Cunha ampla goleada así foi como o Vilalbés B comezou a súa andaina pola Segunda Norte, tralo seu ascenso confirmado a pasada tempada. O filial marcou un máis que contundente 6-0 ao Alfoz, abrindo o reconto cun penalti. Unha falta do Alfoz foi o xerme do segundo tanto e na segunda parte seguiron marcando con seguridade, incluído un dobrete de Samuel.
O Folgueiro segue os pasos do Vilalbés B e foi incuestionable ante un recén ascendido Abadín no tramo final porque o primeiro tempo estivo máis igualado; de feito, foron ao descanso 1-1. No minuto 78 a contenda estaba moi equilibrada pero un gol de Ángel e dous de Manuel, o segundo de penalti e xa no desconto, abriron unha vantaxe que non se viu no terreo de xogo. Houbo un novo gol no tempo de desconto.
Tamén foi moi claro o Mondoñedo, que se estrea na categoría cunha vitoria ampla ante o Candelaria. Aínda que abriu o marcador pouco antes da pausa, tivo que esperar ata a segunda para mostrar a súa superioridade no marcador. De feito, empatou primeiro o Candelaria mediante un penalti pero cinco minutos despois os mindonienses marcaban vantaxe con dous tantos moi seguidos.
Ademais houbo contundencia por parte do Iberia, que venceu 3-0 ao Muimenta deixando todo o traballo feito antes da pausa, xa que no minuto 6 marcou o primeiro e logo Daniel fixo o dobrete.
A Comercial tamén superou 1-2 ao Roupar, vellos coñecidos, nun partido tranquilo no que houbo moita igualdade. Cun só gol e xogando en casa venceu o Xermade ao Pontenova. O tanto subiu ao marcador no minuto 83’ de penalti e cando os dous equipos daban o empate como o esperado.
O Pastoricense tamén necesitou só un gol para facerse coa vitoria ante o San Ciprián, ambos os dous equipos estréanse na Segunda tralo descenso da pasada tempada. O tanto visitante entrou xusto antes da pausa nunha xogada por banda e a situación xa non mudaría máis.
Foi un partido moi pelexado, no que ao visitante costoulle entrar e no que dominou o local ao principio pero sen poder achegarse.
Tamén foi pelexado o Cospeito-Cabreiros, que rematou en empate a 2. O local mantivo a vantaxe no marcador durante paracticamente todo o tempo. Foi o primeiro en marcar e malia que o visitante empatou mediante un penalti, dous minutos despois volvía a poñerse por diante, xusto antes dos descanso. O marcador quedou estático ata o desconto, cando meteu o conxunto visitante o gol da igualada.
IBERIA 3 - 0 MUIMENTA
CSD Muimenta: Javier N, Julio José, Iago, Alberto, Julio, Javier M, Jorge, Miguel Ángel, Fran, Francisco Javier e Jairo. Tamén xogaron Jesús María, Daniel, Alejandro e Manuel Antón.
Goles: 1-0 (6'): Izan e Daniel (30' e 40').
Árbitro: Mario Cordido García.
XERMADE 1 - 0 PONTENOVA
SP Pontenova: Gabriel, Francisco, Marcos Macia, Adrián, David, Marouane, Roberto, Marcos Manrtinez, Ioan, Borja e Hugo. Tamén xogaron Ismael e Rubén.
Goles: 1-0 (83'): Esteban.
Árbitro: Javier Gómez Martín.
CANDELARIA 1 - 3 MONDOÑEDO
Mondoñedo Ciudad: Alberto, Christian, Jacobo, David, Manuel V, Diego Romay, Miguel, Ignacio, Oliver, Iban e Manuel N. Tamén xogaron Denís, Alejandro, Diego G, Diego Rivas e Adrián.
Goles: 0-1 (42'): Oliver. 1-1 (56'): Miguel de penalti. 1-2 (62'): Manuel. 1-3 (66'): Ignacio.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.
VILLABÉS B 6 - 0 ALFOZ
CD Alfoz: Jacobo, Borja, Rubén Val, Iván, Daniel, Ayoub, Juan, Miguel, Julián, José María e Pablo. Tamén xogaron Javier, Marcos Vinicios, Augusto e Rubén Vázquez.
Goles: Gabriel (2, un de penalti), Hugo, Samuel (2) e Anxo.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.
ABADÍN 2 - 6 FOLGUEIRO
UD Folgueiro: Javier, Óscar P, Ángel, Sergi, Manuel E, Aarcos, Ivan, Pablo, Zeus, Aaron e Ismael. Tamén xogaron Alejandro, Marcos, Pedro, Iago e Óscar D.
Goles: 0-1 (28'): Marcos. 1-1 (30'): Alejandro. 2-1 (50'): Alejandro. 2-2 (58'): Óscar P. 2-3 (79'): Ángel. 2-4 (81'): Manuel E. 2-5 (90'): Manuel E de penalti. 2-6 (90'): Marcos.
Árbitro: Eduardo Feijoo Trigo.
SAN CIPRIÁN 0 - 1 PASTORICENSE
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago A, Martín, Manuel, Adrián, Eduardo, Borja, Raúl, Iago F e Diego. Tamén Cristian, Iván, Gabriel e Brais.
Goles: 0-1 (44'): Iago.
Árbitro: Jonathan Losada Menacho.
COSPEITO 2 - 2 CABREIROS
SDC Cabreiros: Paulino M, Sergio, David, Cristian, José M, Marcos, José, Marco, Joan, Alejandro F e José G. Tamén xogaron Sergio e Alejandro L.
Goles: 1-0 (24'): Alejandro. 1-1 (40'): José G. 2-1 (42'): Adrián. 2-2 (90'): Marcos.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.
ROUPAR 1 - 2 COMERCIAL
SG Comercial: Joshua, Martín, Jonathan, Carlos P, José Antonio, Brandan, Cristian S, Javier, Francisco J, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Álvaro, Carlos R e Cristian M.
Goles: 0-1 (24'): Brandan. 1-1 (51'): Esteban. 1-2 (68'): Álvaro.
Árbitro: Yago Amil Castro.
Iberia | 3 | 0 | Muimenta |
Xermade | 1 | 0 | Pontenova |
Candelaria | 1 | 3 | Mondoñedo |
Vilalbés B | 6 | 0 | Alfoz |
Abadín | 2 | 6 | Folgueiro |
San Ciprián | 0 | 1 | Pastoricense |
Cospeito | 2 | 2 | Cabreiros |
Roupar | 1 | 2 | Comercial |
Próxima xornada
Muimenta | - | - | Roupar |
Pontenova | - | - | Iberia |
Mondoñedo | - | - | Xermade |
Alfoz | - | - | Candelaria |
Folgueiro | - | - | Vilalbés B |
Pastoricense | - | - | Abadín |
Cabreiros | - | - | San Ciprián |
Comercial | - | - | Cospeito |