O Cospeito víngase do Guitiriz na Copa

O Mila gañoulle pola mínima ao Corgo e medirase ao Ferreira. Quedan dous equipos de Terceira: o Vilalbés B e o Rioaveso

Copa Deputación

A Copa Deputación encara a fase de cuartos logo de que esta fin de semana se completaran os oitavos de final. Os equipos clasificados para a seguinte rolda son o Cospeito, o Rioaveso, o Vilalbés B, o Xermade, o Milagrosa, o Ferreira, o Paradela e o Oural, que se medirán entre si o vindeiro domingo.

O Cospeito vingouse do Guitiriz, despois de que o equipo que adestra Marcos Pereiro deixase ao de Luis Romay ás portas do ascenso a Primeira Autonómica na final do play off do grupo norte. Onte cambiaron as tornas e o Cospeito gañou no Suso Cruz cun contundente 1-4, tras adiantarse no marcador antes do descanso. 

Máis concentrado estivo o equipo ascendido no grupo sur, o Milagrosa, que lle gañou pola mínima ao Corgo e medirase na seguinte rolda ao Ferreira. Os de Pantón impuxérnse ao Rubián grazas a dous tantos de Enríquez antes do descanso. O Rubián tratou de remontar á volta dos vestiarios pero o Ferreira enseguida volveu dominar. 

O Rioaveso está a facer un bo torneo copeiro e onte gañoulle ao Alfoz a penaltis, despois de que o tempo regulamentario rematase con 2-2 no marcador. O Rioaveso xogou con 11 xustos, sen suplentes no banco, e aínda así foi quen de pasar á seguinte rolda. Xunto ao Vilalbés B, son os dous equipos de Terceira que seguen na competición. 

O Paradela gañoulle ao Incio grazas aos goles de Adrián Regueiro, que marcou dous, e de José Alberto, mentres que o Xermade eliminou ao Muimenta nun partido que sentenciou ao comezo da segunda metade.

Os outros dous partidos, os do Vilalbés B contra o Castro B e o do Páramo contra o Oural, disputáronse de xeito adiantado a pasada fin de semana, coa clasificación do Vilalbés B e do Oural para a seguinte rolda. .

GUITIRIZ 1 - 4 COSPEITO

Guitiriz SD: Jesús, Óscar, Mauro, Javier, Antón, Jesús, Diego, Erik, Martín, José M e Adrián. Tamén xogaron Miguel, Miguel Ángel, Iván, Yani e Paulo. 
CD Cospeito: Alberto, Álex, David, Xesús, Jesús, Alejandro, Adrián, Brais, Daniel, Rui e Xoán. Tamén xogaron Gabriel, Yoseph e José Carlos. 
Goles: Alejandro, Jesús, Gabriel e Xoán para o Cospeito e Mauro para o Guitiriz. 

RIOAVESO 2 - 2 ALFOZ

Rioaveso Machinango SD: Guillermo, Mario, Esteban, Mohamed, Alejandro, José Manuel, Carlos, José, Javier, Adrián e Eddy Alexander.
CD Alfoz: Jacobo, Ángel, Luis M, Ayoub, Julián, Augusto, Juan, Javier, Miguel, Álvaro e Pablo. Tamén xogaron Borja e Aderito.  
Goles: Mario e José para o Rioaveso e Pablo e Borja para o Alfoz. Na tanda de penaltis o Rioaveso marcou 4 e o Alfoz 3. 

XERMADE 2 - 0 MUIMENTA

ACD Xermade: Juan, Hugo, Oliverio, Francisco, Alfonso, Joan, Brais, Pedro, Diego, Nahum e Esteban. Tamén xogaron Eyob, Mario e Dan.
CSD Muimenta: Javier, Alejandro, Daniel, Manuel, Cristian, Julio, Eduardo, Javier, Pablo, Samuel e Jairo. Tamén xogaron Jorge, Diego e Sunday. 
Goles: Nahum e Joan para o Xermade. 
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito. 

 CORGO 1 - 2 MILAGROSA

CD Corgo: José Gabriel, David, Andrés, Willian, Iago, Daniel, Sebastián, Andrés Ignacio, Kevin, Raúl e César. Tamén xogaron Brais e Jónathan.
SCD Milagrosa: Borja, Francisco, Andrés, Diego, Faustino, Manuel, Pablo, David, Marco, Alejandro e Mohssine. Tamén xogaron Michael, Anxo, Mario, David e Juan José. 
Goles: Andrés para os locais e Anxo e Marco para os visitantes. 

RUBIÁN 0 - 2 FERREIRA

SD Rubián: David, Francisco José, Miguel Ángel, Daniel Rodríguez, Javier, José Manuel, Antonio Manuel, Daniel García, Iván, Manuel López e Daniel López. Tamén xogaron Luis, Alejandro e Diego.
Ferreira CF: Víctor, César, Marcos, Diego Blanco, Marcos Blanco, Luis, Carlos, Julio, Enri, Samba e Rafa. Tamén xogaron Édgar, Juan, David, Iván e Adrián García. 
Goles: Enríquez (2)  para o Ferreira. .

O INCIO 2 - 3 PARADELA

O Incio Terra Brava CF: Emilio, Marcos Vila, Raúl, Manuel, Eduardo, Iván, Marcos Pombo, Ignacio, Darwin, Daniel e Javier. Tamén xogaron Roi, Abel, David e Óscar.
SD Paradela: Eros, Miguel A, Carlos, Hugo, Adrián Alonso, Efrén, Diego, David, Adrián, Raúl e José Alberto. Tamén xogaron Juan Manuel, Alejandro e Francisco. 
Goles: Adrián Regueiro (2) e José Alberto para o Paradela e Javier e Óscar par ao Incio. 

 

COPA DEPUTACIÓN SEGUNDA E TERCEIRA

Oitavos

Guitiriz 1-4 Cospeito
Rioaveso 2-2 Alfoz
Vilalbés B 3-1 Castro B
Xermade 2-0 Muimenta
Corgo 1-2 Milagrosa
Rubián 0-2 Ferreira
O Incio 2-3 Paradela
Páramo 0-3 Oural