O Meira segue con paso firme

O líder venceu ao Castro B e avantaxa ao Folgueiro en 6 puntos a falta de 6 xornadas e o Xermade non perde desde principios de febreiro

Todo segue igual no grupo norte, onde o Meira segue descontando xornadas para acadar o obxectivo do ascenso directo de categoría. O equipo que adestra Ramón Labrada desfíxose onte na Lomba do Castro B nun encontro que se resolveu no cuarto de hora final. Os locais adiantáranse no marcador na primeira metade, aos 10 minutos de xogo, por medio de José Luis, pero o Castro B lograba igualar a contenda cun gol de Noé no 72’. Foi un espellismo, porque nada máis sacar de centro de novo José Luis devolvía a vantaxe ao Meira que sentenzaba nos minutos finais cun gol en propia porta de Mateo e un tanto final de Rubén no tempo engadido.  

O Folgueiro é segundo, a seis puntos do líder. O equipo do Vicedo gañoulle o sábado con facilidade ao Alfoz en Boa Vista. O equipo que adestra Manuel Vicente López gañaba xa 2-0 ao descanso e o Alfoz só puido facer o gol da honra nos minutos da prolongación. 

Terceiro é o Iberia, que lle gañou a domicilio ao pechacancelas, o Goiriz nun partido cómodo para os de San Miguel de Reinante, que reciben a vindeira fin de semana nas Valgas o líder. 

O choque entre os outros dous equipos que ocupan postos de promoción de ascenso, o Cospeito e o Guitiriz, saldouse con reparto de puntos. O partido, xogado no campo da Fonte, tivo unha parte para cada equipo. Adrián adiantaba no marcador ao equipo que adestra Luis Romay xusto antes de marchar ao descanso e Yani, que acababa de saltar ao terreo de xogo en substitución de José M, igualaba para os de Marcos Pereiro no ecuador do segundo tempo. 

O Candelaria ten tamén opcións de entrar no play off se vence a vindeira semana ao Cospeito. De momento, nesta xornada gañoulle ao Barreiros no derbi da Mariña, xogado no Cascabeiro. Pablo adiantaba os de Cervo aos 10 miutos pero na segunda metade Jhoseba facía o empate a uns. Semedo, a falta de 10 minutos para o remate, colocaba o 1-2 definitivo. .  

Consulte a clasificación aquí

ROUPAR 5 - 4 MUIMENTA

SDC Roupar: Víctor, Alejandro Ramos, Carlos, Esteban, Jacobo, Fernando, Santiago, Fresco, Manuel, Diego e Andrés. Tamén xogaron David, Xosé, Édgar, Borja e Paredes.  
CSD Muimenta:  Javier, Manuel, Cristian, Rubén, Sunday, Eduardo, Jorge, Pablo, Matías, Samuel e Jairo. Tamén xogaron Julio e Yeray. 
Goles: Jacobo, Santiago, Fernando, Édgar e Esteban para os locais e Eduardo (2), Jorge e Julio para os visitantes. 

FOLGUEIRO 4 - 1 ALFOZ

UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Sergi, Marcos Polo, Marcos Calvo, Lisvaldi, Pedro, Pablo, Zeus, Ismael e Alejandro. Tamén xogou Iván Galdo.  
CD Alfoz: Jacobo, Borja, Rubén, Ángel, Luis M, Daniel, Aderito, Augusto, Daniel, Álvaro e Pablo. Tamén xogaron Juan, Javier, Miguel e Adrián.  
Goles: Javier, Sergi, Marcos Calvo e Zeus para os locais e Luis M para os visitantes.   

COMERCIAL 0 - 3 XERMADE

SG Comercial: Pablo, Marcos, Jónathan, Carlos, Javier, Brandán, Manuel, Javier Botana, Francisco, Alejandro e Juan J. Tamén xogaron Gairson, Lucas e Brais.  
ACD Xermade: Ángel, Eyob, Esteban, Oliverio, Iván, Alfonso, Pedro, Brais, Joan, Diego e Nahum. Tamén xogaron Antonio, Dan e Marcos Novo.  
Goles: Nahum (2) e Diego Bellas para o Xermade.  

CABREIROS 2 - 1 FONSAGRADA

SDC Cabreiros: Andrés, José, David, Francisco, Cristian, Daniel, Saúl, Marco, Alejandro, José M e Sergio. Tamén xogaron Marcos Novo, José Adega e Alejandro Seco.  
Fonsagrada Balompé: Diego, Gabriel, Javier, Carlos Maciñeiras, Pedro, Javier Fernández, Igor, Víctor, David, Kevin e Yago. Tamén xogaron Manuel e Carlos Fernández.  
Goles: Saúl e Sergio para os locais e Javier Fernández para os visitantes.  

GOIRIZ 1 - 4 IBERIA  

CD Goiriz: Marcos, José Manuel, Miguel, Iván, Nicolás, Xoel, Rubeb, Santiago, David, Andrés e Juan. Tamén xogaron Alejandro Rus e Eladio.  
Iberia CF: Javier Prieto, Javier Fernández, Pernas, Arón, Rañón, Bachir, Daniel, Adrián, Jónatan, Jorge e Barrera. Tamén xogaron Ángel, Diego, Miguel, David e Daniel García.  
Goles: Nicolás para os locais e Adrián (3) e David para os visitantes.  

MEIRA 4 - 1 CASTRO B   

Meira CF: Juan Miguel, Marcos Folgueira, Mateo, Javier, José Luis, Iago, Rubén, Gabriel, Alberte, Santiago e Kevin. Tamén xogaron Iván, Marcos Salgado e Jesús María.  
CD Castro B: Álvaro, Joel, Miguel, Diego, Mateo, Pablo, Alejandro, Iago, Raúl, Borja e Noé. Tamén xogaron Iván Corbelle e Raúl Cendán.  
Goles: José Luis (2), Rubén e Mateo (en propia porta) para o Meira e Noé para o Castro B.   

BARREIROS 1 - 2 CANDELARIA         

Celta Barreiros: Iago, David, Miguel Cayón, Ismael, Miguel Yanes, Alejandro, Jorge, Álex, Germán, Sergio e Adrián. Tamén xogaron Iván Souto, Jhoseba, Joao e Goyos.   
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Pablo, Raúl, Hugo, Eric, Iván, José Carlos, Daniel e Semedo. Tamén xogaron Roberto, Adrián, Rafael e Egóitz.  
Goles: Jhoseba para os locais e Pablo e Semedo para os visitantes.  

COSPEITO 1 - 1 GUITIRIZ

CD Cospeito: Alberto, Diego, David, Xesús, Alejandro, José, Adrán, Xoán, Francisco, Manuel e Jesús. Tamén xogaron Daniel, Christian, Álex, Jesús e José Carlos.  
Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Diego, Antón, Jesús, Diego Ferreiro, Erik, José M, Antonio e Adrián. Tamén xogaron Óscar, Yani, Paulo, Yordi e Miguel.  
Goles: Adrián Paredes para os locais e Yani para os visitantes.  

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 24

Roupar 5-4 Muimenta
Folgueiro 4-1 Alfoz
Comercial 0-3 Xermade
Cabreiros 2-1 Fonsagrada
Goiriz 1-4 Iberia
Meira 4-1 Castro B
Barreiros 1-2 Candelaria
Cospeito 1-1 Guitiriz

Próxima xornada

Guitiriz - Roupar
Muimenta - Folgueiro
Alfoz - Comercial
Xermade - Cabreiros
Fonsagrada - Goiriz
Iberia - Meira
Castro B - Barreiros
Candelaria - Cospeito