O Vilalbés B continúa nesta segunda xornada encabezando a táboa de Segunda Norte logo de vencer ao Folgueiro a domicilio por 1-2. Foi un partido complicado para o recén ascendido xa que foi o rival o que abriu o marcador intres antes da pausa. Non tardou moito en recuperarse o Vilalbés B para igualar o marcador, que se mantivo estable ata o asubío final, cando Carlos Fole marcou o gol da vitoria. Final tenso, no que o visitante se levou dous cartóns amarelos.
Boa xornada tamén para o Pastoricense, segundo, que encadea a segunda vitoria consecutiva sobre o Abadín, que suma a segunda derrota e polo tanto ocupa a zona de descenso.
3-1 venceron os da Pastoriza, que xogaban na casa, e que foron sempre por diante en xogo e no marcador. No descanso xa estaban tres goles arriba, o último de penalti. O Abadín acortou distancias no ecuador do segundo tempo pero non tivo tempo para máis.
Na parte alta da táboa destacou o empate entre Mondoñedo e Xermade, que están terceiro e quinto, respectivamente. Sen goles rematou este encontro no que ao final o visitante acumulou tres tarxetas amarelas.
Co mesmo resultado remataron o duelo a Comercial e o Cospeito, o primeiro situado na zona de promoción e o segundo encadeando o segundo empate da tempada.
As outras táboas da xornada foron as do Cabreiros-San Ciprián, nesta ocasión co resultado de 1-1. Foi o equipo da Mariña o primeiro en marcar, preto do intermedio, pero o local Joan foi claro na definición cando faltaba un minuto para finalizar a sesión e sumou o segundo punto da tempara para o equipo. Os mariñaos abriron a súa conta particular do curso.
O Muimenta sorprendeu ao Roupar no último tramo do partido que dominaron os de Xermade cun gol nada máis comezar. O marcador non quixo moverse ata que no ecuador da segunda os locais déronlle a volta á situación con dous tantos en menos de dez minutos. Deste modo, o equipo cospeités suma os primeiros tres puntos.
Ademais, Pontenova e Candelaria tamén sumaron os primeiros tres puntos nesta sesión. Nos dous duelos foi cun único gol e ante o Iberia e o Alfoz, que é último, respecticamente. No caso dos mariñaos, nos intres finais.
MUIMENTA 2 - 1 ROUPAR
SDC Roupar: Francisco, Alejandro, Carlos, Xosé, Esteban, Fernando, Miguel A, Santiago, Alejandro Diego e Andrés. Tamén xogaron Sergio, Diego P, David e Víctor.
Goles: 0-1 (2'): Miguel A. 1-1 (72'). Iago. 2-1 79'): Julio.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.
PONTENOVA 1 - 0 IBERIA
Ibera CF: Alonso, Javier, Mario, Borja, Marcos, Adrián G, Daniel P, Samuel, Adrián R, Ángel e Carlos. Tamén xogaron Jorge, David e Daniel V.
Goles: Ioan no minuto 10.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.
MONDOÑEDO 0 - 0 XERMADE
ACD Xermade: Juan, Oliverio, Francisco, Alfonso, Esteban, Ayrton, Anxo, Andrés, Pedro e Mario. Tamén xogaron Iván, Sergio e Dan.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.
ALFOZ 0 - 1 CANDELARIA
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Raúl, Evandro Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, Paco, José Carlos, Rui e Hugo. Tamén xogaron Silverio, Joao, Azael e Roberto.
Goles: 0-1 (83'): Silverio.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.
FOLGUEIRO 1 - 2 VILLALBÉS B
Rácing C. Vilalbés: Edgar, Alejandro, Daniel, Borja, Miguel, Anxo, Gabriel, Alfredo, Hugo e Adrián. Tamén xogaron Christian, Carlos e Reda.
Goles: 1- 0 (45'): Álvaro. 1-1 (52'): Hugo. 1-2 (90'): Carlos.
Árbitro: Mario Cordido García.
PASTORICENSE 3 - 1 ABADÍN
Abadín CF: Cristian, Ángel, Miguel, Álex, Pedro, Rubén, Noé, Vicente, Pablo, Iván S e Alejandro. Tamén xogou Iván C.
Goles: Manuel (2) e Edaurdo de penalti polo local e Alejandro polo visitante.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.
CABREIROS 1 - 1 SAN CIPRIÁN
CD San Ciprián: Javier, Deonildo, Izan, Rodrigo, Claudemir, Xoel, Miguel, Álvaro, Borja, Antón e Bruno. Tamén xogaron Diego, Giobane e Hugo.
Goles: 0-1 ( 35'): Antón. 1-1 (89'): Joan.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.
COMERCIAL 0 - 0 COSPEITO
CD Cospeito: Alberto, Álex, David, Alejandro, Adrián, Daniel, Pablo, Baris, Rui, José e Raúl. Tamén xogaron Diego, Gabriel, Jesús A, Xesús e Jesús F.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.
Muimenta | 2 | 1 | Roupar |
Pontenova | 1 | 0 | Iberia |
Mondoñedo | 0 | 0 | Xermade |
Alfoz | 0 | 1 | Candelaria |
Folgueiro | 1 | 2 | Vilalbés B |
Pastoricense | 3 | 1 | Abadín |
Cabreiros | 1 | 1 | San Ciprián |
Comercial | 0 | 0 | Cospeito |
Próxima xornada
Iberia | - | - | Pontenova |
Muimenta | - | - | Mondoñedo |
Xermade | - | - | Alfoz |
Candelaria | - | - | Folgueiro |
Vilalbés B | - | - | Pastoricense |
Abadín | - | - | Cabreiros |
San Ciprián | - | - | Comercial |
Roupar | - | - | Cospeito |