O Cabreiros imponse no derbi ante un Roupar que se adiantou no marcador pero foi superado despois

O equipo de Vilalba encadea 5 partidos sen gañar e sae dos postos de promoción de ascenso

A loita polo posto de ascenso directo no grupo norte semella cada vez máis cousa de dous. O Meira e o Folgueiro, primeiro e segundo clasificados, encaran o final de ano coa tranquilidade de verse distanciados do resto de equipos da competición.

A vindeira fin de semana xogarase a penúltima xornada desta primeira volta, xa que a Liga descansa despois dúas semanas durante o Nadal, retomándose a competición despois de Reis.  

O Meira, líder indiscutible, mantense invicto, e esta fin de semana gañoulle a domicilio a un Alfoz que levaba dúas vitorias consecutivas. Os de Nicolás Veiga aguantaron o 0-0 ao descanso, pero tiveron que xogar case toda a segunda parte cun menos logo da expulsión de Rubén por dobre cartón amarelo. Aínda así, os da Mariña foron quen de manter as súas opcións até os minutos finais. 

O Folgueiro tan só perdeu un partido, precisamente contra o Meira na primeira xornada. Esta fin de semana gañou en Boa Vista á Comercial grazas a un gol de Zeus co partido a piques de rematar. 

O Iberia, sen embargo, encadea a súa segunda derrota consecutiva despois de perder este sábado nas Valgas co Candelaria. Os de Cervo adiantáronse no marcador por medio de Raúl xusto antes do descanso e ampliaron a vantaxe de penalti na segunda metade.  

Mentres, o Guitiriz prolongou a súa boa xeira de resultados ao vencer por 3-0 ao Castro B no Suso Cruz e logra entrar nos postos de promoción de ascenso a costa do Roupar. Un gol de Labrada pasado o cuarto de hora inicial abriu o marcador, que encarrilou Novo antes do descanso. Na segunda metade tan só Erik logrou ver porta malia as numerosas e claras ocasións do Guitiriz para ampliar o resultado. 

En Xermade, o derbi desta fin de semana foi para o Cabreiros, que se impuxo con claridade a un Roupar que se adiantou no marcador. Os de Diego Dopico levan sen gañar desde comezos de novembro e ceden postos na táboa. . 

Consulte a clasificación aquí

 FOLGUEIRO 2 - 1 COMERCIAL

UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Sergi, Iago, Marcos, Iván, Pedro, Zeus, Javier, Aarón e Ismael. Tamén xogaron Pablo, Manuel, Alejandro e Lisvaldi. 
SG Comercial: Juan J, Iván, Marcos, Francesc, Brais, Javier, Jónathan, José Antonio, Manuel, Francisco e Arturo. Tamén xogaron Gairson, Martín e Pablo.  
Goles:  
Aarón e Zeus para os locais e Arturo para os visitantes. 

ROUPAR 1 - 4 CABREIROS

SDC Roupar: Francisco, Ramos, Carlos, Xosé, Esteban, Fernando, Diego Paredes, Fresco, Manuel, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Diego Barreiro, Borja e Eloy.  
SDC Cabreiros: Paulino, Seco, Manuel, Alberto, Paniagua, Marco, José Gato, José Adega, Marcos, José M e Sergio. Tamén xogaron Saúl, Blanco, Francisco e Mateo.  
Goles:  Fernando para os locais e Marcos, Sergio (2) e Alberto para os visitantes. 

MUIMENTA 3 - 2 GOIRIZ

CSD Muimenta: Javier, Manuel, Jorge, Julio, Eduardo, Morán, Matías, Samuel, Jairo, Diego e Miguel. Tamén xogaron Alejandro, Cristian e Javier Alonso. 
CD Goiriz: Marcos, Alejandro, José Manuel, Juan, Iván, Cristian, David, Xoel, Borja, Santiago e Rubeb. Tamén xogaron Alejandro Rus, Ricardo e Francisco.  
Goles:
Javier, Samuel e Jorge para os locais e David e Alejandro para os visitantes.  

 ALFOZ 1 - 3 MEIRA

CD Alfoz: Flavio, Borja, Rubén, Ángel, Pablo, Luis M, Álvaro, Augusto, Ayoub, Daniel e David.  
Meira CF: Xabier, Diego, Marcos Folgueira, Mateo, Javier, Marcos Salgado, Iago, Rubén, Iván, Alberte e Kevin.  
Goles: Ayoub para os locais e Marcos Salgado, Javier e Rubén para os visitantes
Árbitro:
Jorge Estraviz Cerdeira, que expulsou a Rubén Val no minuto 57.  

 XERMADE 4 - 1 BARREIROS

ACD Xermade: Juan, Antonio, Eyoub, Francisco, Alfonso, Hugo, Oliverio, Pedro, Diego, Joan e Mario. Tamén xogaron Esteban, Marcos e David.  
Celta Barreiros: René, David, Ismael, Anxo, Manuel, Alexis, Iván, Joao, Alejandro, Gustavo e Adrián. Tamén xogaron Henry, Álex, Jhoseba e Sergio.  
Goles: Joan (3) e Pedro para os locais e Manuel para os visitantes.  

FONSAGRADA 1 - 3 COSPEITO

Fonsagrada Balompé: Jorge, Carlos Maciñeiras, Kevin, Javier, Igor, Silbán, David, Rubén, Diego, Javier e Iván. Tamén xogaron Yago, Martín e Carlos Fernández.  
CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Xesús, Jesús, Adrián, Daniel, Gabriel, Francisco e Rui. Tamén xogaron Alejandro, Xoán, Christian, Manuel e José Carlos.  
Goles:
Igor para os locais e David, Alejandro e Xoán para os visitantes.   

IBERIA 1 - 2 CANDELARIA

Iberia CF: Javier Prieto, Javier Fernández, Miguel, Arón, Marcos Pernas, Bachir, Daniel, David, Adrián Barrera, Adrián Torviso e Ángel. Tamén xogaron Jorge, Antón e Marcos Rañón.  
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Raúl, Hugo, Miguel, Eric, Iván, José Carlos, Rafael e Daniel. Tamén xogaron Adrián e Xesús.  
Goles: Daniel para os locais e Raúl e Eric para os visitantes.  

GUITIRIZ  3 - 0 CASTRO B

Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús, Miguel Ángel, Diego Ferreiro, José M, Erik e Adrián. Tamén xobaron Óscar, David, Diego Castro, Yordi e Miguel.  
CD Castro B: Álvaro, Ignacio, Miguel A, Pablo, Mateo, Adrián Lorenzo, Alejandro, Adrián Fernández, Iván, Raúl e Iago, Tamén xogaron Borja, Joel e Alberto. 
Goles: Iván Morado, Adríán e Erik para o Guitiriz. 

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 13

Folgueiro 2-1 Comercial
Roupar 1-4 Cabreiros
Muimenta 3-2 Goiriz
Alfoz 1-3 Meira
Xermade 4-1 Barreiros
Fonsagrada 1-3 Cospeito
Iberia 1-2 Candelaria
Guitiriz 3-0 Castro B

Próxima xornada

Guitiriz - Comercial
Cabreiros - Folgueiro
Goiriz - Roupar
Meira - Muimenta
Barreiros - Alfoz
Cospeito - Xermade
Candelaria - Fonsagrada
Castro B - Iberia