O Guitiriz e o Milagrosa ascenden

O conxunto que adestra Marcos Pereiro estivo máis atinado nos penaltis.  O 1-0 da ida deu o ascenso aos de Manuel Couso logo do 2-2 na Reigosa

O Guitiriz e o Milagrosa xa son equipos de Primeira Autonómica, logo de impoñerse nas finais do play off de ascenso. Os partidos de volta, xogados onte, depararon máxima igualdade e emoción até o final.

Norte

No Suso Cruz foi necesaria prórroga e penaltis para decidir o enfrontamento entre o Guitiriz e o Cospeito. Despois do 0-0 da ida, durante a primeira metade os locais pecaron de moito nerviosismo e non foron capaces de practicar o xogo ao que están acostumados. O Cospeito aproveitou para adiantarse no marcador aos 10 minutos, nun córner no que fallou a cobertura do equipo que adestra Marcos Pereiro, que comezou a despertar a medida que se achegaba o descanso. Na segunda metade os dous equipos tiveron ocasións, aínda que de pouca claridade, até que faltando 10 minutos para o remate Erik empatou o partido. A prórroga deu paso aos penaltis, nos que Jesús detivo un lanzamento do Cospeito, que estrelou outro no longueiro.

GUITIRIZ 1 - 1 COSPEITO

Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús Lorenzo, Miguel Ángel, Erik, Antonio e Adrián. Tamén xogaron Diego, José M, Miguel e Óscar. .
CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Xesús, José, Adrián, Daniel, Rui Jorge, Xoán e Francisco. Tamén xogaron Alejandro, Manuel, Samuel e Christian. 
Árbitro: Jorge Estraviz, Cerdeira.
Campo: Suso Cruz. 

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Semifinais ida

Cospeito 1-0 Folgueiro
Guitiriz 0-0 Iberia

Semifinais volta

Folgueiro 1-2 Cospeito
Iberia 1-1 Guitiriz

Final ida

Cospeito 0-0 Guitiriz

Final volta

Guitiriz 1-1 Cospeito

 

Sur 

Na Reigosa, o Friol saíu a darlle a volta ao 1-0 da ida que daba vantaxe ao Milagrosa, logrando adiantarse no marcador, que sen embargo chegaba con 1-1 ao descanso. Na segunda metade foi o conxunto de Manuel Couso o que colleu vantaxe, pero o Friol empatou xa no desconto, aumentando a presión nos últimos 5 minutos de tempo engadido, que se saldaron con 2 córneres sen maiores consecuencias e o ascenso dos lugueses.

FRIOL 2 - 2 MILAGROSA

Friol CF: Brais, Rafael, Marcos, Álvaro, José M, Miguel, Diego, Bruno, Alberto Buján, Santiago e Isaac. Tamén xogaron Aitor, Adrián, Jesús, Roberto e Alberto Portela.
SCD Milagrosa: Borja, Christian, Miguel, Anxo, Diego, Marco, Faustino, Mario, Joel, Bruno e David. Tamén xogaron Alejandro, Michael, Rafael e Andrés. 
Árbitro: Vicente Castro, expulsou aos dous delegados de campo. 

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Semifinal ida

Paradela 0-4 Friol
Milagrosa 3-3 Becerreá

Semifinal volta

Friol 3-1 Paradela
Becerreá 5-5 Milagrosa

Final ida

Friol 1-0 Milagrosa

Final volta

Milagrosa 2-2 Friol