O Meira segue a ser o claro dominador do grupo Norte de Segunda, onde a pugna estase a producir nos postos de promoción con media ducia de equipos buscando consolidarse entre os cinco primeiros clasificados.
Un dos fixos é o Folgueiro, que encadea catro vitorias consecutivas, despois de gañar in extremis nesta xornada a un rival directo, o Roupar. Nun partido igualado, os do Vicedo fixéronse cos tres puntos grazas a un gol de Aurelio no tempo de desconto.
Terceiro na táboa é agora o Iberia, que gañou no derbi local xogado nas Valgas ao Celta Barreiros. Os de San Cosme chegaron con posibilidades ao descanso (1-0) pero na segunda metade os de San Miguel sentenciaron o choque cunha goleada.
Alleo a esa loita, o líder, o Meira, segue ao seu. Esta fin de semana gañou pola mínima ao Fonsagrada. O equipo que adestra Ramón Labrada aínda non perdeu ningún partido esta tempada e amosa unha solidez tanto en ataque como en defensa. Onte logrou a vitoria grazas a un único tanto de Rubén Vidal a falta de 10 minutos para o remate do partido.
O Muimenta non pasou do empate diante da Comercial. Os de Cospeito foron todo o partido a remolque dos lucenses no marcador pero lograron finalmente salvar un punto grazas a un tanto de Jairo a falta dun cuarto de hora para o final do partido, que se disputou onte pola tarde no campo do Pichón.
Na parte baixa, onde o Goiriz semella sentenciado ao descenso cun só punto en 11 partidos disputados, o único que gañou foi o Alfoz, que levaba 4 partidos sen facelo, acumulando outras tantas derrotas. Pero o sábado rompeu esa xeira negativa vencendo a outro equipo da parte baixa, o Cabreiros. O encontro chegou con empate ao descanso (2-2) pero na segunda metade os da Mariña foron superiores e sentenciaron cun gol de David Méndez e dous de Álvaro Lorigados.
ROUPAR 2 - 3 FOLGUEIRO
UD Folgueiro: Jónathan, Álvaro, Ángel, Iago, Marcos, Iván, Pablo, Aurelio, Aarón, Ismael e Óscar. Tamén xogaron Javier, Zeus, Marcos e Lisvaldi.
Goles: Andrés e Santiago para os locais e Ángel, Álvaro e Aurelio para os visitantes.
MUIMENTA 2 - 2 COMERCIAL
SG Comercial: Joshua, Iván, Francesc, Brais, Javier, Carlos, José Antonio, Manuel, Javier, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Javier, Brandán, Alejandro, Marcos e Gairson.
Goles: Eduardo e Jairo para os locais e Brais e Javier para os visitantes.
ALFOZ 5 - 2 CABREIROS
SDC Cabreiros: Paulino, Alejandro, Francisco, Alberto, Marco, Mateo, Marcos, José M, Sergio, Alejandro Blanco e Brais. Tamén xogaron Paniagua, José L e José Gato.
Goles: Pablo, David (2) e Álvaro (2) para os locais e Sergio (2) para os visitantes.
XERMADE 3 - 2 GOIRIZ
CD Goiriz: Juan, José Manuel, Miguel, Iván, Francisco, Alejandro, Borja, Eladio, Cristian, Fidel e David. Tamén xogaron Xoel, Alejandro, Santiago e Marcos.
Goles: Pedro, Miguel (en propia) e Oliverio para os locais e Cristian e Fidel para o Goiriz.
FONSAGRADA 0 - 1 MEIRA
Meira CF: Xabier, Marcos, Julián, Javier, Salgado, Iago, Rubén, Gabriel, Iván, Alberte e Kevin. Tamén xogaron José Luis e Javier.
Goles: Rubén Vidal para o Meira.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.
Campo: Municipal Gómez Besteiro.
IBERIA 5 - 0 BARREIROS
Celta Barreiros: Iago, Youssef, David, André, Miguel, Ismael, Manuel, Alexis, Iván, Joao e Yogos. Tamén xogaron Anxo, Henry, Javier, Alejandro e Sergio.
Goles: Daniel, Adrián Torviso, Adrián Barrera, Jordane e Jorge para o Iberia.
CASTRO B 1 - 1 COSPEITO
CD Cospeito: Alberto, Álex, David, Xesús, Martín, Alejandro, Adrián, Daniel, Francisco, Xoán e Christian. Tamén xogaron Diego, Jesús, José e José Carlos.
Goles: Diego para os locais e Alejandro Rábade para os visitantes.
GUITIRIZ 1 - 0 CANDELARIA
SD Candelaria: Xesús, Lavilson, Raúl, Hugo, Miguel, Eric, Iván, Roberto, José Carlos, Alexandre e Daniel. Tamén xogaron Adrián e Silverio.
Goles: Javier Ferreiro para o Guitiriz.
Árbitro: Javier Pérez Prado.
SEGUNDA GALICIA NORTE |
---|
Roupar | 2-3 | Folgueiro |
Muimenta | 2-2 | Comercial |
Alfoz | 5-2 | Cabreiros |
Xermade | 3-2 | Goiriz |
Fonsagrada | 0-1 | Meira |
Iberia | 5-0 | Barreiros |
Castro B | 1-1 | Cospeito |
Guitiriz | 1-0 | Candelaria |
Próxima xornada
Folgueiro | - | Guitiriz |
Comercial | - | Roupar |
Cabreiros | - | Muimenta |
Goiriz | - | Alfoz |
Meira | - | Xermade |
Barreiros | - | Fonsagrada |
Cospeito | - | Iberia |
Candelaria | - | Castro B |