandan, Manuel, Cristian, Francisco J, Álvaro e Juan J. Tamén xogaron Carlos, Jonathan, Jorge e Javier.
Goles: Antón de penalti e Diego polo local. Juan J polo visitante.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.
ROUPAR 2 - 3 COSPEITO
CD Cospeito: Alberto, José Carlos, Álex, Diego, David, Alejandro, Adrián, Gabriel, Pablo, Christian e Raúl. Tamén xogaron Francisco, José, Jesús e Rui.
Goles: Alejandro (2) polo local e David, Adrián e Raúl polo visitante.
Árbitro: Mario Cordido Gracía.
Muimenta | 1 | 4 | Pontenova |
Iberia | 5 | 0 | Mondoñedo |
Xermade | 0 | 0 | Alfoz |
Folgueiro | 2 | 2 | Candelaria |
Vilalbés B | 2 | 2 | Pastoricense |
Abadín | 4 | 0 | Cabreiros |
San Ciprián | 2 | 1 | Comercial |
Roupar | 2 | 3 | Cospeito |
Próxima xornada
Pontenova | - | - | Roupar |
Mondoñedo | - | - | Muimenta |
Alfoz | - | - | Iberia |
Folgueiro | - | - | Xermade |
Pastoricense | - | - | Candelaria |
Cabreiros | - | - | Vilalbés B |
Comercial | - | - | Abadín |
Cospeito | - | - | San Ciprián |